O coltán: o mineral da guerra

coltán é un mineral moi escaso que só se atopa nunhas cantas zonas do noso planeta, como Tailandia ( 5%), Brasil 5(%), Australia (10%) e Africa Central (80%, a maior parte na República do Congo).

Este mineral está formado pola combinación de dous elementos, ambos raros, chamados Columbio e Tantalio, e é compoñente fundamental de gran cantidade de aparellos e instrumentos das chamadas novas tecnoloxías, como os móbiles, as pantallas de plasma, os Gps, as videoconsolas… Pero o coltán non é un mineral en si mesmo. É o termo non científico utilizado para denominar á contracción dos dous minerais citadaos anteriormente. Ambos teñen utilidades industriais, pero é o tantalio o que máis aproveitamento ten pola súa utilización para a fabricación de condensadores. Trátase dun compoñente esencial na industria tecnolóxica. É imposible facer unha vida normal sen utilizalos. Pero, que é un condensador e por que son a maioría de tantalio?

Un condensador é unha unidade pasiva encargada de gardar enerxía para logo devolvela ou cedela noutras partes dun circuíto electrónico. De todos eles, é o tántalo o que mellores condicións ofrece de forma natural para a electrónica de consumo. Trátase dun mineral que apenas esixe reprocesamento para funcionar como capacitador e que responde moi ben a altas temperaturas, á corrosión e ao tamaño necesario para desenvolver as súas propiedades.

                                                                     

Como se extrae o coltán?

É extraido a través de procesos primitivos similares a como se extraía o ouro en California alí por  1800. Ducias de homes traballan escavando grandes buracos en fileiras para sacar o coltán do subsolo. Os traballadores botan auga e o lodo formado vérteno a grandes tubos de lavado, logrando que o metal se deposite no fondo debido ao seu alto peso. Un bo traballador pode producir un quilo de coltán nun dia. Para extraer o coltán os rebeldes invadiron os parques nacionais do Congo, abríndose camiño entre os frondosos bosques desa zona. Ademais a pobreza e a fame negra causadas pola guerra ocasionou que algúns rebeldes e mineiros cazen elefantes e gorilas pondo a estes en perigo. No parque nacional Kahuzi Biega, por exemplo, o censo de gorilas pasou á metade, de 258 a 130.

Mentres todo isto sucede no corazón de África, no mundo desenvolvido parece que non se ten en conta algo tan fundamental como isto: moitos dos enxeños de novas tecnoloxías baséanse en recursos moi escasos como o coltán e outros minerais e elementos raros.

                                        

Na miña opinión debemos empregar todos os nosos coñecementos na técnica para que a humanidade avance, pero debémolo facer co respecto á natureza, sen que eses avances signifiquen doutra banda destrución, desolación e morte na extracción de materia prima. É importante o respecto ao medio ambiente, ás poboacións locais e que a recollida do coltán, non se realice con enfrontamentos bélicos ou matanzas doutras especies como os gorilas.

Aínda estamos a tempo de parar este eco-xenocidio que  comezou a destruír as vidas de millóns de persoas.

FONTES:

 EL PAÍS: PERIÓDICO DE TIRADA NACIONAL

http://elpais.com/diario/2007/09/26/futuro/1190757604_850215.html

CIENCIA EXPLORA :PÁXINA WEB DEDICADA A CIENCIA DE ACTUALIDADE:

http://www.cienciaxplora.com/naturaleza/guerra-coltan-tiene-dias-contados_2015011900095.html

HEMISFERIO ZERO: MEDIO DIXITAL ESPECIALIZADO EN INFORMACIÓN INTERNACIONAL  SOBRES OS CHAMADOS PAÍSES DO SUR:

http://hemisferiozero.com/2012/04/02/sangre-en-nuestros-moviles-el-conflicto-del-coltan-en-el-congo/

1º IMAXE: www.tme.eu

2ª IMAXE:  dnb.20m.es/enguerra/files/COLTAN-Congo-2-(Copyright-Hernán-Zin).jpg

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Christopher Vazquez

 

Tags: , ,