Seguridade e privacidade en Internet
Fonte: http://www.idg.es/BBDD_IMAGEN/seguridad-cloud.jpg
A World Wide Web ou internet é a gran mediateca universal á que é posible acceder desde calquera lugar, e na que é posible atopar calquera tipo de información xerada en calquera parte do mundo.
Ao ser internet unha rede aberta, está exposta a todo tipo de ataques contra a privacidade. Existen numerosos modos nos que os nosos datos e a nosa intimidade poden verse ameazada:
-As entradas ás web. Ao entrar nunha web, inmediatamente envíannos, recibimos e intálanse no noso ordenador os denominados <<cookies>> (programas que infrman á web sobre os nosos centros de interese, as nosas preferencias comerciais..(. Estes programas son unha fonte de información para os sitios onde entramos, xa que manifestamos as nosas preferencias, decisións…
-Os fomularios que se enchen para acceder a servizos de internet tamén expoñen os nosos datos a un uso para o cal non se autorizou.
-O <<spam>> é un problema de grande entidade e cada día crece máis, xa que pode representar arredor do 70% do tráfico mundial do correo electrónico.
¿Que facer para que a seguridade aumente cando navegamos por internet?
- Pechar as sesións e aplicacións unha vez que rematemos de empregalas.
- Ser coidadosos á hora de instalar aplicacións dunha fonte ou proveedor pouco fiable.
- Ter precaución á hora de empregar rede WiFi abertas en lugares públicos.
- Ler atentamente as condicións de uso.
- Cambiar os contrasinais frecuentemente.
- Emprego de servidores proxy (eficaces pero perigosos se non son fliables), que actúa como intermediario das comunicacións do usuario cas diferentes páxinas web.
Dende o meu punto de vista, internet foi un avance máis importante. Levou ao ser humano a novas investigacións e coñecementos. Tamén axuda no día a día das persoas, porque o empregamos para case todo: buscar información, facer traballos, comunicarse a través das redes sociais… A súa vez ten os seus iconvenientes, xa que pode crear adicción aos mundos virtuais e presenta diferentes riscos.
Fontes:
-Ciencias para el mundo contemporáneo, 2008, Ed. Anaya.
-A aula na casa: Biblioteca de consulta, España, 2006, E. Centro Editor PDA, S.L.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Natalia Faro
Tags: internet, privacidade, seguridade