Grafeno, o material do futuro

 O grafeno é un material que se xenera cando pequenísimas partículas de carbono agrúpanse de forma moi densa en láminas de dimensións moi finas. O grafeno é un material que combina unha gran cantidade de propiedades que non se dan xuntas en calquera outro composto, estas propiedades son entre outras, unha gran dureza, resistencia, flexibilidade e lixereza; isto  permite moldealo segundo as necesidades de cada caso. Outras propiedades características son que conduce moi ben tanto o calor como a electricidade; e permanece en condicións moi estables cando se somete a grandes presións.

imagen

imagen

 

Na actualidade o grafeno comercialízase de dúas formas:

• Grafeno en lámina: é de alta calidade e  emplease en campos como a electrónica, a informática ou inclusive a aeronáutica, onde requierese un material moi resistente. A súa producción é actualmente moi costosa.

• Grafeno en pó: úsase en aqueles ámbitos que non requiren dun material de alta calidade. O seu proceso de obtención é máis barato e permite unha maior producción do produto, pero renunciando a parte da suas propiedades.

O grafeno ten aplicacións en diversos campos pero destacan as seguintes:

Electrónica: Podería emplearse na fabricación de microchips ou transistores, ambos elementos imprescindibles en prácticamente todos os dispositivos electrónicos. Ademáis, polas súas características os compoñentes electrónicos deste material permitirán o desenvolvemento de dispositivos flexibles que poderán enrolarse ou plegarse segundo as necesidades.

Informática: O uso do grafeno permitirá o desenvolvemento de computadores moito máis rápidos e con un menor consumo eléctrico que os actuais de silicio

Sector enerxético: Polas súas propiedades enerxéticas, o grafeno permitirá a creación de baterías de longa duración que apenas tardarán uns segundos en cargarse.

Industria do blindaxe: A extrema dureza do grafeno, unida a súa capacidade de moldearse e a súa lixereza, o fai un composto ideal para ser empleado nesta industria.

Industria automovilística: A súa aplicación no chasis dos vehículos faríaos moito máis resistentes, polo que o número de mortes en accidente de circulación anuais  podríase reducir drásticamente.

Desenrolo da ciencia: A alta reactividade do grafeno con outros elementos químicos distintos do carbono é unha das características que máis atrae a atención no campo da investigación.

Todo isto fai que o grafeno, na miña opinión, sexa un material no cal se debería de invertir dado que ten grandes aplicacións en diferentes sectores, o que produciría un importante cambio na sociedade na que vivimos.

Webgrafía

http://www.tecnonauta.com/notas/1309-los-usos-y-aplicaciones-mas-sorprendentes-del-grafe páxina web de divulgación científica

http://www.infografeno.com/ páxina dunha empresa española relacionado co sector tecnolóxico.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lois Gómez

 

Tags: