Impresora 3D

Que é?

Baséase principalmente na representación de obxectos con volume que foron previamente deseñados a través do ordenador, isto proporciona unha facilidade sen precedentes para modelar ao noso gusto dende unha tablet ou un PC.

Como funcionan?

Unha dás grandes diferenzas coa impresora tradicional é que a substitución dos pigmentos de tinta, por polímeros de diferentes materiais nos vai achegar propiedades diferentes, como a dureza, a flexibilidade ou a impermeabilización.

O seu funcionamento está baseado nun cabezal que se encarga de repartir o composto do que esta construído o dispositivo, en diferentes capas e a unha temperatura que permita ter un estado de viscosidade óptimo para que a modelaxe estea facilitada.

Debemos de realizar o deseño previamente en programas como Google SketchUp ou descargar algúns dos equipos que se encontran dispoñibles na rede.Tras a edición e o deseño procedemos á impresión propiamente dita. Tamén podemos deseñalas dende a nosa tablet ou móbil con varias aplicacións móbiles que xa se encontran dispoñibles no mercado.

Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. Ás primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e permite imprimir en diferentes cores. Mentres que ás segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois se somerxe nun líquido para que ás zonas máis duras se solidifiquen.

MakerBot Replicator 2014

Para que se utiliza?

. Carcasas para teléfonos móbiles.

. Xoguetes e figuras.
. Vestimenta feita á medida.
. Comida con deseños novidosos.
. Partes do corpo humano.

Logrouse imprimir partes do corpo humano do tamaño preciso que necesita o paciente, feitas dun material compatible co tecido orgánico en caso de necesitarse a substitución de certos órganos danados. Por outro lado, é máis común ver a fabricación de prótese para discapacitados, doados de implantar, como pernas plásticas, orellas postizas,ect.

Aínda a tecnoloxía en tres dimensións é algo moi precario e non funciona dun xeito moi veloz. Por ese motivo a inclusión nos fogares está un pouco lonxe.

Na miña opinión, ás impresoras 3D son un grande avance non futuro da tecnoloxía. Xa que creo que servirán para solucionar problemas rapidamente en diversos ámbitos, como por exemplo no deseño dunha protese, lentes de contacto, ósos… A parte negativa serán os seus elevados prezos e un mal uso do devandito avance.

Fontes de información:

http://www.inorganismo.com/2013/12/impresoras-3D-que-es-funcionamiento-precio.html. Inorganismos. Ciencia doméstica.

http://hipertextual.com/archivo/2012/03/como-funciona-una-impresora-3d/ ¿Cómo funciona una impresora 3D?. Hipertextual é unha empresa de contidos dixitais fundada en 2005 por Eduardo Arcos e composta dun equipo multidisciplinario de comunicación. Encóntrase a intersección da tecnoloxía, a ciencia, os humanidades e o seu impacto na sociedade.

http://computerhoy.com/noticias/hardware/makerbot-replicator-mini-impresora-3d-bolsillo-8496 MakerBot. Replicator Mini, impresora 3D de bolsillo.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Alicia Bouza

 

Tags: ,