Os SIG

O termo SIG procede do acrónimo de Sistema de Información Xeográfica (en inglés GIS, Geographic Information System). Pódese definir un SIG como unha tecnoloxía de manexo de información xeográfica formada por equipos electrónicos (hardware) programados adecuadamente (software) que permiten manexar unha serie de datos espaciais (información xeográfica) e realizar análises complexas con estes seguindo os criterios impostos polo equipo científico (persoal).

O uso deste tipo de sistemas facilita a visualización dos datos obtidos nun mapa co fin de reflectir e relacionar fenómenos xeográficos de calquera tipo, desde mapas de estradas até sistemas de identificación de parcelas agrícolas ou de densidade de poboación. Ademais, permiten realizar as consultas e representar os resultados en contornas web e dispositivos móbiles dun modo áxil e intuitivo, co fin de resolver problemas complexos de planificación e xestión.

A maioría dos elementos que existen na natureza poden ser representados mediante formas xeométricas (puntos, liñas ou polígonos, isto é, vectores) ou mediante celdillas con información (raster). O modelo de datos vectorial é a mellor opción, pero a súa estrutura de datos, aínda que moi precisa, é moito máis complexa e isto pode retardar o proceso.

imagen

Na actualidade é unha ferramenta moi utilizada en moitos ámbitos, debido a que permite elaborar cartografía (técnica que permite a realización de mapas) temática sobre calquera aspecto ambiental e socioeconómico da superficie terrestre. Aínda que non nos demos conta, moitos dos aspectos da nosa vida cotiá están relacionados dalgunha maneira cos SIG. Por exemplo, as guías de rúas, que consultamos frecuentemente para situar algunha dirección ou punto particular da cidade. Tamén moitas das mercaderías que consumimos habitualmente son transportadas a través de vehículos monitoreados por sistemas satelitales; os SIG permiten facer un seguimento de todas as unidades de transporte (ruta pola que van, calcular a distancia ao momento de destino, lugar en que se atopa detida a unidade, etc.) mostrando a súa localización, ademais do camiño e a distancia percorrida.

imagen

Na miña opinión, os SIG son unha ferramenta moi versálites e útiles en diversos campos; sobretodo, paréceme interesante o seu uso dedicado a datos ambientais (estudo do medioambiente e dos recursos naturais) como o estudo de especies, extinción de incendios ou a determinación da concentración de contaminantes.

Fontes:

  •  http://www2.mapaeducativo.edu.ar , páxina web do Ministerio de Educación de Arxentina.
  •  http://www.topografiaglobal.com.ar , páxina web informativa para estudantes, profesionais e empresas relacionados á geodesia, topografía, cartografía, fotogrametría.
  • http://sig.cea.es , páxina web da Confederación de Empresarios de Andalucía (CEA) e da Junta de Andalucía (consellería de economía, innovación e ciencia).

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

 

Tags: , ,