O parche cardíaco.

Introducción:

Como xa sabemos os tecidos do corazón non se poden multiplicar nin rexenerar, e debido a que este tecido ten un número reducido de células nai, non se pode reparar a si mesmo.

Como resultado do xa mencionado anteriormente, o corazón volvese fibrótico e non se pode contraer adecuadamente, o cal crea un desfío para os cardiólogos que tratan de salvar vidas, e pesadelos para os pacientes e as súas familias desesperadas.

Un “parche” cardíaco transplantable para remplazar os tecidos danados do corazón converteuse nun foco de estudo e un grupo importante de científicos de Universidade de Tel Aviv parece que conseguiron facer un con fibras de ouro.

Investigación:

Un equipo dirixido polo doutor Tal Dvir e o seu estudante de doutorado Michal Shevach no Departamento de Microbioloxía Molecular e Biotecnoloxía da Universidade e o Centro de Nanociencia e Nanotecnoloxía emprega nanofibras integramente fabricadas con partículas de ouro e células cardíacas para formar tecidos funcionais.

O seu obxectivo era optimizar a sinalización eléctrica entre células. O ouro empregase para aumentar a conectividade dos biomateriais, explicou Dvir. Engadir partículas de ouro a tecidos cardíacos, fainos máis fortes, facéndoos máis viables para transplantes.

Novos tecidos:

Os novos tecidos son creados pola colocación das células tomadas de pacientes ou animais e un andamio tridimensional feito de biomateriais que organizan as células na formación apropiada a medida que crecen. Dvir e o seu equipo empregan diversos procesos químicos e físicos para integrar as nanopartículas de ouro e os seus andamios. As células interactuaron unha con outra a través destas nanopartículas de ouro.

As células do corazón conteñen proteínas que son responsables da transferencia de sinais eléctricas. Sen embargo, o propio proceso de enxeñería de tecidos conduce a perda destas proteínas. E mentres que as células comenzase a producirse de novo naturalmente, toman tempo para desenvolverse, tempo que un paciente non ten.

As nanofibras de ouro poden encher o papel de conectores eléctricos ata que as células son capaces de producir os seus propios conectores unha vez máis.

imagen

Futuro do tratamento:

Dado que o 50% das víctimas de ataques cardíacos morren dentro dos cinco anos seguintes do seu primeiro ataque, necesitan con urxencia novas opcións de tratamento. Tecidos transplantables non só poderían salvar vidas, senón que tamén podería mellorar a calidade de vida do paciente en xeral.

 

Habendo demostrado a capacidade de sinalización eléctrica do ouro infundido nos parches cardíacos, Dvir evaluará o seu potencial para mellorar a función despois dun ataque o corazón a través de probas pre-clínicas nun laboratorio e, co tempo, ensaios clínicos con pacientes.

 

El di que o método ideal sería empregar células do propio paciente en construción do novo tecido, evitando así o risco do rechazo.

 

Opinión persoal:

 

Paréceme incrible a velocidade a que avanza a ciencia e o seu traballo para mellorar a nosa vida, penso que en cousas como esta son nas que deberían invertirse máis cartos en buscar a maneira de salvar vidas e incluso melloralas e non noutras innecesarias como fai en moitos casos o noso goberno.

 

A creación deste parche cardíaco se se segue levando a cabo a investigación non so será unha maneira máis e importante para salvar vidas senón que tamén será un gran avance a nivel científico.

 

Fontes: 

http://magementyestrategia.blogspot.com.ar/2013/08/nanotecnologia-corazon-de-oro-y.html (Blog escrito por Ricardo Zalazar antigo traballador da universidade de Bos Aires e graduado en ciencias)

Wikipedia.com (Enciclopedia web de libre escritura)

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Telmo Barbosa

 

Tags: , ,