Tranxénicos

Os alimentos transxénicos, tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia.

Os alimentos tranxénicos non sempre conteñen as proteínas codificadas polos xenes transferidos, porque moitas delas exprésanse en partes das plantas distintas dos órganos dos que se extrae .

  No 1909 tivo lugar a primeira fusión de protoplastos, e no 1927 obtivéronse mutantes de maior produtividade mediante irradiación con raios x nas sementes. Finalmente, no 1983 produciuse a primeira planta transxénica e no 1994 aprobouse a comercialización do primeiro alimento modificado xenéticamente. No ano 2007 os cultivos de transxénicos estendíanse en 114,3 millóns de hectáreas de 23 países, dos cales 12 eran países en vías de desenvolvemento. No2006 nos Estados Unidos o 89% das plantacións de soia eran de variedades transxénicas, así como o 83% do algodón e o 61% do millo, a maior parte producida por monsanto.

Malia todo isto,non todo son boas noticias xa que os tranxénicos tamen teñen consecuencias negativas:

 1) Aparición de novas alerxias.

2) Aparición de resistencias a antibióticos en bacterias patóxenas para o home.

3) Aparición de novos tóxicos nos alimentos.

4) Incremento da contaminación nos alimentos por un maior uso de produtos na agricultura.

Na miña opinión penso que os tranxénicos se deberían de utilizar pero dunha forma máis moderada e respectuosa co medioambiente,xa que se os utilizamos correctamente vai a beneficiar a maioria da poboación pero pola contra si se utiliza indebidamente pode traernos consecuencias moi nefastas.

 

 Fontes de información:

  https://gl.wikipedia.org/wiki/Alimentos_transx%C3%A9nicos

 https://semillasysalud.wordpress.com/%C2%BFque-son-los-transgenicos-y-como-se-hacen-2/

  http://www.monsanto.com/global/es/pages/default.aspx

 Entrada elaborada no curso 2015-16 por Sergio Domínguez

 

Tags: , , , ,