Benvidos ao blogue de Climántica….

imagen

Neste curso 2016-17, este blogue vainos axudar a acadar algúns dos obxectivos das materias de

Cultura científica, como por exemplo:

1. Formularse preguntas sobre cuestións e problemas científicos de actualidade e tratar de buscar as propias respostas, utilizando e seleccionando de forma crítica información proveniente de diversas fontes.

2. Obter, analizar e organizar informacións de contido científico, utilizar representacións e modelos, facer conxecturas, formular hipóteses e realizar reflexións fundadas que permitan tomar decisións fundamentadas e comunicárllelas aos demais con coherencia, precisión e claridade.

3. Adquirir un coñecemento coherente e crítico das tecnoloxías da información, da comunicación e do ocio presentes no noso ámbito, propiciando un uso sensato e racional destas para a construción do coñecemento científico, a elaboración do criterio persoal e a mellora do benestar individual e colectivo.

 só hai que poñerlle ganas e… a traballar!

imagen

Para empezar, proba a facer un comentario, di que te parece o uso do blogue de climántica na materia de Cultura Científica?.