Buscando información

Empezamos a coñecer o noso blogue e o máis importante como organizarnos para traballar con eficiencia.

 

 

imagen

 

 Pouco a pouco, manexaremos a técnica: como elaborar unha entrada, facer un enlace, subir unha imaxe…; pero non debemos esquecer que ese é so o noso medio de comunicación o importante e a información que queremos transmitir e para iso debemos plantexarnos previamente unha serie de preguntas:

  • Cando e por que necesitas información.
  • Onde encontrala.
  • Como avaliala, utilizala e comunicala de xeito ético.

Requisito para participar eficazmente na Sociedade da Información.

A resposta a esas preguntas coñécese com:

ALFIN = ALFabetización INFormacional

 

Hai moitas guías de traballo elaborados ao respecto, nos imos botar man de un par delas:

A guía ALFIN5 elaborada pola biblioteca do IES Sofía Casanova; explica os cinco pasos básicos para organizar e levar a cabo o noso traballo.

 

 

 

 

 

 

 

Outro recurso que nos pode ser moi utíl é esta guía para buscar información na rede de Olga Rodríguez da Biblioteca do CEIP de Milladoiro. De xeito moi claro e breve aprenderemos a facer buscas máis eficientes.

Buscar información

 

Todos os bos consellos  son benvidos, agora a poñelos en práctica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para as imaxes, hai esta presentación moi sinxela de Mónica Muñóz para empregar imaxes de internet dun xeito ético.

 

 

imagen

 

Save

 

Tags: ,