Contaminación

Que é a contaminación e por que se produce?

 contaminacion                   basura

A contaminación é calquera elemento, tanto químico físico ou biolóxico que resulta perigoso para o benestar da vida animal e vexetal. Este axente externo afecta no medio e pode provocar efectos negativos na vida do ser humano e por suposto na supervivencia da fauna e da flora. Donde maior cantidade de contaminación se producen é nos países en desenvolvemento onde se concentran  altas cantidades de partículas nocivas para a saúde, debido evidentemente á gran industrialización.

contaminación , dependendo de onde proveña ou que a produza pódese clasificar en:

  • Contaminación Atmosférica: Produto das emisións de gases tóxicos á atmosfera terrestre, como o dióxido de carbono
  • Contaminación del Auga: Presenza de contaminantes na auga,  como os vertidos de industrias e as augas servidas.
  • Contaminación del Solo: Presenza de lixo no chan, a causa de actividades agrícolas e gandeiras.
  • Contaminación Sonora: Presenza de altos decibelios nalgún lugar determinado, por exemplo nos aeroportos.
  • Contaminación Química: Un composto químico introdúcese no medio e contamina o ecosistema ou provoca a morte dos seres vivos directamente.
  • Contaminación Radiativa: Dispersión de materiais radiativos accidentalmente.
  • Contaminación Electromagnética: Radiacións do espectro electromagnético que son perxudiciais para os seres vivos.
  • Contaminación Microbiolóxica: Producida  por microorganismos, como na manipulación inadecuada de alimentos.

Como podemos ver a contaminación abarca case por completo, por non dicir todos, os ámbitos da vida, de maneira que para non acabar destruíndo o noso planeta pouco a pouco, convén concienciarnos e tentar aportar algo para tratar de reducila. Pode parecer algo imposible e quizais non saibas por onde comezar, así que para axudarche, aquí che traio algúns exemplos que podes facer para tratar de contribuír á causa:

  1. Evita queimar lixo, así como usar fogos artificiais
  2. Evita comprar artigos desbotables e plásticos que non son biodegradables.
  3. Recicla o lixo que poidas.
  4. Non guindar lixo na carreteira, bosques ou parques, envólvea ou tápaa ben e logo tíraa casa.
  5. Usa con conciencia os praguicidas.
  6. Coida os bosques .
  7. Emprega o transporte público.
  8. Reduce o consumo de electricidade, o cal contribuirá a diminuír las emanacións de contaminantes e partículas.
  9. Aplica o poder das 3 Erres: Reduce - Reusa - Recicla. Un menor consumo tradúcese en menor contaminación atmosférica de todo tipo.

 En resumo, e na miña opinión, todos deberiamos concienciarnos moito a cerca do noso planeta, que só temos un e non podemos permitir que empeoren as súas condicións aínda máis do que xa están, polo que insisto en que a solución é que todos aportemos o noso gran de area, ben seguindo algún dos consellos que che ofrezo ou na medida en que poidas.

Enlaces 

Ecoosfera, páxina de información científica, controlado por el Laboratorio de Conciencia Digitalhttp://ecoosfera.com/2016/03/15-maneras-sencillas-de-reducir-la-contaminacion-y-prevenir-la-contingencia-ambiental/

Inspiraction, páxina de información científica, organización sin ánimo de lucro española, https://www.inspiraction.org/cambio-climatico/contaminacion 

 

Tags: