CSIC

                   csic                                                                               centro csic

-Que é o Csic?

O Csic ou axencia estatal consello superior de investigacións científicas, é a organización pública de maior relevancia a nivel español, e a terceira en Europa.

-Que función desempeña?

A súa principal función como organización é a de promover e desenvolver investigacións para o progreso da ciencia e a tecnoloxía. Desempeña polo tanto un papel fundamental na política científica e tecnolóxica, xa que abarca á investigación en practicamente todos os ámbitos (non fai investigacións de guerra). Conta con máis de 15000 traballadores distribuídos por toda España en centros e institutos, ademais dunha extensa rede de bibliotecas especializadas e importantes infraestruturas.

-Historia do Csic

Crease en 1939 como substituto da antiga JAE. A JAE ( Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas), foi creada en 1907, como proxecto para ligar a España coa cultura e a ciencia europeas, deixando atrás o noso aillamento do continente. Serve ademais para promover a creación de centros de investigación, laboratorios e bibliotecas en todo o Estado, e de facer unha máis que necesaria reforma de ciencia, cultura e educación daquela época. Cando se clausura a JAE en 1939, o CSIC herda, por dicilo dalgún xeito a función de promover a ciencia e a tecnoloxía, como xa citei anteriormente.

-Campos de investigación do CSIC

O CSIC abarca oito grandes áreas de investigación, nas que se inclúen practicamente todos os aspectos da vida. Esas áreas son:

  1. Humanidades e Ciencias Sociais
  2. Bioloxía e Biomedicina
  3. Recursos Naturais
  4. Ciencias Agrarias
  5. Ciencia e Tecnoloxías Físicas
  6. Ciencia e Tecnoloxía de Materiais
  7. Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos
  8. Ciencia e Tecnoloxías Químicas 

 -Ferramentas Csic

Para responder a tantas preguntas como é necesario no noso século XXI, CSIC conta con instalacións moi avanzadas e custosas, xa que se trata de obras únicas da enxeñería moderna, como por exemplo, a base antártica española Juan Carlos I (inaugurada en 1988 e que axuda ás actividades de investigación españolas na Antártida), o buque de investigación oceanográfica Hespérides e o buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa ( ambos os dous encárganse de investigar o cambio climático, a biodiversidade mariña e os recursos mariños), xa por último nomeo a Reserva-Estación Biolóxica de Doñana, o cal é para min un dos máis importantes, xa que ten a función de preservar a fauna e a natureza en perigo de extinción, ademais de ter a oportunidade de estudar as súas características.

Como opinión persoal despois de ver todos estes datos e de buscar información, cheguei a conclusión de que aínda que o csic promove a ciencia en moitos campos e reúne gran cantidade de información, realmente, non vexo a diario en que beneficia toda esta investigación, e dicir o impacto que estes estudos exercen sobre a poboación, sobre a sociedade é mínimo. É certo que estudan campos para o noso benestar e o de todos os seres vivos, máis eu sigo sen ver a repercusión que estes teñen sobre a vida de a diario.

 Enlaces

Páxina oficial do CSIC en España, de divulgación científica,http://www.csic.es/

Save

 

Tags: ,