Interruptor xenético borra memorias

imagen

Nós nunca puidemos controlar o uso de borrar memorias específicas. Ata agora, Investigadores da Universidade Católica de Leuven e do Instituto Leibniz de Neurobiologia demostraron que é posible eliminar algunhas memorias desconectando un xen particular.O cambio na regulación do xen, NPTN, nos seres humanos esta asociado coa diminución da capacidade intelectual e a esquizofrenia.

O estudo realizouse con ratos modificados xeneticamente co NPTN.

Primeiramente, os ratos foron adestrados para desprazarse dun lado a outro dunha caixa para conectar unha lámpada, co impulso dos pés. Este proceso chámouse aprendizaxe asociativa.

Segundo os investigadores, a desactivación do xen é suficiente para eliminar estas memorias asociativas.

Os ratos co NPTN mostraron déficits de aprendizaxe e memoria na aprendizaxe asociativa, e ratos co NPTN activado, puideron realizar o exercicio perfectamente.

Os resultados da investigación foron publicados na revista Biological Psychiatry.

Na miña opinión borrar memorias desagradables podería ser útil en persoas que pasaron por experiencias traumáticas.Pero o uso perverso desta nova investigación pode crear grandes problemas. Xa que non só co xene se pode borrar recordos desagradables, tamén se poden borrar todo tipo de recordo ou mesmo, todos os recordos.


Fontes:

Web de información “Ciencia al día” de DICYT: http://cienciaaldia.com/2016/03/un-circuito-cerebral-borra-memorias/

Web de información “Euroresidentes” de Mercedes Rodríguez: https://www.euroresidentes.com/tecnologia/avances-tecnologicos/borrar-los-recuerdos-desagradables

 

Tags: , ,