Falemos da tectónica de placas!

imagen

Primeiro teremos en conta como xurdiu esta teoría, quen presentou a idea…? Sabremos que foi Wegener, un xeólogo e meteorólogo alemán, quen en 1915 propuxo que os continentes movíanse…

Como todas as novas ideas en ciencias tivo moitos detractores… Non foi ata 1965 cando Tuzo Wilson propuxo como tal a teoría da tectónica de placas, esto foi posible polos estudios doutros xeólogos e científicos, xunto con novos descubrimentos e avances no campo das novas tecnoloxías,  especialmente en estudios de ondas sísmicas, dos fondos mariños e de restos fósiles….

Entre todos, acabaron por atopar as probas que demostran que esta teoría é a acertada, pero custoulles 50 anos dende que Wegener propuxera a hipótese.

Aquí tedes dúas boas páxinas con información sobre o tema e dúas actividades para facer e empezar a manexar o blogue:

a)Paxina de astronomía.com con información breve pero moi clara de distintos temas relacionados ca astronomía e tamén ca terra. Aquí podes buscar información da historia da tectónica de placas… foi realmente Wegener o primeiro…?, que científicos famosos estiveron en contra?, quenes a favor…?

b)Paxina da universidade noruega de Tromso con animacións. É de especial interese a animación das “placas tectónicas”, non a perdas; se queres ampliar entra nesta outra “a dinámica do manto e a tectónica de placas” .

Deixa aquí un comentario destes enlaces, parécenche útiles…?, aclaráronche algunha dúbida…?, coñeces algunha outra páxina interesante acerca deste tema…?

Unha pregunta de contidos: Cal é a forza principal que provoca o movemento das placas litosféricas?

Save

 

Tags: ,