Unha catástrofe nuclear

Nesta entrada falarei do accidente de Chernóbil.

Chernóbil é unha poboación situada a 120 km de Kiev, a capital de Ucrania, e a pouca distancia da fronteira con Bielorrusia. No día 26 de abril de 1986, sufriu unha das maiores catástrofes nucleares da historia da humanidade.

A central (unha das máis grandes do momento), traballaba en investigacións para o goberno soviético. Debido á falta de seguridade e automatización, durante un experimento, o núcleo do reactor sobrequeceuse e produciu unha explosión. Tan só 31 persoas morreron directamente, mais outras 150000 foron evacuadas, ademais das alertas en outros países nos que se detectou radiación.

imagen

 Aínda hoxe, despois de tantos anos, a zona permanece inhabitable e impregnada de radiación. Moita xente (incluso en varias xeracións), naceu con malformacións e problemas físicos severos. Este foi un dos casos máis perigosos de radioactividade, chegando a ser maior incluso que a liberada en Hiroshima.

Este foi un caso de neglixencia con consecuencias catastróficas, que esperemos no futuro non se repita e se tomen máis precaucións.

Na miña opinión, para evitar isto nun futuro, deberíase deseñar con moita cautela un lugar como este e ter máis coidado a hora de usar aparellos de este estilo, xa que non é ningún xogo. Por un mal deseño da central e a falta dun recinto de contención as consecuencias foron abrumadoras.

A información foi obtida de:

ChernobylWel:Web dedicada á documentación da catástrofe de Chernóbil

Save

 

Tags: , , ,