Superpoboación no mundo.

A continuación vou falar da sobre poboación do mundo, xa que unha taxa moi alta da poboación humana pode dar lugar a moitos outros problemas como a redución de recursos

A superpoboación é unha cantidade excesiva de individuos presentes nun certo espazo. Este problema afecta as persoas na súa calidade de vida, ao medio ambiente, as condicións do hábitat, e pode xerar conflitos. Este fenómeno é grave xa que nun territorio os recursos son limitados e só poden soportar una determinada “presión” ou “carga”.

Este problema aumentou de maneira crecente ao longo dos anos, fai 36 anos soamente tres cidades tiñan unha cantidade maior a 10 millóns de habitantes cando agora hai máis de 21 cidades. O número de persoas crece de maneira tan desmesurada que cada ano hai 80 millóns de habitantes.

imagen

Imaxe de “Nesta…”

A superpoboación pode afectar á alimentación das persoas debido a que hai países nos que se producen e importan alimentos para unha cantidade exacta de persoas, cando en realidade pode haber máis poboación. Polo tanto se xera fame e pobreza. Por outro lado este mesmo problema pode chegar a aumentar a contaminación, porque en países con mellor economía se produce máis alimento, e polo tanto a poboación xera una cantidade de residuos maior da que o lugar pode asimilar.

Hai países nos que para evitar esta superpoboación utilizan distintas políticas de control de natalidade, limitando a cantidade de nacementos. Un deles é Xapón xa que foi o primeiro en propoñer a primeira política de control de natalidade (é dicir, o aborto); isto ocorreu xa que Xapón chegou a ter 320 habitantes por quilómetro cadrado, a día de hoxe aínda os ten. E aínda que nos pareza curioso, os animais a diferencia dos seres humanos saben controlar a súa natalidade por conta propia, mentres que os seres humanos podemos chegar a extremos de pobreza e contaminación insostible, como por exemplo India. Nalgunhas zonas de India as condicións de vida son pésimas, e aínda que intentaron reducir a natalidade resultou inútil xa que a media de natalidade alí é de 4 fillos por muller.

Por outro lado a superpoboación provoca un maior funcionamento da nosa economía e para algunhas persoas isto significa un maior e mellor nivel de vida.  Tamén aumenta o traballo e a competitividade, e polo tanto hai una maior produtividade. A pesar das vantaxes que pode ter a superpoboación ten un alto nivel de desvantaxes.

Algunhas das solucións que ofrecen  son o control da natalidade, o cal reduce en gran parte a liberdade de reprodución do ser humano. E en casos extremos ofrecen a opción de usar a eutanasia para limitar o vellez, resulta inmoral, pero é una opción que se usaría se chegaramos a una cantidade demasiado elevada.

Persoalmente penso que a superpoboación non chegará a ser dos nosos maiores problemas, xa que en moitos países, a poboación nova non quere ter máis de dous fillos debido aos gastos que xera, ou tamén poden chegar a adoptalos. Ademais moitos científicos preocupados por esta situación buscan solucións que non nos afecten de maneira directa pero que fagan a diferencia, procurando utilizar fontes máis ecolóxicas para diminuír a contaminación, procurar máis recursos para mellor condicións de vida, etc . Por outro lado penso que o problema non é tanto o aumento de poboación senón que os países máis adiñeirados deterioren o planeta de forma desmesurada.

Fontes de información:

Nationalgeographic.es. Artigo anónimo na revista online de divulgación científica. Atopado en http://nationalgeographic.es/medio-ambiente/superpoblacin

Overpopulationawareness.org. Páxina da Fundación “El grupo de los 10 millones” creada en Holanda en 1994. Recuperado en  http://www.overpopulationawareness.org/es/

sites.google.com. Blogues de escuelas E.E.M. N° 245 y E.E.M. Nº 490. Producido en el laboratorio Pedagógico. Crecimiento Economía y Medio Ambiente. Artigo recuperado en https://sites.google.com/site/245crecimientoeconymedioamb/ventajas-y-desventajas-del-crecimiento

blogsostenible.wordpress.com. Blogue de divulgación ecoloxista sobre sostenibilidade, creado en Málaga en 2010. Recuperado en https://blogsostenible.wordpress.com/2011/05/18/es-un-problema-la-superpoblacion/

actualidad.rt.com. Blogue dun canal de noticias español sobre o ámbito político, económico e social, emitido en Rusia dende 2009. Recuperado en https://actualidad.rt.com/sociedad/view/144804-superpoblacion-pobreza-hambre-mito

blogsostenible.wordpress.com. Blogue de divulgación ecoloxista sobre sostenibilidade, creado en Málaga en 2010. Recuperado en https://blogsostenible.wordpress.com/2011/05/18/es-un-problema-la-superpoblacion/Save

 

Tags: