Investigación científica en España

A Axencia Estatal Consello Superior  de Investigacións Científicas (CSIC) é a maior institución dedicada á investigación que hai en España e terceira en Europa. O seu obxectivo é desenrolar e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.

O CSIC desempeña un papel fundamental na política científica e tecnolóxica, xa que abarca dende a investigación básica ata a transferencia do coñecemento ao sector produtivo.

Esta sociedade ten oito áreas científico-técnicas en torno xiran as súas investigacións, estas cubren a maior parte do coñecemento humano. Estas áreas son: Humanidades e ciencias sociais, bioloxía e biomedicina, recursos naturais, ciencias agrarias, ciencia e tecnoloxías físicas, ciencia e tecnoloxía de materiais, ciencia e tecnoloxía de alimentos, e ciencia e tecnoloxías químicas.

O CSIC está composto por unha rede de centros e institutos que se distribúen por todas as Comunidades Autónomas, con excepción dun situado en Roma. A estes centros tamén hai que engadir as unidades de investigación e as cento sesenta Unidades Asociadas constituidas por departamentos universitarios, hopitais, etc.

o csic

imaxe de https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Edificio_central_del_CSIC_(Madrid)_02.jpg

Eu creo que todos os países deberían ter un organismo de investigación coma o CSIC porque a súa labor está axudando moito non solo ao noso país senón ao resto do mundo. todos os seus traballos de investigación son de moitísima axuda para todos.

FONTES DE INFORMACIÓN

CSIC, páxina de divulgación científica, controlada polo Ministerio de Economía, Industria e Competividade,  http://www.csic.es/

Mineco.gob, páxina do goberno,  http://www.mineco.gob.es/portal/site/mineco/idi

Save

 

Tags: ,