Orixe da vida

Resumo xeral da historia da Terra

Fai 4000 millóns de anos, no momento da creación do noso planeta, produciuse o maior acontecemento da nosa historia (ou prehistoria, como prefirades). Por aqueles tempos o planeta era un amalgama de substancias varias, cando unha afortunada combinación destas crea a que será a primeira célula, o primeiro ser vivo da Terra, capaz de reproducirse facendo copias de si mesma. Tendo en conta as condicións daquela época, consideramos as características daqueles seres como: acuáticos, unicelulares, anaerobios (debido á ausencia de osíxeno) e heterótrofos xa que supoñemos que a súa alimentación proviría desa especie de “caldo” de substancias presente no ecosistema.

Despois destes comezos, non será ata fai 3500 millóns de anos cando se produza outro acontecemento de grande importancia, como pode ser a capacidade de realizar a fotosíntese. Grazas a isto a atmosfera foise osixenando pouco a pouco ata alcanzar unha proporción apta para a vida fai 2400 millóns de anos.

Os primeiros seres pluricelulares aparecen no mar fai 541 millóns de anos e poderiamos consideralos como os primeiros “peixes”. A continuación destes, os invertebrados pisan terra firme por primeira vez 60 millóns de anos despois, e partires dese punto comezan a desenvolverse os bosques primitivos xunto cos primeiros anfibios, ademais dos antepasados dos reptís; producíndose unha gran diversificación que chegou ao seu fin coa primeira gran extinción masiva fai 300 millóns de anos (co 95% de especies desaparecidas). A continuación dase a aparición dos coñecidos dinosaurios, e de pequenos mamíferos que posteriormente evolucionarán a nós. Para que estes pequenos antepasados nosos cheguen a dominar o planeta, tivo que producirse a segunda gran extinción masiva que rematou cos dinosaurios, sobre a cal hai diversas hipóteses. O resto como se soe dicir, é historia.

            dinosaurios                                               lagarto antigo

                                                                                                         Probas da evolución

Hai quen defende que estes sucesos non son certos, a pesar das probas existentes. Para iso tratarei de deixar claro os feitos que apoian á realidade:

-Como primeira proba, a existencia de seres con características comúns aos actuais, que deixa clara a evolución, pódese probar grazas aos fósiles, nos cales é posible ver, en varios casos, como co tempo estes van cambiando conforme o esixía o ecosistema. Como exemplo podemos ver a seguinte imaxe que mostra o cambio nos ósos dende un antepasado ata o cabalo actual.

 

evolución cabalo

-Ademais diso, e por se non fora suficiente a existencia de órganos vestixiais fai presente o feito de que a evolución adapta os seres ao seu entorno, polo que pode darse o caso dalgún ser vivo que non precise certas capacidades; co paso do tempo estas irían esvaecéndose ata desaparecer, dando como xa dixen os actuias órganos vestixiais. Como exemplo cito ,sen ir máis lonxe, ao noso apéndice e por se non fose suficiente, menciono ademais o noso coxis e tamén as ás das avestruces.

 Na miña opinión é máis que evidente o feito da evolución tendo en conta todos os datos que citei no texto, iso si, respecto da creación das primeiras formas de vida atopei diversas hipóteses ao respecto (que animo a consultar facendo clic aquí) e non me decido por ningunha, xa que todas teñen unha boa base de argumentación.

Fontes de información:

Universidad nacional del nordeste, páxina de divulgación científica arxentina, http://www.biologia.edu.ar/introduccion/origen.htm 

 

Tags: ,