Tectónica de placas
A tectónica de placas é unha teoría xeolóxica que explica a forma en que está estruturada a superficie da Terra. Esta teoría establece que a litosfera está fragmentada en placas litosféricas que son pranchas ríxidas de rocha sólida que flotan sobre unha capa semifluída chamada astenosfera.
Estas placas móvense a uns 2,5km por ano. Pero este movemento non é sempre na mesma dirección e isto fai que rocen unhas contra outras, chegando o choque, a veces, ata a superficie da terra en forma de terremotos, formación de montañas e incluso tsunamis se son choques entre placas oceánicas. Todos estes fenómenos prodúcense con moita máis intensidade nos bordes das placas tectónicas.
O movemento das placas crea tres tipos de bordes tectónicos: bordes coverxentes, diverxentes e transformantes.
- Os bordes converxentes encóntranse nas zonas onde as placas chocan entre si, colisionando ou montando unha por encima da outra.
- Os bordes diverxentes encóntranse nas zonas onde as placas se separan formando dorsais nos océanos e grandes depresións na superficie terrestre.
- Os bordes transformantes encóntranse onde as placas se moven de lado en relación unhas con outras, formando fallas de fricción.
Hai dous tipos de placas: as placas continentais, que se encontran presentes na superficie terrestre, e as placas oceánicas, que están cubertas por masas de auga oceánica.
imaxe de http://www.profesorenlinea.cl/imagenciencias/placas008.jpg
Hai diferentes tipos de movementos de placas tectónicas:
- Movemento diverxente: prodúcese cando dúas placas se separan.
- Movemento converxente: prodúcese cando dúas se xuntan, e a máis delgada afúndese sobre a máis gruesa.
- Movemento transformante: prodúcese cando dúas placas se deslizan en direccións contrarias rozando unha coa outra.
imaxe de https://profereynold.files.wordpress.com/2016/02/20160218_174944.png?w=840
Sobre a tectónica de placas está moi ben saber moitas, xa que a ela se debe a orixe de todos os relevos existentes no noso planeta. Eu a utilizaría tamén para a prevención de traxedias como as dos terremotos.
FONTES DE INFORMACIÓN
-
Areaciencias.com, recursos para o estudo das ciencias, http://www.areaciencias.com/geologia/placas-tectonicas.html
- Nationalgeographic.es, revista de divulgación científica, http://www.nationalgeographic.es/ciencia/la-tierra/placas-tectonicas-articulo