As mulleres e homes son iguais?

Hoxe en día vivimos nunha sociedade onde se defende, sobre todas as cousas, que os homes e as mulleres podemos facer as mesmas cousas e podemos ter as mesmas capacidades. Pero realmente somos iguais? É verdade isto que dicimos?

Simon Baron-Cohen, director do Centro de Investigación en Autismo da Universidade de Cambridge, di que sen dúbida, os homes e mulleres son diferentes física, mental e emocionalmente.  Para explicar o seu argumento, explica unha serie de diferenzas entre os cerebros de ambos os sexos, que o afectan. Unha diferenza é que o número de células. Os homes teñen un 4% máis neuronas que as mulleres, e máis de 100 gramos de tecido cerebral que as persoas do sexo feminino. Con todo, as mulleres teñen máis sinapses (conexións entre as neuronas) que os homes.
Ademais, as mulleres teñen un corpo caloso maior que os homes, o que significa unha mellor transferencia de datos entre o hemisferio dereito e hemisferio esquerdo, que no caso dos homes non ocorre. O sistema límbico é xeralmente maior en mulleres que en homes. Isto ten vantaxes e beneficios para as mulleres, pero un dos seus efectos é o aumento da capacidade de poñerse en contacto cos sentimentos, permitíndolles expresar as súas emocións con máis facilidade que os homes.

Estes estudos pareceme moi interesantes. É moi interesante a explicación neurológica de Simon Baron-Cohen  para explicar as diferenzas entre os sexos. Moitos poden dicir que este estudo roza o machismo ou o hembrismo, e convertelo nun estudo cultural, para poñelo en dubida ou criticalo. Pero este estudo é científico, bioloxíco, e non podemos debatelo, nin criticalo.

 

imagen

Webs de información:

Doctorhugo, web de divulgación científica del Dr. Hugo Heyrman:
http://www.doctorhugo.org/brain4.html

Vix, web de divulgación científica, Científico Deril de la Nuez:

http://www.vix.com/es/btg/curiosidades/5125/el-cerebro-y-las-diferencias-de-comportamiento-entre-hombres-y-mujeres

 

Tags: , ,

Unha resposta a “As mulleres e homes son iguais?”

  1. sal_aida_dom Dixo:

    Paréceme moi interesante esta entrada e o seu contenido pero penso que pode ser interpretada incorrectamente, xa que estes feitos úsanse as veces en debates machistas, hembristas… cousa que non se debería de facer xa que resalta a plena vista que é imposible que sexamos iguais, pero isto non implica que debamos de ser discriminados por elo.