Como apareceu a vida..?
Ao longo dos anos houbo moitas teorías de como puido aparecer a vida na Terra. Estas teorías foron evolucionando xunto coa maneira de pensar do ser humano. A medida que se obtiñan máis datos con respecto a composición, temperatura, etc se cambiaban ou modificaban as teorías ata a que temos agora que é a teoría celular.
- Creacionismo: Esta foi a primeira teoría sobre a vida na Terra, na que se explica que a vida surxiu grazas a unha “forza creadora”. Esta teoría probablemente foi creada por o home primitivo. Non tiña ningunha base científica nin explicación dese realmente era certa, pero a partir dela se crearon as primeiras culturas.
- Teoría de la panspermia : Foi proposta por un científico chamado Svante Arrhenius, e nela se dicía que os primeiros seres vivos foran as bacterias que viñan do espazo. Aínda que esta teoría se poden poñer obxeccións, como por exemplo
-Teoría da xeración espontánea: Supón que a vida pode darse por si soa. Nela se explica que algunhas porcións de materia teñen un principi0 de activación e cunhas condicións concretas pode surxir a vida. Este principio activo se compara co concepto de enerxía, a cal se considera como una capacidade para a acción.
Teoría de Oparín: Básase nunha atmósfera primitiva sen case natureza química na que grazas a acción dos raios ultravioletas e outras diversas formas de enerxía deron lugar á materia orgánica. Esta teoría foi pensada por Oparín e un científico inglés.
u
Imaxe de “Biología: la ciencia de la vida”
Aínda que son teorías completamente diferentes, todas nos levan á conclusión de que os seres vivos tivemos que sufrir unha evolución para chegar onde estamos. As teoría anteriores nos explican a aparición da vida no planeta, pero pasaron moitos millóns de anos nos que houbo unha evolución na que as bacterias pasaron a organismos pluricelulares, con diferente alimentación, condicións de vida… Pero iso xa é outra historia.
Este tema paréceme moi importante falalo xa que saber de onde vimos debería ser un tema polo que deberíamos interesarnos máis, isto nos permite saber como pode surxir a materia orgánica, as condicións necesarias para a vida, como evolucionamos, entre outras dúbidas.
Un video moi interesante e no que se explica moi ben a aparición da vida é este:
Fontes de información:
http://biologiacecyt16.blogspot.com.es. Autores: M. en B. María Concepción de la Rosa Hernández. Q. A. María Teresa González Acevedo Biología la Ciencia de la Vida. http://biologiacecyt16.blogspot.com.es/2013/01/teorias-del-origen-de-la-vida.html
Libro de Bioloxía e Xeoloxía 1 Bachillerato Editorial Santillana Obradoiro Ano 2015.