Transxenicamente innecesario.

Hoxe en día, o mundo afronta un gran problema: a fame. Preto de 800 millóns de persoas sofren desnutrición no mundo. Este problema foi un dos motivos do surximento dos transxénicos. Para un maior rendemento do produto prodúcense alimentos transxénicos, conseguindo así, que con menos cantidade de produto natural sexamos capaces de alimentar a un maior número de persoas.

Pero, que son estes produtos transxénicos, e por que grazas a eles pode render máis o produto?

Os alimentos transxénicos son aqueles que foron creados artificialmente manipulando os seus xenes mediante a enxeñaría xenética. As técnicas empregadas consisten en aislar segmentos do ADN dun ser vivo para introducilos no material hereditario doutro, permitindo así, franquear as barreiras entre especies, creando seres vivos que non existían na natureza.

Como a finalidade da manipulación destes organismos, é crear un ser vivo coas características desexadas polo ser humano, crese nos transxénicos como unha forma necesaria de progreso. En cambio, son todo o contrario: un perigo absolutamente innecesario, e descoñécese a perigosidade que estes alimentos teñen tanto ética como bioloxicamente. xa que incrementan o uso de tóxicos na agricultura; contaminan a xenética das especies e o solo; pérdese a biodiversidade, e diferentes efectos máis, non desexados noutros organismo.

Aquí temos un mapa no que se mostra a permisividade ou a non permisividade dos países ante o uso dos transxénicos. Como podemos ver os tranxénicos en España están permitidos, así, este é o país de Europa que máis emprega este tipo de cultivos.

imagen

 

Coñecendo o perigo que estes alimentos poden provocar quixen coñecer se había algunha maneira de evitalos cando mercas un alimento. Así, os alimentos que son producidos a partir doutros organismos xeneticamente modificados (OMG) deben ser etiquetados coa mención “modificado xeneticamente” ou “producido a partir de (nome do ingrediente OMG)”, sempre que estes alimentos teñan un 0.9% de modificación. Sin embargo, se estes alimentos proveñen de animais alimentados con OMG, non é necesario a súa mención na etiqueta. Así, sen sabelo estamos contribuíndo a unha produción máis nociva para o  noso ecosistema.

 

Fontes de información:

 Páxina da ONG GreenPeace de España: http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/transxenicos

Páxina da asociación de bitecnoloxía elemental agrícola, asociación sin ánimo de lucro dos países da Rexión Andina: http://www.agrobio.org/los-transgenicos-no-son-malos/

 

Tags: , , ,