Cubesats

 Os nanosatélites ou cubesats son pequenos satélites que abren un mundo de posibilidades na  exploración espacial xa que o seu potencial foi descuberto por axencias espaciais, como por exemplo na axencia espacial Mektory. Este programa de nanosatélites de Mektory é unha iniciativa universitaria desenvolta tanto por profesores como por alumnos e coa axuda de industrias espaciais e tecnolóxicas. Con máis de 25 anos de experiencia, Israel Yehbe volcouse na fabricación de satélites versátiles e de baixo coste, pero na actualidade está fabricando modelos tan reducidos que non superan o medio metro de altura.

imagen

Máis alá da utilidade dos nanosatélites como ferramentas educativas, os cubesats teñen outras moitas utilidades, como a realización de probas espaciais económicamente asequibles, realizar observacións e medicións no espazo… Ainda asi estes nanosatelites formarán parte da realidade espacial nas próximas décadas, xa que na actualidade están en fase experimental debido a que a súa rentabilidade e funcionalidade aínda están por demostrar. Como dice o profesor Ofer Doron, presidente executivo da Industria Aeronautica Israelí (IAI) “por agora  so se poden usar como ferramentas educativas  en universidades  ou para ter un proposito educativo, xa que se usan dende hai pouco tempo”.

 A investigación do enxeñeiro mexicano Álvar Saez-Otero, no Massachusetts Institute of Technology (MIT), está a revolucionar o ámbito dos satélites espaciais. Alvar é director asociado do Space Systems Laboratory, do Departamento de Aeronáutica e Astronáutica do MIT, e a súa investigación céntrase no deseño e implementación dun dispositivo espacial denominado Synchronized Position Hold Engage and Reorient Experimental Satellite (SPHERES). Os SPHERES son pequenos satélites case esféricos que miden aproximadamente 20 centímetros de diámetro. Na actualidade existen tres deles a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS). O custo dun SPHERES é de 200.000 dólares, un prezo moi alcanzable en comparación cos millóns de dólares que se invisten nos satélites tradicionais, polo que pénsase que nun futuro próximo os satélites SPHERES estarán en gran uso.

Na miña opinión sería un gran avance tecnolóxico para o ámbito espacial que estes cubesats tiveran a confianza necesaria para poder lanzarse oficialmente, xa que polo baixo custo económico e as utilidades que ten, pode axudarnos a descubrir máis cousas sobre o noso planeta e o universo que nos rodea.

Fontes de información:

 Web informativa: https://www.xataka.com

Euronews, Blog:  http://es.euronews.com

Dirección de imaxe: https://ipinspace.com

 

Tags: ,