O Gran Colisionador de Hadróns

O Gran  Colisionador de Hadróns , Large Hadron Collider  (LHC), en inglés, é un acelerador e colisionador de partículas. Fan chocar entre sí partículas subatómicas (principalmente protóns, un dos constituíntes do núcleo do átomo) en puntos selecionados onde se ubican grandes detectores. Estes rexistran as partículas resultantes das colisións para estudar os elementos que compoñen a materia da que está feita o Universo, incluidos nos mesmos, e as súas interacións.

lhc

 imaxe de https://c1.staticflickr.com/3/2237/2106283062_981ae59fda_b.jpg

O LHC está situado preto de Xenebra, una cidade suíza, na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). O acelerador de partículas é un anel de 27 quilómetros de circunferencia ubicado a 100 metros baixo terra. Está contituído por 9.300 imáns supercondutores, para facer xirar aos conxuntos de partículas a velocidades cercanas ás da luz e deben refrixerarse a unha temperatura inferior á do espacio exterior (-270ºC).

 Foi posto en marcha no ano 2009, recén terminado. A súa finalidade é a de explorar e extender as fronteiras do coñecemento da física facendo colisionar protóns que circulan a velocidades cercanas á da luz en sentidos opostos.

Este foi un gran paso para o descubrimento do bosón de Higgs, a partícula asociada a un novo campo de forza na natureza que explicaría a orixe da masa das partículas elementais.

Eu creo que este é un dos mellores avances da ciencia que existe de momento porque chegou a recrear as condición que provocaron o Big Bang e tamén gracias a el, sabemos o número de partículas que ten un átomo e moitas máis cousas fascinantes.

Fontes de información

- Apartado de ciencias do diario Mundo, http://www.elmundo.es/elmundo/2010/04/01/ciencia/1270120042.html

- Páxina web do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN), https://www.i-cpan.es/es/content/el-gran-colisionador-de-hadrones-lhc

 

Tags: ,