Anestesia

Que é a anestesia?

Trátase dun proceso médico controlado que emprega fármacos para bloquear a sensibilidade ao tacto e á dor dun paciente, sexa en todo o corpo ou nunha zona controlada.

Historia da anestesia

En 1275 o médico Ramón Llull descubriu un líquido volátil e inflamable mentres exeperimentaba con outras substancias químicas; denominouno “vitriolo doce”. Posteriormente no século XVI un médico suízo chamado Paracelso fixo que uns polos cheiraran o vitriolo, e puido comprobar como estes se quedaban durmidos e perdían toda a sensibilidade á dor. O vitriolo pasou a chamarse ”éter” en 1730, grazas ao químico August Sigmund Frobenius.

Sen embargo non será ata que Crawford Williamson Long se decatou do efecto que estes anestésicos producían, cando seus amigos non sentiron dor ao golpeárense baixo os efectos do éter; inmediatamente pensou na aplicación destes para a  cirurxía. Produciuse entón a primeira intervención sen dor en 1842. Posteriormente a finales de 1847 en Edimburgo o tocólogo James Simpson empregou un novo anestésico, o cloroformo, buscando un substituto do éter que non tivese  os efectos secundarios que este producía. A partir de entón foronse perfeccionando as técnicas de anestesia e descubrindo novas substancias con mellores resultados.

imagen

Tipos de anestesias actuais

Hai tres tipos principais de anestesias:

- Anestesia local: Elimina a sensibilidade nunha pequena parte do corpo, normalmente da pel, mentres o paciente está consciente.

-Anestesia locorrexional: Elimina a sensibilidade dunha rexión ou de varios membros do corpo; podendose aplicar a anestesia nun nervio ou na médula espiñal.

-Anestesia xeneral: Produce un estado de inconsciencia pola administración de medicamentos por vía intravenosa, inhalatoria ou ambas. Isto emprégase para producir efectos de eliminación da dor, protección do organismo debido a reaccións provocadas pola dor, pérdida da consciencia ou relaxación muscula para inmovilizar ao paciente.

 Desventaxas da anestesia

A pesar de ser un dos mellores avances na medicina, tamén conta cos seus inconvintes, como por exemplo:

-Recuperación postoperatorio: A recuperación dun doente con anestesia xeneral é máis lenta ca a anestesia local.

Xaxún: Os enfermos que van ser anestesiados de maneira xeneral deben estar seis horas antes sen tomar alimentos sólidos e dúas horas sen agua.

Alerxias: Nalguns casos os pacientes poden experimentar una reacción alérxica aos anestésicos que non sempre se poden detectar antes da anestesia.

Somnolencia: A maioría de pacientes sinten sono tras unha anestexia xeneral e polo tanto deben de pasar unas horas na sala de recuperación.

Náuseas y vómitos: Ademais do anterior, as persoas que foran anestesiadas de forma xeneral experimentan náuseas e vómitos con frecuencia.

Como conclusión a esta entrada, gustaríame apuntar a importancia das anestesias no actual tratamento de enfermidades que nos parecen do máis comúns, como poden ser unha simple extracción de moa picada ou mesmamente un parto; procesos que na antiguidade producían unha grande dor a quen os padecese pero que a día de hoxe no supoñen ningún problema, a pesar deses pequenos inconvintes postanestésicos.

Bibliografía

- Páxina de información xeral, https://es.wikipedia.org/wiki/Anestesia 

-Páxina de información xeral, https://es.wikipedia.org/wiki/Anest%C3%A9sico_local

- Páxina do Departamento de Anestesiología, Reanimación y Dolor del Hospital Universiatario Quirón Dexeus, http://anestesiadexeus.com/pacientes/anestesia-locorregional/ 

-Páxina da Clínica DAM de Madrid, https://www.clinicadam.com/salud/5/007410.html 

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Anestesia”

  1. sal_aida_dom Dixo:

    A pesar de todas as desventaxas considero que a anestesia xoga un papel moi importante hoxe en día e que grazas a ela podemos aforrarnos a dor.