O ensaio clínico

Un ensaio clínico é un estudio que permite aos médicos determinar si un novo tratamento, medicamento ou dispositivo contribuirá a previr, detectar ou tratar unha enfermidade. Os ensaios clínicos tamén axudan aos médicos a descubrir si estes novos tratamentos son inocuos e se son mellores que os tratamentos actuais.

O carácter experimental do ensaio clínico obriga ao investigador a considerar tres dimensións: a científica, a ética e a normativa xa que se fai necesario protexer a integridade dos pacientes e os seus dereitos así como a fiabilidade dos datos.

ensaio clinico

 imaxe de https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c3/Female_doctor_examines_a_child.JPEG

 A participación dun ser humano nun ensaio clínico xera unha situación potencial de vulnerabilidade na que os seus dereitos deben quedar claramente protexidos. Cando un médico participa como investigador nun ensaio clínico, actúa simultaneamente como médico e como científico, esta situación pode conducir a un problema ético.

 Os riscos dun ensaio clínico dependen da poboación de pacientes e do obxecto de estudo:

  • Poderían producirse efectos secundarios graves ou incluso mortais.

  • O tratamento podería non ser eficaz.

  • En estudios aleatorios, nin o paciente nin o médico sabe se o paciente recibe o tratamento novo. Doutra forma, alguén podería non recibir tratamento algún. Con todo, que é moi raro que un paciente que participa nun ensaio non reciba tratamento algún.

  • Posiblemente deba ir ao médico con frecuencia ou incluso permanecer no hospital.

Na miña opinión os ensaios clínicos son un boa maneira de saber se unha menciña é boa ou é  mala, pero sempre tendo o máximo coidado cás persoas que se mostran voluntarias  e servíndolles a mellor atención médica para que non aconteza ningún desastre.

FONTES DE INFORMACIÓN

 - Texas Heart Institute, é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a reducir o efecto das enfermidades   cardiovasculares, http://www.texasheart.org/HIC/Topics_Esp/FAQ/clinical_trials_span.cfm

- Sociedade Española de Farmacoloxía Clínica, http://www.se-fc.org/gestor/ensayos-clinicos/informacion-general.html

 

Tags: , ,

Unha resposta a “O ensaio clínico”

  1. sal_aida_dom Dixo:

    Estou a favor dos ensaios clínicos sempre en cando a persoa na que se realice sea coñecedora dde toda a información e de o seu consentimento, grazas a esta entrada púdenme enterarme mellor de que trataba o tema.