O noveno planeta?
Lembro cando era pequena, estudiaba e dibuxaba os nove planetas Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e Plutón. Pero, todo cambiou cando no 2006, nos imformaron que Plutón non era planeta, sen non que un planeta enano. Nese momento empezamos a estudiar os oito planetas do Sistema Solar.
Recentemente descúbrese que ao mellor, non estabamos tan equivocados cando de pequenos falabamos dos nove planetas. Si, nove planetas, pero cun cambio. O noveno planeta non sería Plutón, se non que sería o Planeta X.
Este planeta, sería 10 veces maior que a Terra, orbitaría arredor do Sol nunha forma moi alargada e estaría 20 veces máis lonxe de Neptuno. Está tan lonxe que tardaría 20.000 anos para completar unha volta arredor da nosa estrela.
“Solo se han descubierto dos auténticos planetas desde la antigüedad, y este sería el tercero. Aún hay una parte muy considerable del sistema solar que no hemos explorado a fondo, lo cual es emocionante” explican os científicos que publicaron os seus achados na revista Astronomical Journal.
É incrible saber que aínda nos queda moitas cousas por descubrir, sobre o noso Sistema Solar. Levamos dez anos falando dos oito planetas, e que de repente un novo achado nos diga que posiblemente hai un noveno planeta, parece emocionante. É unha investigación curiosa, deixovos un vídeo onde os investigadores explican o seu estudo, sobre o novo planeta: (https://www.youtube.com/watch?v=ILXlvki9uNg).
Webs de información:
- Nationalgeographic.com. Web de divulgación científica, artículo publicado por Fesenmaier:http://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/actualidad/existe-un-noveno-planeta-en-el-sistema-solar_10058
- Solarsystem.nasa.gov.Web de divulgación científica, artículo publicado por Jim Green : https://solarsystem.nasa.gov/planets/planetx/indepth
Traballo feito por Debie Fernándezno curso 2017-16
Tags: planetas, Sistema Solar
Luns 13 de Novembro do 2017 ás 0:18
Este artículo parece moi interesante e curioso. Este novo achado, abre as portas a un mundo novo, que non coñecemos e que acheganos a outros novos descubrimentos.
Sábado 17 de Marzo do 2018 ás 15:39
Moi interesante e necesario, xa que este novo achado pode falicitarnos un montón de cousas ou achegarnos información interesante