Hedy Lamarr, para quen o descoñecido sempre foi atractivo

Hedy Lamarr, nome artístico da actriz Hedwig Eva Maria Kiesler ao ir aos Estados Unidos. Nacida en Viena o 9 de novembro de 1914, Hedy foi coñecida como a muller máis bela da historia do cine pero, ademais da súa carreira como actriz, era unha muller moi intelixente que colaborou cos EE UU na II Guerra Mundial como inventora.

imagen Medrou cunha educación moi completa, considerada polos profesores como unha rapaza superdotada. Aos 17 anos comezou a súa carreira como actriz nunha producción alemá e, para dedicarse totalmente á actuación, abandonou os estudos de enxeñería. No ano 1932 protagoniza a película checa Extáze, moi polémica por ser a primeira película en mostrar a face dunha muller durante un orgasmo.

Tras este traballo, os seus pais, moi avergoñados, cásana cun empresario armamentístico austríaco que mantiña importantes contactos co réxime nazi. El obrígalle a ir con el ás súas reunións, mostrándoa case como un trofeo e tena completamente vixiada. Durante esta época retoma os estudos de enxeñería e, anos despois, farta, foxe a París. Nesta viaxe coñece a Louis B. Mayer, o cal lle ofrece traballo en Hollywood.

Na década dos 40 explota as súas dotes de actriz e inventora en EE UU. En 1941 patenta, xunto co músico George Antheil, un sistema secreto de comunicacións, o actualmente coñecido como Transmisión en Espectro Ensanchado por Salto de Frecuencia, que consiste en fragmentar o mensaxe e mandar cada parte por unha frecuencia diferente para que fose máis difícil de rastrexar. Este invento, aínda que non foi utilizado na II Guerra Mundial, si o foi na crise dos mísiles de Cuba e actualmente é usado nas transmisións inalambricas, como o Wi-Fi.

A pesar de todo, o seu recoñecemento tardou en darse e sumado ao declibe da súa carreira como actriz levouna, tras unha serie de desafortunados acontecementos, a recluírse na súa casa en Florida, onde morreu no ano 2000.

Día Internacional do Inventor, celébrase o 9 de novembro, día do seu aniversario, na súa honra.

Para min esta muller é un exemplo de saber o que che gusta (a ela a actuación e a enxeñería) e facelo. As circunstancias que a levaron a onde chegou, como a educación que lle deron os pais ou o odio cara ao nazi que lle quedou da súa experiencia co seu primeiro marido, levárona a facer o que lle gustaba e o quería cunha motivación, deixándonos un importante legado.

Enlaces consultados: 

Hedylamarr.com: a súa páxina web oficial, en inglés. https://www.hedylamarr.com/about/biography/

Muyhistoria.com: páxina da subdivisión Muy Historia de Muy Interesante, artículo sobre Hedy Lamarr por María Fernández Rei, editora da páxina. https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/hedy-lamarr-reconocida-actriz-e-inventora-del-wifi-141475066500

Mujeresconciencia.com: blog dedicado a falar de mulleres que traballaron na ciencia e na tecnoloxía, artículo sobre Hedy Lamarr pola física Laura Morrón. https://mujeresconciencia.com/2015/11/30/hedy-lamarr-la-inventora/

Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18

 

Tags: , , , , ,