Hedy Lamarr, para quen o descoñecido sempre foi atractivo

Hedy Lamarr, nome artístico da actriz Hedwig Eva Maria Kiesler ao ir aos Estados Unidos. Nacida en Viena o 9 de novembro de 1914, Hedy foi coñecida como a muller máis bela da historia do cine pero, ademais da súa carreira como actriz, era unha muller moi intelixente que colaborou cos EE UU na II Guerra Mundial como inventora.

imagen Medrou cunha educación moi completa, considerada polos profesores como unha rapaza superdotada. Aos 17 anos comezou a súa carreira como actriz nunha producción alemá e, para dedicarse totalmente á actuación, abandonou os estudos de enxeñería. No ano 1932 protagoniza a película checa Extáze, moi polémica por ser a primeira película en mostrar a face dunha muller durante un orgasmo.

Tras este traballo, os seus pais, moi avergoñados, cásana cun empresario armamentístico austríaco que mantiña importantes contactos co réxime nazi. El obrígalle a ir con el ás súas reunións, mostrándoa case como un trofeo e tena completamente vixiada. Durante esta época retoma os estudos de enxeñería e, anos despois, farta, foxe a París. Nesta viaxe coñece a Louis B. Mayer, o cal lle ofrece traballo en Hollywood.

Na década dos 40 explota as súas dotes de actriz e inventora en EE UU. En 1941 patenta, xunto co músico George Antheil, un sistema secreto de comunicacións, o actualmente coñecido como Transmisión en Espectro Ensanchado por Salto de Frecuencia, que consiste en fragmentar o mensaxe e mandar cada parte por unha frecuencia diferente para que fose máis difícil de rastrexar. Este invento, aínda que non foi utilizado na II Guerra Mundial, si o foi na crise dos mísiles de Cuba e actualmente é usado nas transmisións inalambricas, como o Wi-Fi.

A pesar de todo, o seu recoñecemento tardou en darse e sumado ao declibe da súa carreira como actriz levouna, tras unha serie de desafortunados acontecementos, a recluírse na súa casa en Florida, onde morreu no ano 2000.

Día Internacional do Inventor, celébrase o 9 de novembro, día do seu aniversario, na súa honra.

Para min esta muller é un exemplo de saber o que che gusta (a ela a actuación e a enxeñería) e facelo. As circunstancias que a levaron a onde chegou, como a educación que lle deron os pais ou o odio cara ao nazi que lle quedou da súa experiencia co seu primeiro marido, levárona a facer o que lle gustaba e o quería cunha motivación, deixándonos un importante legado.

Enlaces consultados: 

Hedylamarr.com: a súa páxina web oficial, en inglés. https://www.hedylamarr.com/about/biography/

Muyhistoria.com: páxina da subdivisión Muy Historia de Muy Interesante, artículo sobre Hedy Lamarr por María Fernández Rei, editora da páxina. https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/hedy-lamarr-reconocida-actriz-e-inventora-del-wifi-141475066500

Mujeresconciencia.com: blog dedicado a falar de mulleres que traballaron na ciencia e na tecnoloxía, artículo sobre Hedy Lamarr pola física Laura Morrón. https://mujeresconciencia.com/2015/11/30/hedy-lamarr-la-inventora/

Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18

 

Tags: , , , , ,

3 Respostas a “Hedy Lamarr, para quen o descoñecido sempre foi atractivo”

  1. sal_nerea_val Dixo:

    Paréceme moi importante o recoñecemento que lle foi feito a pesares de ser muller. Que o día internacional do Inventor sexa feito como unha conmemoración cara ela é algo que destacar xa que as mulleres,na historia da ciencia, sempre estiveron ocultadas tras o seudónimo dun home.
    A invención do Wi-fi foi un gran avance para a humanidade xa que permitiu un feixe de facilidades no noso día a día; isto é un claro exemplo de que a discriminación en certos ámbitos polo sexo, non é máis que un retroceso.
    Hedy Lamarr é un exemplo do que todas e cada unha de nós podemos ser.

  2. sal_lucia_cru Dixo:

    Pareceume moi interesante o tema da entrada, unha muller que fixo o que quiso a pesares da época na que vivía. Foi capaz de ser unha actriz recordada incluso a día de hoxe sempre mostrando o seu lado intelixente. É un acontecemento importante que se lle dera o dia do inventor no seu honor xa que estamos acostumados a que home reciban estos méritos.

  3. sal_lucia_vaz Dixo:

    Gústame a forma na que este traballo está enfocado enlazando perfectamente a briografía da inventora e actriz, é dicir, emprega os sucesos da súa vida persoal para xustificar os seus avances como enxeñeira.
    Hedy Lamarr é un exemplo de superación e loita, xa que aínda que ós seus pais intentan impedilo, ela consegue os seus obxectivos como actriz e como enxeñeira, a pesares de que finalmente a súa carreira de interprete fracase. Deixa na nosa sociedade un legado de vital importancia actualmente, polo que ademais se lle dá un gran recoñecemento adicándolle o Día do Inventor. Pese a isto, tamén me parece que é outro exemplo do machismo presente na nosa ensinanza, xa que de non ser por este traballo eu probablemente non escoitaría nunca o nome de esta científica, nin de moitas outras que quedan agochadas baixo os nomes de varóns supostamente máis importantes.