Panspermia, vida extraterrestre ou terrestre?
Algunhas teorías sobre o orixe da vida expoñen a posibilidade de que esta chegase a Terra dende o espazo esterior. A tería principal que sostén esta hipotese é a denominada panspermia. Segundo a teoría da panspermia, defendida por primeira vez no século VI a.C polo filósofo grego Anaxágoras, a vida chegou ó noso planeta transportada por meteoritos ou cometas. O nome de pansmermia se lle outorgará a esta teoría moito máis tarde, en 1865 polo biólogo Hermann Ritcher, pero non terá éxito a nivel mundial ata 1903 defendida por polo científico e profesor Svante Arrhenius (Premio Nobel de Química), quen sostiña que algún tipo de bacteria ou espora podía viaxar a través do espazo, chegar á Terra en fragmentos rochosos e, cunhas condicións aducuadas evolucionar cara á vida que hoxe en día coñecemos.
Esta teoría cobrou forza na actualidade ó se topar restos de fósiles en varios meteoritos. Aínda con isto segue sendo unha teoría moi cirticada e menosprezada, considerando estas probas insuficientes para autorgarlle certa veracidade.
Existen dúas versións da teoría da pasnspermia:
- Panspermia dirixida: defende a propagación da vida polo universo mediante bacterias moi resistentes que viaxan transportadas en cometas.
- Panspermia molecular: defende que, en lugar de bacterias, viaxan polo espazo moléculas orgánicas moi complexas que cando aterrizan na Terra se combinan co caldo primordial de aminoácidos que, a través de reaccións químicas, dan lugar á vida.
A principal razón pola que esta teoría é xulgada e criticada é pola falta de probas da existencia de organismos capaces de sobrevivir ó forte impacto dun meteorito contra á superficie terrestre, ademais de que terían que sobrevivir durante millóns de anos, que é o que duraría este viaxe interestelar e soportar cambios de temperatura extremos.
Fontes de información:
- www. astromia.com. Páxina web de ciencias de carácter divulgativo. http://www.astromia.com/mapa.htm
- tdlppym.blogspot.com. Blogue sobre a teoría da panspermia elaborado por estudantes de 1º de Bacharelato do instituto Clara Campoamor (Ceuta). http://tdlppym.blogspot.com.es/
- definición.de. Web divulgativa elaborada por María Merino y Julián Pérez Porto. https://definicion.de/panspermia/
-
www.vix.com. Revista dixital; artículo elaborado por Daril de la Nuez. https://www.vix.com/es/btg/curiosidades/5017/la-controvertida-teoria-de-la-panspermia
Entrada elaborada por Lucia Vázquez
Tags: panspermia, Teoría evolutiva