Automedicarse
Automedicación é un problema moi grave pero que todos facemos cando só temos un simple dor de barriga, cabeza, etc. Nesta entrada vos vou contar os perigos de isto que todos facemos inconscientemente.
esta imaxe é de sumedico.com
Cando nos doe algo só pensamos na opción mais simple pero esta pódenos causar moitos problemas. Cando nos estamos automedicarmos o que facemos é pornos en risco, aquí están 5 razóns de por que isto e prexudicial para a nosa saúde .
1- Os medicamentos non só son reaccións químicas que actúan aliviando unha parte do dor , sinon que tamén actúan en acorde coas características da persoa que os toma. Unha simple aspirina actúan de diferentes formas nunhas persoas que en outras. Cando unha persoa recen operada toma unha aspirina esta pode causarlle unha hemorraxia, noutras persoas que abusan este medicamento esta provoca unha úlcera. Outro dos casos son os rapaces menores de 15 anos ao cales lle pode provocar o Síndrome de Reye.
2- Os fármacos poden ter efectos colaterais. Algúns dos efectos son a sequidade da boca o insomnio, efectos os cales o paciente debería ter información antes de tomar o medicamento.
3-Alguns fármacos poden provocar adiccións. As benzodiacepinas inhiben o sistema nervioso central, ou os antitusivos con codeína poden orixinar cadros aditivos sen que a persoa se percate. Polo que o se uso debería estar vixiado por un medico.
4-.Ao aliviar os síntomas, algúns medicamentos poden chegar a dificultar o diagnostico. Entre estes están os antipiréticos, os antieméticos ou os antiespasmódicos. Estes medicamentos bloquean a eliminación dos axentes patóxenos, por iso deberíasllo preguntar ao teu medico.
5. Numerosos medicamentos interactúan entre sí, provocando efectos negativo. Os descongestionantes con pseudoefedrina, disminuyen o efecto dos medicamentos utilizados para tratar a presión alta; e a aspirina interactúa negativamente con algúns medicamentos contra a diabetes, coma insulina, aumentando o seu efecto.
Eu dexovos aqui scatro dos problemas de automedicarnos. Recomendovos que vos informedes xa que este tema no deberiamos ingnoralo xa que pomos en xogo a nosa saude.
Fontes de información
Clinica Calas Conde é unha web medica http://www.clinicalascondes.com/ver_articulo.cgi?cod=1212448381
Medeline plus é unha web de medicina, esta web pertence ao Instituto Nacional de Saude https://medlineplus.gov/spanish/healthtopics.html
Entrada elaborada por Aroa Fernández no curso 2017-18
Tags: automedicacion, medicina