O arroz dourado
O coñecido como arroz dourado é un arroz manipulado xeneticamente para ser unha fonte de vitamina A, sobre todo pensado para países cunhas tasas de pobreza moi elevadas, para combatir así contra a DVA (déficit de vitamina A), que pode causar múltiples alteracións oculares e incluso a ceguera. En países do Sureste Asiático e África, a carencia desta vitamina chega a cobrarse a vida de nenos e embarazadas.
Como habitualmente tódolos transxénicos, o arroz dourado, que foi desarrollado hai uns 20 anos, é moi criticado por grupos ecoloxistas con motivos médico-sanitarios, ecolóxicos e tamén socioeconómicos. Unha das principais críticas é a inversión que se está a facer para seguir perfeccionando este produto que supostasmente vai a acabar coas carencias alimenticias de países como Filipinas, en lugar de invertir, por exemplo, en suplementos alimentarios. A realidade é que por moito que invirtamos en alimentos “milagrosos”, estes non van a acabar coas carencias nutritivas e co exceso de enfermidades dos países subdesarrollados, xa que o causante real destes problemas é a pobreza extrema na que se atopa a súa poboación. Coa produción de alimentos producida a día de hoxe está máis que demostrado que se podería alimentar a toda a poboación mundial. Se non se acaba coa fame e a desnutrición é por falta de equidade, non de produtos transxénicos.
Outro dos grandes contras do arroz transxénico é que non xermina, é dicir, non produce sementes para reproducirse. Isto causaría polo tanto que o agricultor dependese completamente da empresa de abastecemento de sementes tranxénicas. É un dos problemas que se engloban dentro do ámbito socioecónomico.
Por outra banda, os que si defenden o cultivo deste cereal, se apoian principalmente no feito de que levamos milenios modificando xeneticamente plantas e animais con métodos tradicionais de selección natural. Ademais, os transxénicos teñen unha maior capacidade á hora de aguantar pesticidas e herbicidas, dado que están pensados para tolerar de forma natural diversos virus e bacterias. Concretamente, o arroz dourado está diseñado para poder aguantar inundacións, sequías e ten gran resistencia ás efermidades.
Ligazóns:
- Greenpeace.es. Páxina web divulgativa de Greenpeace. http://archivo-es.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/Transgenicos/En-el-campo/Arroz-transgenico-La-nueva-amenaza/index.html
- www.abc.es. Páxina web divulgativa do xornal español ABC, articulo publicado polo xornalista J. G. Stegmann. http://www.abc.es/sociedad/abci-arroz-dorado-transgenico-quiere-evitar-ceguera-miles-ninos-201712282205_noticia.html
- elpais.com. Páxina web divulgativa do xornal español El País, articulo publicado por Juan Echanove. https://elpais.com/elpais/2016/07/18/ciencia/1468859244_686447.html
- fundaciom-antama.org. Páxina web informativa da FundaAntama
Entrada elaborada por Lucia Vázquez 17-18
Tags: arroz, biotecnoloxía, transxénicos