O arroz dourado

O coñecido como arroz dourado é un arroz manipulado xeneticamente para ser unha fonte de vitamina A, sobre todo pensado para países cunhas tasas de pobreza moi elevadas, para combatir así contra a DVA (déficit de vitamina A), que pode causar múltiples alteracións oculares e incluso a ceguera. En países do Sureste Asiático e África, a carencia desta vitamina chega a cobrarse a vida de nenos e embarazadas.

Arroz dourado e arroz normal. Como habitualmente tódolos transxénicos, o arroz dourado, que foi desarrollado hai uns 20 anos, é moi criticado por grupos ecoloxistas con motivos médico-sanitarios, ecolóxicos e tamén socioeconómicos. Unha das principais críticas é a inversión que se está a facer para seguir perfeccionando este produto que supostasmente vai a acabar coas carencias alimenticias de países como Filipinas, en lugar de invertir, por exemplo, en suplementos alimentarios. A realidade é que por moito que invirtamos en alimentos “milagrosos”, estes non van a acabar coas carencias nutritivas e co exceso de enfermidades dos países subdesarrollados, xa que o causante real destes problemas é a pobreza extrema na que se atopa a súa poboación. Coa produción de alimentos producida a día de hoxe está máis que demostrado que se podería alimentar a toda a poboación mundial. Se non se acaba coa fame e a desnutrición é por falta de equidade, non de produtos transxénicos.

Outro dos grandes contras do arroz transxénico é que non xermina, é dicir, non produce sementes para reproducirse. Isto causaría polo tanto que o agricultor dependese completamente da empresa de abastecemento de sementes tranxénicas. É un dos problemas que se engloban dentro do ámbito socioecónomico.

Por outra banda, os que si defenden o cultivo deste cereal, se apoian principalmente no feito de que levamos milenios modificando xeneticamente plantas e animais con métodos tradicionais de selección natural. Ademais, os transxénicos teñen unha maior capacidade á hora de aguantar pesticidas e herbicidas, dado que están pensados para tolerar de forma natural diversos virus e bacterias. Concretamente, o arroz dourado está diseñado para poder aguantar inundacións, sequías e ten gran resistencia ás efermidades.

Ligazóns:

- Greenpeace.es. Páxina web divulgativa de Greenpeace. http://archivo-es.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/Transgenicos/En-el-campo/Arroz-transgenico-La-nueva-amenaza/index.html

- www.abc.es. Páxina web divulgativa do xornal español ABC, articulo publicado polo xornalista J. G. Stegmann. http://www.abc.es/sociedad/abci-arroz-dorado-transgenico-quiere-evitar-ceguera-miles-ninos-201712282205_noticia.html

- elpais.com. Páxina web divulgativa do xornal español El País, articulo publicado por Juan Echanove. https://elpais.com/elpais/2016/07/18/ciencia/1468859244_686447.html

- fundaciom-antama.org. Páxina web informativa da FundaAntama

Entrada elaborada por Lucia Vázquez 17-18

 

Tags: , ,

Unha resposta a “O arroz dourado”

  1. sal_sabela_per Dixo:

    O problema dos países subdesenvolvidos leva aí moito tempo. Agora non hai só unha pirámide social con respecto a unha comunidade, senon outra con respecto aos países. Algúns teñen máis acceso aos avances, outros son considerados inferiores por estes países só polo feito de que non formaron parte dese bum europeo de desenvolvemento na Idade Moderna. Agora Europa e os seus emigrados independentes (EEUU) xunto con algún país que medrou nas guerras, tratan ó resto, os que foron invadidos por estas potencias, como iso, países que invadimos e que viven na pobreza. A cuestión é que non tratan de que se poñan ao seu nivel porque, dalgunha maneira son conscientes que se lles tenden a man despois poden chegar a ser superiores a eles, pero o problema non é a superioridade senon que se acabarían os recursos que o noso planeta nos proporciona se todo o mundo consumise como o facemos aquí.
    Entón, dado que para que non acabásemos co planeta sendo todos desenvolvidos, sería necesario que as grandes potencias reducisen o seu consumo (cousa perfectamente comprensible e que non reduciría tanto o seu nivel de vida), estes países dedícanse a crear “solucións milagrosas” a unha fame que eles mesmos crean sen para un momento e tratar de ceder.