A realidade dos influencers.

Para comezar a falar dun tema tan millennial coma este, o mellor será dar unha breve explicación de que son os influencers:

Un influencer é unha persoa que conta con certa influenza (como ben indica o seu nome) e credibilidade sobre algún tema concreto, habitualmente o da moda ou a limentación, e que pola súa gran presenza e autoridade en redes sociais pode chegar a convertirse no representante de grandes marcas.

Estes influencers aportan credibilidade ás marcas que os empregan como imaxe, xa que son persoas aparentemente máis pretas á xente de a pé, alguén con quen sentirse identificado. Pero canto de realidade hai nesta imaxe?

Algo que as persoas que seguen a outras para inspirarse, como referente de moda, de alimentación ou incluso como un referente político, descoñecen é que os influencers na gran meirande parte dos casos son seleccionados a conciencia polas marcas que representan para dar a súa imaxe, é dicir, non están seguindo a un ser real, por moito que o crean, non coñecen a esa persoa, non saben nada de eles, non coñecen os seus gustos nin opinións.

O feito de basear a túa vida nun ser ficticio fai que incluso algúns adolescentes poidan chegar a sufrir transtornos de ansiedade, da personalidade, depresións, etc, debido á comparación da súa vida e dos seus likes cos dos influencers. Ninguén nestes casos se para a reflexionar que detrás de cada foto destas contas de marketing, ó fin e ó cabo, hai un traballo de edición enorme, fotos nas que se mostra a unha persoa feliz e perfecta. Nada ten que ver isto coa realidade. Estas persoas son coma nós, cos seus defectos e virtudes. Mesmo hai casos de influencers que pola presión de alcanzar a foto perfecta, de mostrar a súa vida idílica, de manterse en forma (ou en delgadez extrema), non aguantan a presión. Claro exemplo é o de Celia Fuentes, modelo e influencer española de tan só 27 anos, que tras estar varios meses sufrindo unha forte depresión que a levaba incluso a autodanarse, decidiu rematar coa súa “marabillosa vida” aforcándose cunha saba.

Publicación do Instagram de Celia Fuentes.

 

Esta rapaza, como outros moitos, mantiña un elevado nivel de vida, pasaba os días pendiente do seu móbil, controlando as súas redes sociais, facéndose fotos que podían levarlle incluso 14 horas de traballo para poder satisfacer as esixencias das axencias que a contrataban. Cobraba uns 500 euros por foto e tiña que estar pendente da hora en que as subía de non estar varios días sen publicar nada… É dicir, vivía por e para as redes sociais.

 

Na actualidade, tódalas empresas recoñecen que o mellor sistema de publicidade é o dos influencers, pero non é un sistema doado nin fácil nin sequera san para os propios influencers ou mesmo para os seus seguidores.

O mundo das redes sociais nos ofrece outra visión da realidade, unha maneira de afastarse desta, e é por estas razón polas que é un mundo tan perigoso. Non podemos esquecer que a vida real non está no noso teléfono nin nos nosos likes.

 

Ligazońs:

 

elpais.com. Páxina web do periódico español El País, artículo de Ignacio Gomar. https://elpais.com/elpais/2018/04/16/tentaciones/1523870691_195197.html

www.40defiebre.com. Páxina web informativa adicada á economía e o marketing. https://www.40defiebre.com/que-es/influencer/

www.elmundo.es. Páxina web do periódico español El Mundo, artículo de Javier Negre e Luís F. Durán. http://www.elmundo.es/cronica/2017/09/24/59c69ca822601d6c5d8b461e.html

cadenaser.com. Páxina web da cadea de radio española SER, artículo de Carlota Galdón. http://cadenaser.com/ser/2018/02/12/sociedad/1518446917_643877.html

Entrada elaborada por Lucia Vázquez

 

Tags: ,

3 Respostas a “A realidade dos influencers.”

  1. sal_sabela_per Dixo:

    Coas novas tecnoloxías xurdiron tamén novas maneiras de gañar cartos e, unha delas, é esta. Vivir para as redes socias, transmitir valores á xente que te sigue pero que , ás veces, ti nin sequera cres en realidade, e toda esa xente do común que ve como unha persoa similar a eles chega a ese punto de vivir do uso das redes, creo e convéncense, xa que estas persoas son os seus ídolos e por suposto como calquera famoso, move masas. As marcas aprovéitanse disto, por suposto, pero da mesma maneira que o levan facendo sempre con xente que alcanzaba a fama por outros medios (cantantes, actores,…). O problema dos influencers é que nalgunhas ocasións alcanzan esa fama case sen darse conta ou intentalo, sen ser conscientes de todo o que iso implica e sen axuda de ningún tipo.

  2. sal_aroa_fer Dixo:

    Os influencer son uns persoas moi populares nos nosos días , persoas que sons idolatradas por cases todos os adolescentes,pero a verdade que se agocha detrás deles é moi escura e esta ben sabelo

  3. sal_nerea_val Dixo:

    Estou amplamente de acordo en que a vida dos influencer, é unha vida irreal, ficticia… Pero tamén me pregunto a min mesma ata que punto unha persoa pode vivir cun psico sano, ante tanta presión e exixencia estipulada polas empresas,que só buscan a transmisión desa imaxe de ter unha ´vida perfecta`? (algo tontalmente irreal e inalcanzable, e primeiras instancias pola subxectividade desta palabra).