Todo o coñecemento do mundo á nosa disposición
Cando non sabemos como facer algo, a día de hoxe o único que temos que facer é poñelo en Google e aparecerannos mil blogs, vídeos e páxinas explicándonos todo o que debemos saber. Tamén podemos entrar na tenda de aplicacións e descargarnos algo que nos ensine a aprender un idioma, que nos axude a levar a nosa empresa ou que nos faga os deberes de matemáticas.
Os humanos levamos toda a vida inventando máquinas e maneiras de facer a vida máis fácil e semella que con estas novas tecnoloxías estámolo conseguindo pero, é realmente boa esta facilidade para conseguir as cousa? Onde queda a nosa curiosidade innata, nunha búsqueda de Google? Podemos saber como é o noso entorno desde dentro da casa. Realmente, podemos viaxar a calquera parte do mundo desde o noso teléfono móbil. Podemos facer case calquera cousa desde o noso teléfono móbil.
Hai aplicacións e programas que nos axudan a satisfacer as nosas necesidades como entes curiosas que nos manteñen activos, hai cantidade delas que nos ensinan outras linguas, que crean métodos de aprendizaxe, que nos axudan a estar máis concentrados pero, ás veces, non te concentrarías máis simplemente apagando ese aparello que, según diversos estudos, pasamos máis de 3 horas ao día mirando? Hai defensores de que en todas as escolas se debería traballar con tabletas, de feito hai países onde os rapaces xa non aprenden a escribir manualmente e probablemente a figura do profesor se substitúa en pouco tempo por un aparello electrónico que de maneira interactiva irá traballando con cada neno todo o que debería aprender ata que o saiba.
Temos todo o coñecemento do mundo á nosa disposición. Se queremos saber algo témolo diante das nosas caras en menos dun minuto. Per non podemos esquecernos de intentar estimular a nosa mente, temos que ser conscientes de que hai moitas cousas que aínda non están feitas e que é a curiosidade de cada un de nós a que irá enchendo eses ocos de saber, pero para iso temos que aproveitar o que xa temos. Podemos aprender moito de Google, podemos aprender o que queiramos porque con tan só un clic imos poder velo. Non debemos deixarnos levar por ese “todo”, tan só guiarnos polos nosos intereses. Todo o coñecido está nese aparelliño electrónico que sempre levamos enriba, aproveitémolo ben.
Fontes:
Lavanguardia.com: noticia na versión dixital do xornal La Vanguardia sobre o consumo de aparellos electrónicos. http://www.lavanguardia.com/vida/20160127/301705242421/uso-del-movil-consumo-digital-penetracion-tabletas.html
Xataka.com: post do informático Javier Pastor nesta páxina web dedicada a noticias sobre informática. https://www.xataka.com/otros/en-finlandia-los-ninos-no-aprenderan-a-escribir-sino-a-teclear
Universia.es: páxina web da Fundación Universia dedicada ás axudas universitarias. http://noticias.universia.es/ciencia-tecnologia/noticia/2016/12/19/1147598/tecnologia-amenaza-reemplazar-docentes.html
Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18
Tags: novas tecnoloxías., redes sociais, smartphones, sociedade