A eutanasia

 A eutanasia é a acción que acelera o proceso da morte coa intención de evitar o sufrimento da persoa.

Hai dous tipos de eutanasia, o primeiro tipo sería a eutanasia directa a cal consiste no adelantamento da morte dunha persoa cunha enfermidade incurable, mediante fármacos letais ou a suspensión dos seus medicamentos, os cales a manteñen con vida, e dos alimentos.

O outro tipo de eutanasia é a indirecta, que consiste en disminuir a dor mediante uns medicamentos que dunha maneira non intencionada poden por fin a vida da persoa.

A eutanasia desperta todo tipo de debates éticos, os defensores aseguran que é boa porque evita o sufrimento da persoa e as condicións indignas ás que leva a vida artificial, mentras que os  opositores manteñen a idea de que ninguén ten o dereito de finalizar a vida doutra persoa.

A eutanasia non sempre foi usada neste sentido, senón que tamén foi usada para erradicar grupos sociais, por exemplo, os nazis estaban a favor da eutanasia en caso de minusválidos xa que consideraban que estes eran inferiores.

En España a eutanasia esta prohibida, isto débese que a pesar de que haia moitos partidarios políticos a favor dela, o PP ten unha forte oposición a ela, aunque non solo eles son a causa de que miles de persoas sufran e sean conscentes delo e teñan que vivir, se a iso se lle pode chamar vivir, algúns cunha dor permanente, como foi o caso do famoso galego: Ramón Sampedro, que quedara tetrapléxico e o cal e acabou matándose el mesmo mediante uns medicamentos que lle proporcionara unha amiga.

Dolor agudo

WEBGRAFÍA:

-Definición.de: https://definicion.de/eutanasia/    Web gestionada por WorldPress creada en 2008

-política.elpais.com: https://politica.elpais.com/politica/2017/03/31/actualidad/1490960180_147265.html  web que dixitaliza o periódico.

Entrada elaborada por Aida Domínguez. Curso 17-18

 

Tags: , ,