Ready Player One

Ready player one é a mais recente película de Steven Spielberg onde el cóntanos a vida de 2045, neste ano a xente gana e perde diñeiro nun xogo chamado “Oasis” . O protagonista Wade Watts é un xogador deste videoxogo e como todo o mundo esta interesado en gañar unha competición que comezou o creador do xogo ao morrer, xa que non tiña herdeiros decidiu que a persoa que encontrase as chaves que el deixou  escondidas por Oasis seria o herdeiro do xogo e de todo o seu diñeiro. O protagonista é o primeiro en darse de conta da pista que deixou gardada o creador nas súas memorias de como encontrar a chave.

Imaxe sacada de http://www.filmaffinity.com/es/film750408.html

 

Os videoxogos son algo que leva connosco dende  1953 cando William Higginbotham inventou o videoxogo “Tenis para dous”. Este era un xogo moi sinxelo so dúas raias e un punto que se movía cando chocaba contra a raia. Mais adiante as recreativas foron fundamentais para a historia dos videoxogos, as mais importantes foron a de Pacman ou Comecocos, a de Mrs Pacman pero das primeiras a mais importante é Space Invaders na que xa apareceu a música como un elemento diferenciador. En 1980 a industria do videoxogo americana decaeu pero en Xapón seguiu crecendo coa coñecida Nintendo Entertaiment System. Mais adiante a creación de videoconsolas seguiría en aumento habendo unhas grandes compañías diferenciadas do resto e outras mais pequenas pero con unha gran cantidade de consolas diferentes. As empresas mais importantes foron Nintendo, Sega, Sony e Atari. Cada unha destas compañías tiña a súa propia consola diferenciadora. Por exemplo de Nintendo temos  a Supernintendo, no caso de SEGA temos a Mega Drive, no caso de SONY temos a primeira PlayStation e por ultimo Atari tiña a Atari 2600.

 

  Resultado de imagen de super nintendoImagen relacionada

Resultado de imagen de playstation 1

A día de hoxe o mundo das consolas quedou reducido a  3 compañías e estas son practicamente as únicas que sacan videoconsolas. Dúas delas xa estaban presentes nos 80-90 e outra apareceu no 2000 estas compañias son Nintendo, SONY e Microsoft. Nintendo ten múltiples consolas dende a Nintendo DS ata a mais recente Nintendo Switch. SONY e Microsoft so teñen unha cada un A PlayStation 4 e a XBox One, Atari é a únioca que a día de hoxe non é unha compañía activa ata este ano que anunciaron a nova consola  Atari VCS.

 

 Resultado de imagen de atari vcs

 

 Fai dous anos unha nova compañia presentouse nun das paxinas de crowdfunding cun proxecto que revolucionou o mundo da innovación nas consolas e tecnoloxia. A compañia Oculus pedia fondos para facer as primeiras gafas de realidade virtual as Oculus Rift. Estas gafas prometian ser as primeiras gafas de realidade virtual cunha gama amplia de videoxogos. Despois de que esta compañia anunciase as suas gafas outras dous anunciaron proxectos similares. HTC coas gafas HTC VIVE e SONY coas Gafas PlayStation VR.

 

imagen             imagen                imagen

 

 

 

Esta película é interesante para o mundo das TIC xa que a realidade virtual é algo que a día de hoxe esta en desenvolvemento, aínda que agora o único que hai son pequenos videoxogos pechados onde non hai demasiada acción estamos moi preto de empregar a realidade virtual na vida cotiá e usalo como un medio de conseguir diñeiro. Aínda que nesta película non se mostra como o principal traballo da xente si que se mostra como o lugar onde a xente gaña e perde diñeiro de verdade. De todas as películas futuristas que coñece esta paréceme a mais probable.

 

Tráiler da película: https://youtu.be/J0ZKannF6l4

 

  • Fontes de información

https://www.mediatrends.es/a/65544/que-es-vr-historia-tipos-gafas-realidad-virtual/- páxina da empresa MediaMark, entrada realizada por Oriol Naranjo, páxina principal www.mediatrends.es 

https://www.xataka.com/tag/realidad-virtual- Enlace da páxina xataka.com enlace con varias noticias sobre o tema a tratar

 

Entrada elaborada por Lucia Cruces no curso 2017-18

 

Tags: ,