A teoría do lamarckismo

A primeira teoría sobre a evoluvión, coñecida como transformismo ou lamarckismo, foi proposta polo naturalista Jean Baptiste de Lamarck.

Lamarck pensaba que unhas especies se transforman noutras de maneria continua ao londo do tempo. A súa teoría baseábase nestes puntos:

  • Os organismos mostran una tendencia cara á complexidade. Os organismos evolucionan desde formas simples a formas complexidade.
  • O uso repetido dun órgano produce o seu desenvolvement. Os cambios que se producen no medio fan que os seres vivos se adapten ao medio modificando certos órganos en función do seu uso o desuso. A función crea o órgano e o seu desuso produce dexeneración. Desta forma, os caracteres orixinais van sendo substituídos lentamente por unha seria de caracteres adaptativos ou caracteres adquiridos.
  • Os caracteres adquiridos son herdables. As modificacións inducidas polo ambiente, que un organismo adquire durante a súa vida, poden transmitirse á descendencia. Debido a isto a teoría de Lamarck tamén é coñecida como a teoría da herdanza dos caracteres adquiridos.

Cos coñecementos actuais sobre a xenética sábese que a teoría de Lamarck é incorrecta, xa que só se transmiten á descendencia os caracteres existentes nos xenes.

Bibliografía:

- Libro de bioloxía e xeoloxía, 4ºESO, editorial Santillana.

Webgrafía:

http://www.todabiologia.com/dicionario/lamarckismo.htm

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Dario Serodio

 

A teoría de Lamarck

 

imagen

Jean Baptiste de Lamarck naceu en 1744 en Bazetin-le- petit.Empezou no exército moi novo, pero deixouno por unha ferida no pescozo. Así que decidiu estudar medicina, pero nunca chegou a practicar. Lamarck empezou a meterse no mundo da botánica, xa que nese tempo a botánica estaba moi ligada á medicina. Non tardou en escribir un libro sobre a clasificación das especies, chamado “Flora de Francia”.

Grazas ao prestixio obtido co seu libro elixírono membro da Academia Francesa de Ciencias, obtendo un posto no Museo de Historia Natural. En 1973 pasou a ser profesor da área de insectos e vermes, departamento que logo el renomeou como zooloxía de invertebrados.

Lamarck escribiu sobre: invertebrados, meteoroloxía, química e hidroloxía, pero polo que é máis coñecido é pòla súa teoría da evolución, que expuxo no libro Filosofía Zoolóxica (1809).

Segundo Lamarck, os órganos adquírense ou pérdense como consecuencia do uso ou desuso, e os caracteres adquiridos por un ser vivo son herdados polos seus descendentes. Desta maneira un herbívoro que estire o pescozo para alcanzar as ramas altas, logrará que este se alongue, e tras varias xeracións transmitindo esta característica aos seus descendentes teríamos unha xirafa. Para Lamarck o principio que rexe a evolución é a necesidade e o desexo.

Diversas circunstancias fixeron que Lamarck perdese prestixio e a posición científica adquirida:  nunca expuxo con claridade nin razoou de forma coherente os seus sobrevalorados argumentos, subestimou as súas deficiencias, utilizou unha linguaxe presuntuosa; e gañouse a enemistade de importantes adversarios.

Lamarck morreu só, cego e empobrecido aos 85 anos (1829).

Webgrafía:

  1.  Educarm.es: É unha paxina da Conselleria de Educación, Cultura e Universidades da rexión de Murcia.
  2. www.sobiologia.com.br: Páxina educativa portuguesa, que vende produtos educativos e didácticos.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Eduardo Fortes

     

    Teoría do creacionismo

    A teoría creacionista ou fixista tenta explicar a orixe de todo na vontade de Deus. É contraria á teoría evolutiva, xa que considera que animais, humanos e plantas sempre foron da mesma forma, negando posibles cambios evolutivos.

    As persoas que se adhiren a esta doutrina son chamados creacionistas. Son aquelas persoas, científicos ou non, que cren que a Terra, e en xeral o sistema solar e o resto das estrelas do Universo, foi creada por Deus en seis días e fai non máis de 10000 anos, aproximadamente.

    Basicamente hai dous grupos de creacionistas:

    - os monocreacionistas, que sosteñen que Deus  só fixo unha creación, que as especies son inmutables e que os fósiles son simples pedras.

    - os policreacionistas, que ante a insostenibilidad de que un esqueleto enteiro dun dinosauro, mostrando todos os ósos, poida ser considerado un “capricho da Natureza”, interprétanos sostendo que Deus fixo varias creacións, eliminando a todos os seres vivos do planeta mediante grandes catástrofes. A última sería o diluvio universal.

    O creacionismo destácase principalmente polos «movementos antievolucionistas», tales como o deseño intelixente, cuxos partidarios buscan substituir ou polo menos contrarrestar o ensino da evolución biolóxica nas escolas e universidades por unha «causa intelixente», argumentando que existe un debate científico sobre a cuestión. En contraste con esta posición, a comunidade científica sostén a conveniencia de diferenciar entre o natural e o sobrenatural, de forma que non se obstaculice o desenvolvemento daqueles elementos que fan ao benestar dos seres humanos.

    Aínda que esta teoría pode explicar de forma simple, e tamén pouco precisa, por que os humanos sempre tivemos a mesma forma ou como sucedeu a Era de Xeo, segue sen explicar o paso máis importante de todos: como Deus creou todo? Con todo, adóitase xustificar que nós non temos o dereito a saber como fixo todo o Creador.

    A teoría creacionista adoita ter máis adeptos que detractores. Máis da metade das persoas en Estados Unidos cren que Deus creou ao home, e que ademais ó fixo coa mesma imaxe corporal e os mesmos trazos evolutivos que temos agora, fai aproximadamente dez mil anos.

    Na miña opinión ciencia e relixión non deben competir. A evolución non debe competir coas crenzas relixiosas xa que son temas totalmente diferentes que non se superpon.

    Fontes:

    Fonte da imaxe: Sinapsit.com Páxina científica, cultural e tecnolóxica  http://www.sinapsit.com/wp-content/uploads/2012/11/image29.png

    Wikipedia. Enciclopedia online.  http://es.wikipedia.org/wiki/Creacionismo

    Biology Cabinet. Páxina dedicada a investigación científica .  Artículo Didáctico escrito por Nasif Nahle Sabag, Wendy Noriega, Tony Landeros, Adip Said, S. Britto y Giovanni Rizzo. http://www.biocab.org/Creacionismo.html

    Ojo curioso. Páxina web dedicada as diferentes ramas da ciencia e do coñecemento. Artículo publicado por Lucia Vázquez.  http://curiosidades.batanga.com/2011/05/29/teoria-creacionista-o-fijista

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Christopher Vázquez

     

    Darwin, Neodarwinismo e a teoría sintética.

    A teoría da evolución biolóxica mediante a selección natural exposta por primeira vez por Charles Darwin no ano 1859 é probablemente a idea máis revolucionaria en canto a historia do pensamento humano se refire.

    -Evolución e selección natural:

    Aínda que os termos de selección natural e evolución aparecen normalmente ligados ambos non teñen nada que ver o un co outro.

    Darwin defendía que as especies que se atopan na terra na actualidade non son máis que a descendencia con modificación das súas especies predecesoras.

    Nos ao igual que calquera chimpancé da actualidade compartimos antepasados fai máis ou menos cinco millóns de anos. Se nos paramos a pensar todos temos un antecesor común con calquera bacteria existente, aínda que o tempo deste antecesor sexa moito maior co exemplo anterior.

    No tempo de Darwin as especies considerábanse entidades fixas e inmutables. As diferencias na forma, na conduta, ou na fisioloxía dos organismos dunha especie non son mais imperfeccións, errores na materialización ou na idea da especie.

    Darwin pensaba que a única realidade é a variación das especies, isto é, non existe un color de pel predeterminado na especie humana e cada persoa coa súa variación característica é un elemento esencial da nosa sociedade.

    -Neodarwinismo

    A síntese evolutiva moderna (neodarwinismo) significa polo xeral a integración da teoría evolutiva por selección natural de Darwin coa teoría xenética de Gregos Mendel como base da herdanza biolóxica, a mutación xenética aleatoria como fonte de variación e a xenética de poboacións matemáticas.

    É certamente difícil para un non-biólogo distinguir entre a conrriente do Neodarwinismo inicial e a Teoría Sintética da evolución, ésta e unha continuación da anteior, o igual que o Neodarwinismo a Teoría Neodarwinismo era a continuación da Teoría de Darwin como o seu propio nome indica.

    -Os principios modernos da selección natural

    Para a comunidade científica actual, no xeral, a selección natural é a reprodución diferencial dunhas variantes xenéticas respecto das outras.

    Podemos definila máis rigorosamente como o proceso que se da nunha poboación de entidades biolóxicas cando se compren as tres condicións seguintes:

    1. Variación fenotípica entre os individuos dunha poboación, isto consiste en que nos individuos dunha poboación se presentan diferenzas na súa forma ou conduta.
    2. Eficacia biolóxica diferencial asociada a variación, e dicir, os fenotipos variantes están asociados a unha maior reprodución.
    3. A herdanza da variación, require que esta variación se deba polo menos a unha variación xenética subxacente que permita a variación dos fenotipos seleccionados na seguinte xeración.

    Como se pode observar as diferenzas entre a idea inicial de Darwin sobre a selección natural e as ideas actuais, radican principalmente en que a selección natural non está relacionada cos individuos máis adaptados nin cos máis fortes senón cos que teñen mellor capacidade de descendencia.

    imagen

    Imaxe sacada de Wikipedia

    Fontes de información:

    http://www.profesorenlinea.cl/Ciencias/Seleccion_natural.html 

    Páxina educativa chilena.

    https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

     Enciclopedia libre en línea de libre escritura.

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Telmo Barbosa

     

    Fraude Científico.

    Hwang Woo-Suk é un científico surcoreano que é considerado por moitas persoas o científico líder na investigación no campo das células nai a pesar da súa falsificación sobre a clonación de embrións humanos. Naceu na provincia de Chungcheong Sur (corea do sur) en 1953. Hwang era profesor do Departamento de Therioxenoloxía da Universidade Nacional de Seúl. Está licenciado en veterinaria e especializouse na reprodución animal coa idea de aplicar a Biotecnoloxía.

    A fraude comezou en 2004 cando un equipo de científicos de Corea do Sur dirixido por Hwang Woo-Suk anunciaba conseguir por primeira vez na historia a clonación con éxito de embrións humanos e oobter células nai deles. A investigación comezou a ser sospeitosa e partir de 2005 e confirmouse que fora unha fraude.

    A fraude descubriuse grazas á Comisión de Investigación da Universidade de Seúl que encontrou serias deficiencias nos procedementos levados a cabo por Hwang. Grazas á investigación e á análise realizada por tres laboratorios confirmouse que Hwang Woo-Suk falsificara os resultados dos seus experimentos e que nunca existiron tales células nai. Tras descubrirse a mentira, o mesmo Hwang admitiu falsificar  algúns datos.

    As consecuencias desta fraude foron o grande escándalo na comunidade científica e na opinión pública mundial, danou a reputación da revista “Science“.

     imagen

    Webgrafía :

    1. ABC.es. Xornal dixital.Artículo escrito por Israel Viana periodista do xornal ABC

    http://www.abc.es/ciencia/20130516/abci-engano-clonacion-humana-hwang-201305161024.html

     2. Enciclopedia libre, políglota y editada colaborativamente.

    Wikipedia.org

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Eduardo Fortes

     

    Serendipia : Rayos-X

    imagen

    Unha serendipia é un descubrimento ou un achado afortunado e inesperado que se produce cando se está buscando outra cousa distinta. Tamén pode referirse á habilidade dun suxeito para recoñecer que fixo un descubrimento importante aínda que non teña relación co que busca. En termos máis xerais pódese denominar así tamén a casualidade, coincidencia ou accidente .

    En 1895 Conrad Roentgen  fixo un descubrimento asombroso. Este científico alemán, experimentaba sobre a natureza da electricidade en diferentes condicións. Unha delas era o que acontecía coa corrente eléctrica no baleiro. Para os seus experimentos empregaba o que se coñece o tubo de Coolidge chamado así porque tamén un físico inguas ideou este aparato para producir descargas eléctricas na ausencia de interferencias como o aire, e que consistía dun ánodo e dun cátodo colocados dentro dun tubo do cal se extrae ao aire para producir un baleiro.

    Ao prender de novo o tubo, o resplandor producíase novamente,entón decidiu retirar máis lonxe a solución de cristais e comprobou que a fluorescencia seguía producindose, así repetiu o experimento e determinou que os raios creaban unha radiación moi penetrante, pero invisible. Observou que os raios atravesaban grandes capas de papel e incluso metais menos densos que o chumbo.

    Imaxen de : riconeducativo.org   (da paxina taringa.net)

    Información: ojocientifico.com

    É un blogue feito por Andrés Rodríguez, un blogue informativo

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Jenifer Valiño

     

    O deseño intelixente

    O deseño intelixente é a corrente que sostén que a orixe do Universo, da vida e do home, son o resultado de accións  emprendidas de forma deliberada por un ou máis axentes intelixentes.

    O deseño intelixente é considerado pola comunidade científica só coma unha xustificación a posteriori da crenza nun creador determinado (Deus nas relixións monoteístas), presentada coma unha versión de creacionismo contemporáneo anti-evolución que trata de buscar a respetabilidade intelectual que o creacionismo clásico non foi capaz de obter.

    Esta pseudociencia utilízase na educación estadounidense para introducir a relixión e a súa teoría creacionista, xa que neste país está prohibido impartir clases de relixión nos centros educativos.

    Na miña opinión non se debería empregar unha “ciencia” para introducir unha relixión nos centros educativos, xa que isto é para o que se está utilizando o deseño intelixente.

    imagen

    Imaxe de Wikipedia

     http://axisvega.wordpress.com/about/ diccionario online

    http://www.sinapsit.com/evolucion/creacionismo-y-diseno-inteligente/  blogue de divulgación científica

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lois Gómez

     

    O motor híbrido

    O híbrido é un vehículo enerxeticamente eficiente, popular e exitoso. Contén un motor de combustión interna a gasolina e un motor eléctrico a batería. Os diferentes vehículos utilizan diferentes dispositivos para alternar entre o motor eléctrico e o de combustión interna. Pero todos os vehículos híbridos fan o mesmo: alternan entre enerxía a gasolina e enerxía batería. Os híbridos consumen menos gasolina que os vehículos comúns e xeran unha cantidade significativamente menor de emisións contaminantes.

    Tipos de coches híbridos

    Adóitanse considerar dúas clasificacións diferentes. Por unha parte atendendo ao seu principio de funcionamento falariamos de:

    • Híbrido en serie: o motor térmico non está conectado ás rodas e só funciona para mover un xerador que recargue de electricidade as baterías. O motor eléctrico é o encargado de mover as rodas.
    • Híbrido en paralelo: o motor térmico é o principal, mentres que o motor eléctrico é complementario e serve de axuda ao motor térmico cando se pide máis aceleración, sumándose as potencias dos dous.
    • Híbrido combinado: é o sistema máis complexo, os dous motores poden funcionar sós ou á vez. O motor eléctrico pode iniciar a marcha por si só. Cando se pide moita potencia funcionan os dous, o motor térmico pode funcionar tamén por si só a certas velocidades onde o seu rendemento é óptimo e tamén pode axudar a recargar as baterías.

    Honda Insight imagen técnica

    Na miña opinión os coches híbridos permiten un nivel de prestacións similar ao dun vehículo convencional pero cun menor gasto de combustible e, por suposto, de emisións á atmosfera polo que é bo para o medio ambiente.

    Fontes:

    -Schlumberger excellence in educational development seed. SEED é un programa educativo voluntario.

    -Xataka, apasionados por la ciencia. Feito por Ibáñez, colaborador de Xataka

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Aaron Martínez

     

    Internet

    1.  Que é a Internet?

    A Internet é unha rede de ordenadores descentralizada, para permitir a conexión entre ordenadores que operan a través dun protocolo de comunicación.

    2. Como funciona?

    A Web funciona seguindo un denominado modelo cliente-servidor, habitual nas aplicacións que funcionan nunha rede. Existe un servidor, que e quen presta ou servizo, e un cliente, que e quen ou recibe. O navegador e un programa co que un usuario interacciona para solicitar a un servidor web o envío de páxinas de información.

     

     3. Que vantaxes ten internet? Que inconvenientes?

     

    • Vantaxes
    1. Fai a comunicación moito máis sinxela.
    2. É posible coñecer e interactuar con moitas persoas de todas partes do mundo.
    3. A busca de información vólvese moito máis sinxela, sen ter que ir forzosamente ás bibliotecas tradicionais.
    4. É posible encontrar moitos puntos de vista diferente sobre algunha noticia.
    • Desvantaxes
    1. Así como é doado encontrar información boa, é posible encontrar, da mesma forma, información “mala”, desagradable (pornografía, violencia explícita, terrorismo) que pode afectar especialmente aos menores.
    2. Xérache unha gran dependencia ou vicio do internet, facéndote descoidar moitas cousas persoais ou laborais.
    3. Fai que os estudantes se esforcen menos en facer as súas tarefas, debido á mala práctica do copy/paste.
    4. A principal fonte da pirataría é o internet.
    5. Distrae aos empregados no seu traballo.
    6. Dependencia de procesos. Se hai un corte de internet, hai moitos procesos que quedan varados por esa dependencia.
    7. Dependencia de enerxía eléctrica.Se hai un corte de enerxía na casa, adeus internet.
    8. Fai que nazan outros males tales como o spam, o malware, a proliferación dos virus, o phising (intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta, como pode ser un contrasinal ou información detallada sobre tarxetas de crédito ou outra información bancaria), etc.

     imagen

    Imaxe publicada por pixabay.com

     Fontes

     

    -Artículo de Ventaxas e desventaxas de internet por David Mejía

     http://www.alumnosonline.com/notas/ventajas-desventajas-internet.html

     

    -Artículo de wikipedia.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Internet

     

    -es.answers.yahoo.com.

    https://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20091022145149AAusKlB

     

    -es.answers.yahoo.com.

    http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20090927162000AAwJ5Yv

     

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Aaron Martínez

     

    Evolución del automóvil

    imagen

    Su historia empieza en el siglo XVIII con vehículos a vapor. Al principio su creador -Ferdinand Verbiest- lo creó como un juguete para el emperador de China. El coche era de pequeña escala que no podía llevar un conductor. El primer coche a vapor que podría levar a alguien, fue construido por Nicolas Josep Cugnot,  diseñado inicialmente para arrastrar piezas de artillería. Con el tiempo lo fue innovando, añadiéndole volante, velocidad, freno de mano y otros accesorios.

    La evolución del coche se divide en cinco etapas:

    1ª Etapa veterana de 1900, en el que surgieron las primeras empresas (Panhard et Levassor y Peugeot);

    2ª Etapa del Latón o de Eduardiana, así nombrada por el uso frecuente del latón para las carrocerías;

    3ª Etapa de Época, que comprende desde el final de la Primera Guerra Mundial hasta la Gran Depresión de 1929;

    4ª Etapa preguerra (1929-1949) donde desarrollaran los coches completamente cerrados y de forma más redondeada;

    5ª Y por fin la etapa moderna en la cual estamos, se caracteriza por el desarrollo de motores más seguros, eficientes y menos contaminantes.

    Su invento facilitó en gran medida la vida de las personas, haciendo que el transporte de un lugar a otro sea mucho más rápida y cómoda, fue construido exclusivamente para el lujo del ser humano. Pero a pesar de llevar una vida más cómoda, contaminan continuamente el medio ambiente. Pero con la tecnología avanzando cada vez más no tardará mucho en encontrar una solución para esto.

    Fontes:

    - Blogue Educar, material desarrollado, copilado y revisado por la educadora Nidia Cobiella (http://www.educar.org/inventos/transportes/automovil.asp)

    - EL Almanaque- Revista digital, artigo de autor desconocido (http://www.elalmanaque.com/motor/historia.htm)

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Carrera