Os fornos de microondas

  O forno microondas é un electrodoméstico que utilizamos para quentar alimentos. Funciona mediante radiacións de microondas. Esta radiación  fai que as moléculas de auga se movan con moita rapidez, o que provoca calor por fricción entre as moléculas das comidas. Todos os alimentos conteñen agua en maior ou menor medida polo que é posible quentar ou cociñar calquera elemento ou substancia que conteña algo de auga.

  Dentro do forno, hai un dispositivo eléctrico chamado magnetrón que produce microondas de alta intensidade e as transporta a un ventilador para transmitilas ó compartimento onde poñemos a comida.

 O magnetrón é una pequena cavidade metálica cun filamento quentado a altísima temperatura que emite electróns e con unha alta voltaxe que os acelera. Un poderoso imán fai xirar os electróns e este movemento xiratorio é o que xera a microonda.

Estes electróns son liberados en forma de microondas ó interior do forno polo ventilador e unha vez alí rebotan en tódalas direccións ata impactar no alimento.

O forno de microondas descubriuse por casualidade  nunhas probas de radares militares con magnetróns para detectar tanques  e outras unidades inimigas, xa que Percy Spencer, un enxeñeiro da Raytheon, interpúxose por uns instantes diante do magnetrón, e o chocolate que tiña nun dos petos derreteuse, despois comprobouno e era certo. Un tempo despois sairía á venda o primeiro forno microondas, do tamaño dunha neveira.

imagen

Imaxe de Frank Navarrete  en Taringa!

Fontes de información:

  www.curiosidades.batanga.com ou “Ojo curioso” é un sitio web dedicado ás diferentes ramas da ciencia e o coñecemento. Novidades, información e curiosidades sobre os avances científicos  e o saber.

  www.quo.es é unha revista de período mensual que aborda a divulgación científica a través do pensamento e o entretemento. A revista foi creada pola filial española da editorial francesa Hachette Filipacchi.

  www.taringa.net é unha comunidade virtual de orixe arxentino creada en 2004 por Fernando Sanz e adquirida en novembro de 2006 polos irmáns Matías e Hernán Botbol, y Alberto Nakayama. En Taringa! os usuarios poden compartir todo tipo de información por medio de mensaxes a través dun sistema colaborativo de interacción.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Anxo Rodríguez

 

Serendipia: a penicilina

imagen

En 1928, o investigador Alexander Fleming descubriu a penicilina, un acontecemento que cambiaría o curso da historia da mediciña. A penicilina foi un dos primeros antibióticos que se inventaron e tamén un dos máis utilizados en todo o mundo . Durante anos, grazas aos descubrimentos do seu creador, os antibióticos a base de penicilina salvaron a vida de millóns de persoas, razón pola cal esta invención constitúe unha das más importantes da historia.

Este descubrimento, que o investigador non deu a coñecer ata 1929, abriu as portas da revolución antibiótica. Moitas especialidades médicas non existirían hoxe se Fleming non encontrase nunha placa do seu microscopio un fungo bautizado como “Penicillium notatum”.

Fleming estaba traballando cunhas bacterias chamadas estafilococos dourados. Casualmente, descubriu que éstas eran destruidas por un fungo moi común orixinado pola descomposición de certas sustancias. Este científico británico descubriu, sen propoñelo, o poder bactericida deste fungo.

 Fontes:

“Ciencias Naturales” Web con recursos para o estudio das Ciencias –>

http://www.areaciencias.com/DESCUBRIMIENTOS%20CIENTIFICOS/COMO%20SE%20DESCUBRIO%20LA%20PENICILINA.htm

“Ojo curioso” Artigo de Fernando Pino sobre a orixe da penicilina –>

http://curiosidades.batanga.com/2010/10/02/como-se-descubrio-la-penicilina

Fonte da imaxe: Wikipedia.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Laura Fernández

 

OS RAIOS X

Os Raios X foron descubertos no ano 1895 por Wilhelm Röntgen cando estaba realizando unha serie de experimentos cos que pretendía analizar a fluorescencia violeta dos raios catódico (correntes de electróns en tubos de vacío). Grazas a un resplandor amarelo verdoso deuse conta de que algo máis estaba pasando no seu experimento e decidiu recubrir o tubo con cartón negro. Cando fixo isto tamén puido ver que estes raios eran moi fortes e capaces de atravesar unhas capas de materia considerables e incluso metales lixeiros pero eran imperceptibles pola vista.

 imagen            imagen

Seguiu investigando durante semanas e cando intentou fotografiar o seu descubrimento deuse conta de que este tipo de raios afectaba ao material fotográfico e os carretes saían velados e cando puxo a man entre o tubo que emitía os raios e a pantalla puido ver os osos da súa mán. A primeira radiografía que se coñece é a da mán da súa muller

FONTES:

Sobre Historia é un portal que se adica a redactar articulos sobre acontecemenos históricos.

Historias da Ciencia é un blogue que conta anécdotas sobre técnicos, científicos e curiosidades da historia.

Wikipedia. Enciclopedia virtual.

Foto 1: Foto sacada de Yo Visto 

Foto 2: Foto sacada de Noticias con Historia 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Marcos Iglesias

 

Ouro impuro: a loita por Corcoesto

O luns 27 de outubro Ramón Varela, xornalista medioambiental, deu unha charla de concienciación sobre o problema das minas a ceo aberto; en concreto falounos do proxecto de megaminería que estivo a piques de asentarse en terras galegas, en Corcoesto no concello de Cabana de Bergantiños, e que aínda esta a dar os últimos coletazos.

imagen

 Ramón Varela, portavoz da “Plataforma Salvemos Cabana” fixo un repaso dos moitos aspectos relacionados coa megaminería:

  • Primeiro falou dos valores medioambientais, económicos e sociais da zona da Costa da morte que se vería afectada por esta obra;
  • En segundo lugar recordounos algúns aspectos históricos da mineria do ouro en terras galegas ou de comunidades veciñas, poñendo en valor algúns restos arqueolóxicos dos nosos museos ou paisaxes ben coñecidas como as Medulas de León.
  • En terceiro lugar repasou os impactos de este tipo de explotacións, así como as respostas sociais de protesta; empregando exemplos documentados doutros países nos que xa se están a levar a cabo, como a baixa California en México, o caso de Arxentina ou de recente actualidade un vertido de colosais dimensións na mina de Mount Polley en Canada.
  • Finalmente analizouse polo miúdo o caso da mina de ouro de Corcoesto, con ampla información, non so do seu impacto medioambiental, senón tamén das implicacións económicas, sociais, culturais e políticas, así como, a influenza dos medios de comunicación, que non poden menos que facernos reflexionar.

Un aspecto importante no caso galego, no que ademais de Corcoesto parece haber un posible interese en outras zonas de Galicia, foi a resposta social que permitiu frear o proxecto.


Moitas grazas a Ramón Varela pola súa conferencia, así como por toda a información aportada. Tamén queremos agradecer a todos os asistentes o voso interese e participación.

Aquí tedes o enlace para ver as fotos da charla.

Apenas puidemos preguntar, por falta de tempo, nin aclarar as últimas dúbidas, polo que a nosa proposta é que expoñades aquí esas cuestións que quedaron para enviarllas á Ramón Varela.

Polo momento aquí tedes algúns enlaces máis, aportados tamén polo conferenciante con novas de actualidade relacionadas coa megaminería.

 

O fraude científico de “John Herschel”

O martes 25 de agosto de 1835, the New York Sun comezou a publicar unha serie de descubrimentos lunares supostamente feitos polo matemático e astónomo John Herschel, fillo do famoso William Herschel (quen descubriu o planeta Urano e outros numerosos obxectos celestes). A narrativa foi publicada durante cinco días consecutivos no xornal e é considerada unha das farsas mediáticas máis famosa de todos os tempos.

 

John Herschel encontrábase en Cidade do Cabo co obxectivo de catalogar estrelas, nebulosas e outros corpos celestes visibles dende o hemisferio sur, para completar a clasificación estelar iniciada polo seu pai. De feito, cando regresou a Londres en 1838 gañou unha medalla da Royal Society polos seus resultados. O escritor inglés Richard Adams Locke foi o xoven que publicou os artigos nos que John Herschel explicaba que avistara no noso satélite vastos bosques, cráteres, grandes lagos, océanos e praias. Tamén contaba a gran diversidade de especies que albergaba (pelícanos, cangrexos, unicornios, cebras etc), nas que se incluía no terceiro día das publicacións, a existencia dun home morcego. Os lectores, que esperaban ansiosos máis novas, foron informados de que o telescopio quedara xirado cara o sol, polo que os raios solares deixaron inservible o telescopio. Cando lle contaron a historia a John Herschel sobre os documentos que supostamente fixo e entregara ao Dr. Grant para enviarllos ao Edinburgh Journal of Science , a súa reacción foi rirse.

 

Finalmente, Locke non tivo máis remedio que admitir a verdade, aínda que a burla mediática xa traspasara as fronteiras de Estados Unidos e chegara a outros países. Incluso existe unha tradución ao español, de 1836, realizada por Francisco de Carrión.

 

imagen

Grandes descubrimientos astronómicos hechos recientemente por Sir. J. Herschel en el Cabo de Buena Esperanza (1836), tradución ao castelán dos artículos aparecidos no New York Sun.

Fonte da imaxe:  http://mizar.blogalia.com

 

 

 

Fontes

 http://laaventuradelaciencia.blogspot.com.es , páxina de ciencia na que a xente  publica información sacada de outras fontes

http://hoaxes.org , páxina inglesa de fraudes científicos (nesta páxina aparecen as publicacións do xornal dos cinco días en inglés)

 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Nara González

 

O fraude científico da clonación humana.

En 2004, Hwang Woo-Suk con axuda dun equipo científico, asegurou saber cómo clonar con éxito embrións humanos e tamén como extraer células nai deles. O ano seguinte mantíñan a súa idea e decían que manipulando o contido xenético destas células podían facelas indistinguibles pero a partir do 2005 o experimento comezou a ser investigado e descubriuse que era fraudulento. Publicouse que mercaban óvulos humanos, cousa que era ilegal. Estes óvulos estaban fertilizados e as células nai eran falsas.

 Como consecuencia, moitos científicos que confiaban no proxecto, levaron unha desilusión porque crían ter cura para enfermidades como o alzhéimer ou o párkinson.

Foi un dos escándalos máis comentados do 2005, e actualmente está condeado a dous anos de cárcere e acusado de malversación de fondos estatales e violación das leis bioéticas.

 imagen

(fotografía sacada do periódico ABC) 

 Fontes:

1ª:  es.slideshare.net/ : páxina de presentacións de autor descoñecido

http://es.slideshare.net/claaaaaaaaaaaaaaaaaaaaudi/el-fraude-cientfico-de-hwang-woo-suk

2ª: www.wikipedia.org : páxina informativa

 http://es.wikipedia.org/wiki/Hwang_Woo-Suk

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Martínez

 

Microondas: caso de serendipia.

Cara 1946 Percy Spencer era un enxeñeiro da empresa Raytheon, dedicada á investigación científica. Spencer estaba a realizar investigacións cun magnetrón (un xerador de altas frecuencias para usalo como radar); tras pasar un tempo ao lado deste invento, sacou unha barra de chocolate do bolso da súa bata e comprobou que estaba fundida.

Tras darlle voltas a este feito, buscou uns cantos grans de millo e púxoos ao lado do magnetrón: ao pouco tempo tiña palomitas. Ao día seguinte chamou a un amigo e puxo un ovo ao lado do magnetrón: este empezou a vibrar e estalou salpicándolles a cara de xema quente. Spencer comprendeu deseguida que as microondas de baixa intensidade producían unha serie de reaccións que daban como resultado unha suba de temperatura, e ocorréuselle a idea de facer un forno empregando este sistema.

Os enxeñeiros de Raytheon estudaron e perfeccionaron os primeiros bosquexos de Spencer, patentouse en 1946 e ao ano seguinte viu a luz o primeiro microondas. Ao principio só foi usado en restaurantes, industrias e lugares especiais onde fose dificil manter a comida quente, pero nos anos 70, tras numerosas melloras, o microondas era xa un forno doméstico presente en numerosos fogares de todo o mundo.

imagen

(imaxe de www.taringa.net)

 Fontes:

1ª: Páxina de electrónica : www.unicrom.com

http://www.unicrom.com/Art_inicio_microondas.asp

2ª:Blogue personal creado por Juanma :  http://grandesinventosdelahumanidad.blogspot.com.es/

 http://grandesinventosdelahumanidad.blogspot.com.es/2009/02/percy-lebaron-spencer.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lydia Bernárdez

 

O Cambio Climático

Sen dúbida é este o principal problema ambiental co que nos atopamos na actualidade…

imagen

O uso que facemos da natureza é a causante deste cambio que ameaza a supervivencia do mundo tal e como ocoñecemos; somos os causantes, e polo tanto, somos tamén os responsables de atopar unha solución…
Os científicos advírtennos que o cambio climático non soamente supón unha pouca máis de calor e unhas cantas tormentas. Sen esaxerar: a nosa *supervivencia* periga!!. Esta é unha loita para salvar o mundo.

A nosa biosfera atópase nun equilibrio delicado. Se a quentamos un pouco, existen mecanismos que fan que o cambio climático se retroaliménte. O quecemento global derrite o xeo do Ártico que reflicte, coma se tratásese dun espello, a luz do sol, o que significa maior quecemento que, á súa vez, produce maiores desxeos. Estes círculos viciosos xa comezaron, e estánse achegando a puntos de inflexión onde actuarán de forma descontrolada, pondo en perigo todo o que amamos.

A ONU convocou a póxima reunión mundial en decembro de 2014 en Lima, Peru para que os líderes mundiais discutan os próximos pasos; contarán cos datos do AR5 o quinto informe do IPCC (Panel intergubernamental de expertos sobre o cambio climático); este informe acaba de facerse público. Pero os nosos líderes son políticos, non científicos, e só responden cando hai unha potente presión cidadá.

O triángulo CIENCIA-TECNOLOXÍA-SOCIEDADE

ten moito que ver nas causas e nas posibles solucións.

Podrías comentar por que?

imagen

Aquí tes varias páxinas para buscar ou ampliar máis información:

Páxina oficial do IPCC

Resumo do AR5, o último informe do IPCC, dado a coñecer en novembro de 2014. FundaciónBiodiversidade.

Páxina con información en castelán: cambio climático global

Efectos do Cambio Climático  na flora e fauna na península ibérica en distintos escenarios.

AEMET, Axencia Estatal de Meteoroloxía. Previsións  de cambios climáticos para a península e Galicia.

Conferencia de James Lovelock en Santiago de Compostela. (A Conferencia empeza no minuto 14:00)

 

LIXO NAS AUGAS?

imagen

   Os plásticos son uns dos contaminantes máis perigosos, pois máis de 6,4 millons de toneladas de plástico chegan cada ano ás profundidades dos océanos. Denominada basura mariña, constitúee un dos máis graves problemas de contaminación dos nosos océanos e o peor de todo é que é imparable. Máis do 60% do lixo que chega ao mar son plásticos.

  Xa no ano 2005 o  PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente), puntualizaba que por kilómetro cadrado se atopaban unhas 13.000 partículas plásticas, ben flotando, ben no fondo do mar. As zonas situadas preto das costas de Francia, España e Italia son las más contaminadas do Planeta; nelas atópanse 1935 fragmentos por kilómetro cadrado. Isto débese, en gran medida, ao turismo que teñen estas zonas.

  O plástico pode provocar multitude de danos na biodiversidade mariña, como por exemplo formando parte da alimentación dos peixes, provocándolles, na maioría dos casos, a morte. Outro dos problemas é que nos plásticos vertidos ao mar, viaxan multitude de especies virulentas e invasoras que rematan coa vida de moitas especies mariñas.

 Por exemplo, unha das especies máis emblemáticas dos océanos, a tortuga boba, atópase en peligro de extinción. Ben, pois nada menos que o 75% das mortes de estes exemplares están provocadas pola inxestión de plásticos. Este é un dato que nos ten que levar á reflexión, pois…Que consecuencias para o medio pode ter a desaparición deste exemplar, ao modificar, por exemplo, a súa cadea trófica?

  Moita xente non é consciente de como pode acabar  coa natureza estes plásticos. Por exemplo, unha bolsa tarda 150 anos en comezar a degradarse, ou o que é o mesmo, a bolsa que acabamos de usar transportando o que mercamos no supermercado, aínda estará nos océanos da terra mentres os nosos netos ou bisnetos vivan, e producindo a morte de seres vivos. Hai que atopar urxentemente solucións a isto. Quizais o mellor fose utilizar materias que se degraden na natureza como o papel, e facerlle caso ás campañas actuais de diferentes asociacións medioambientais. É posible cambiar isto? Considérase que si, pero , hai que admitilo, difícil. Somos moitos, e buscamos o estado de máxima comodidade e beneficios. Pero a longo prazo…Convennos?

imagen

Fontes de información:

Veo Verde, blogue dunha asociación medioambiental

National Geographic, revista interesante de divulgación científica

Imaxes:

 páxina web de technofrakz

páxina web da asociación Veo Verde

Esta entrada foi elaborada por Laura Guillade no curso 2013-14

 

DEFORESTACIÓN

 A deforestación é a destrucción a gran escala dos bosques pola acción humana. Millóns de hectáreas se degradan ou destrúen anualmente. Éstas son taladas ou queimadas, aproximadamente  o equivalente a superficie dun campo de fútbol cada dous segundos.

A deforestación avanza a un ritmo de unhas 17 millóns de hectáreas ao ano. Fai 8.000 anos había uns 6.000 millóns de hectáreas.  Desde entón destruíuse máis da metade da cuberta forestal da Terra.

Os bosques desempeñan un papel clave no almacenamento de carbono, pois son os pulmóns da Terra. Cando se destrúen, o exceso de dióxido de carbono na atmofera contribúe o quencemento global da Terra, e isto comporta multitude de efectos secundarios problemáticos.

A principal causa de deforestación é o cambio de uso do solo para covertir os bosques en pastos ou campos de cultivo. Esta práctica foi fomentada por todos os niveis de goberno, que só viron os bosques e as selvas como terreos ociosos, sen poder entender os seus múltiples beneficios nin o seu  carácter vital. Una serie de incentivos perversos brindados polos gobernos  propiciaron que a xente corte os seus bosques a cambio de recursos económicos. Otro factor que atenta contra os bosques é a tala ilegal, un problema  moi grave sobre todo en países como México onde se estima que o 70% do mercado nacional da madeira ten procedencia ilegal.

Entre as  consecuencias directas da deforestación, encóntrase a desaparición dos sumidoiros de dióxido de carbono, reducindo así a capacidade do medio para poder absorber ese CO2 e convertilo en osíxeno e así reducir o efecto invernadoiro. Ademais ao realizar tanta queima prodúcese obligatoriamente uns cambios nos solos que logo alterará directamente o clima do lugar ao quedar con menor cantidade de retención húmida, provocando de esta maneira sequías.

A deforestación conleva unha drástica diminución no suministro de auga a escala e local e nacional. Asi mesmo, rompe o equilibrio climántico a nivel rexional e incluso planetario, o cal exacerba a ameaza que representa o cambio climático global.

Por estes motivo,  considerase que unha das maneiras máis factibles e urxentes para reducir o incremento na temperatura promedio do planeta é, precisamente, deter a deforestación.

Unha das medidas que se están levando a cabo é a Cero Deforestación, e dicir, deter a pérdida de bosques e selvas, a máis tardar no año 2020.

Isto  significa resolver as causas de fondo da deforestación e nos só  intentar “compensar”  ou “repoñer” a pérdida de bosques con reforestación e plantacións forestais comerciais que no impiden que sigan desaparecendo os ecosistemas naturais. Estas son só falsas soluciones: non deteñen a deforestación, non evitan a pérdida de biodiversidade, non garantizan o noso abastecemento  de agua e, sobre todo, non mitigan no cambio climático.

Aquí vos deixo un vídeo sobre a deforestación en México, onde cada ano se perden ao redor de 500 mil hectáreas de bosques.Este vídeo é collido de youtube e está subido por greenpeacemexico.


Este tema ten moita importancia na actualidade e creo que non somos moi conscientes diso. Por iso teríamos que concienciarnos e buscar solucións antes de  que acabemos sen bosques e sen todo o que trae consigo.

Páxinas visitadas:

Páxina educativa sobre o ecoloxismo: http://www.ecologismo.com/cambio-climatico/consecuencias-de-la-deforestacion/#bt

Páxina educativa: http://www.proyectopv.org/1-verdad/deforestacion.htm

Páxina oficial de greenpeace: http://www.greenpeace.org/mexico/es/Campanas/Bosques/La-deforestacion-y-sus-causas/

Esta entrada foi elaborada por Alba Bernárdez no curso 2013-14