A orixe dos planetas

imagen

Hai 5000 millóns de anos, o que hoxe coñecemos como Sistema Solar, era unha gran nebulosa de po e gas. Esta gran nebulosa comezou a xirar grazas á forza da gravidade provocando que se convertera nun disco aplanado. Os materias máis densos, como o hidróxeno, achegáronse ao centro do disco. Estes átomos de hidróxeno comezaron a comprimirse e deron lugar aos átomos de helio.

Grazas a esta fusión naceu o protosol, que tempo máis tarde daría lugar ao Sol de hoxe en día.

Porén, as partículas máis lixeiras quedaron máis lonxe e foron cara o exterior.

As partículas que quedaron soltas ao redor, os planetesimais, comezaron a colisionar grazas a forza gravitatoria (proceso de acreción). Pouco a pouco comezaron a xurdir corpos máis grades, os planetoides, que seguiron facéndose máis grandes e deron lugar aos actuais planetas. Nos seus inicios os planetas presentaban unha alta temperatura que foi diminuindo, de xeito que cada planeta creou unha atmosfera propia.

Os planetas pódense dividir en rocosos (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e gaseosos (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno). Estes dous grupos están separados polo cinturón de asteroides.

Aquí deixovos un vídeo do capítulo “La Vida” da serie Hiperespacio con Sam Neil que explica brevemente a teoría sobre a orixe dos planetas:


A información que empreguei para este post  saqueinada páxina web plataforma e-ducativa de Aragón e no blogue do I.E.S. Renacimiento de Madrid.

Bibliografía:

http://experimentemos.wordpress.com/2011/03/04/teoria-planetesimal/

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio/750/975/html/1_origen_y_evolucin_del_sistema_solar.html

http://www.youtube.com/watch?v=4iCuHjvehvU, 100, 100[/SWF]

Esta entrada foi elaborada por Jasmin Márquez no curso 2013-14

 

A orixe do Sistema solar.


Vou falar sobre a orixe do Sistema solar e as diferentes teorías que hai. Existen moitas teoríasrelixiosas e filosóficas sobre a formación do sistema solar pero ningunha se sostén nunha teoría científica. As dúas teorías científicas sobre esta formación pódense dividir en catastróficas e evolutivas.

A zona do Sistema Solar, fai un seis mil millóns de anos, era unha nube de hidróxeno cun pouco de helio e rastros doutros elementos. A nube de gas comezou a aglomerarse debido a atracción gravitacional, a materia foi caendo nesta nube facéndose máis grande. Os átomos, tiñan un movemento propio antes de caer, e a nube comezou a xirar. Cando todas as correntes de gas uníronse nun mesmo remuiño de gas, no que aínda hoxe, atópase o Sol. Esta nube de gas, repetiuse nunha menor escala, co mesmo proceso, formándose centos de planetesimais, xirando sobre si mesmos e viaxando arredor da nube central (o Sol). Na zona media do Sistema S0lar, formáronse dous planetesimais que foron absorbendo a maior parte dos gases que se encontraran na zona. Estes dous planetesimais foron Xúpiter e Saturno, que eliminaron varios destes planetesimais, facéndose máis grandes, e provocando con eses acercamentos, catástrofes planetarias onde os planetesimais chocaban entre eles, formando planetas de maior tamaño. Tras centos de millóns de anos, o Sistema solar estaba composto por un centro masivo pero apagado, ata a formación do Sol.

Fonte de información:

Páxina personal de Juan Polaino López, entrada sobre a orixe do Sistema Solar

Esta entrada foi elaborada por Érica Estévez no curso 2013-14

 

A orixe do Sistema Solar

Desde os tempos de Newton pódese dicir que a orixe do Sistema Solar é un problema distinto do da creación do Universo.

Segundo a teoría máis aceptada hoxe en día, o sistema solar formouse hai uns 4600 millóns de anos a partir dun colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circumestelar protoplanetario no que ocorreron os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O sistema solar localízase na nube interestelar local que se atopa na burbulla local da espiral Vía Láctea a uns 28000 anos luz do seu centro.

O sistema solar consiste en grupos de obxectos astronómicos que xiran  arredor dunha órbita. Todos os planetas maiores xiran arredor do Sol, na mesma dirección, no sentido contrario das agullas do reloxo. Os planetas atópanse espazados a distancias uniformemente crecentes a partir do sol. Todos os planetas xiran arredor dos seus prospectivos planetas no plano do ecuador planetario, e sempre en sentido contrario das agullas do reloxo. A regularidade  dos movementos xurdiu de maneira natural.

imagen

FONTES DE INFORMACIÓN:

-http://www.astromia.com/universo/vialactea.htm  a páxina científica de astronomía

-http://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_Solar

Esta entrada foi elaborada por Paula Moldes no curso 2013-14

 

A teoría dos planetesimais

 A teoría dos planetesimais que é a teoría máis aceptada sobre a orixe do universo. Crearona os astrónomos CARL F. VON WEIZSÄCKER e GERARD KUIPER, entre 1944 e 1950. Esta teoría di que o sistema solar se formou a partir do po e do gas dunha nebulosa procedente da Vía Láctea.

A nebulosa crea a súa propia forza gravitatoria, debido a densidade que posee e co colapso gravitatorio no núcleo crease unha grande estrela, o sol. Ao redor da estrela formase un disco no plano do ecuador, ese disco de gas orbita ao redor dela. O disco de gas e de po aplanado vai a ter unha temperatura alta en todas as partes cercanas ao sol, e baixas nas partes máis alexadas. Os materiais de maior tamaño dispuxéronse máis preto do centro, despois, no seo do disco aparecen concentracións chamadas planetesimais, repartidas en órbitas diferentes ao redor do sol. O tamaño de ditos obxectos, no interior do sistema, corresponde ao de un gran esteroide similar ao tamaño da nosa lúa. Os planetas máis afastados do sol foron os últimos en formarse.  Os planetesimais foron o xerme dos futuros planetas. O sistema solar quedou dividido por corpos sólidos e gasosos, formáronse materiais mais densos preto do sol e condensáronse mais lonxe do sol planetas exteriores gasosos. Finalmente o sistema solar quedou dividido en planetas que se arrefriaron e crearon unha atmosfera cos gases liberados.

A teoría planetesimal explica por que xiran todos os planetas no mesmo sentido que o sol?

Como xustifica a teoría planetesimal que as órbitas de todos os planetas se sitúen no mesmo plano?

imagen

http://cmcirubide.blogspot.com.es/2008/10/el-origen-del-sistema-solar-teora-de.html 

-Blogue de “Ciencias para el Mundo Contemporáneo” do IES Padre Moret- Irubide de Pamplona (Navarra)

-Presentación en salideshare sobre os planetesimais, de autor descoñecido  http://www.slideshare.net/corduente/teora-planetesimal-14822754

Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14

 

Homo sapiens en Europa

imagen

O homo sapiens estendeuse por Europa, África e Asia. Hai uns 46.000 anos que chegou a Europa. Expandiuse por este continente máis rapidamente do que pensaban. Paul Mellars, do departamento de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge, chegou a esas conclusións despois de aplicar a restos fósiles dos nosos ancestros o método do carbono 14 con dúas recentes melloras que permiten unha maior precisión.

Esta técnica parte de que todo ser vivo ten ata a morte ten unha certa cantidade de ese isótopo, que cando o organismo morre desintégrase a un ritmo constante. Coñécese a cantidade de ese elemento presente en diferentes especies vexetais e animais, é posible establecer a súa antigüidade a partir dos seus restos fósiles.

Mellars apunta que o Homo sapiens entrou no Oriente Próximo hai uns 49.000 anos, cruzou o Bósforo hai uns 46.000 anos e pisou Francia e España fai uns 41.000 anos.

Eu penso que algo en común cos homínidos, temos, aínda que sea un antecesor moi lexano, e vos que pensades? Coméntao

FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.historialuniversal.com/2009/04/homo-sapiens-hombre-de-cro-magnon-ser.html páxina de historia, ofrecida por lahistoriacultural@gmail.com

http://www.consumer.es/web/es/educacion/2006/02/23/149635.php

http://rubitofilosofico.blogspot.com.es/ , a imaxe saqueina de este blogue, correspondente a un alumno de 1 de bachiller, do IES León Felipe.

Esta entrada foi elaborada por Paula Moldes no curso 2013-14

 

COLTÁN, O OURO GRIS.

 O coltán é un mineral que se extrae sobre todo de países de África, principalmente do Congo . É tan importante a nivel mundial porque é fundamental para a fabricación de aparellos electrónicos como poden ser os móbiles.

Este mineral chámase así porque esta formado por dous compoñentes: a columbita e a tantalita.

 Con este mineral prodúcense infinidade de productos electrónicos avanzados. O tántalo utilizase para a fabricación de condensadores. O condensador de tántalo é o tipo de condensador que máis se utiliza na actualidade en aparellos electrónicos. Aínda que os dispositivos poden funcionar con condensadores electrolíticos normales, os de tántalo  proporciónanlle máis calidade o producto, xa que son máis exactos, aguantan altas temperaturas e son máis pequenos.

A explotación deste mineral considérase o culpable da guerra que sofre a República Democrática do Congo actualmente, xa que, en 1998 Ruanda e Uganda aproveitando o débil estado do Congo invadiron militarmente ese territorio para facerse coas explotacións de coltán. Dende que se empezou a extraer este mineral morreron xa 5′5 millons de persoas.

A explotación deste mineral non só é un problema de caracter social e político, senon tamén medioambiental xa que, a extracción do coltán  provoca a contaminación de ríos, de lagos, a destrucción do entorno e o desprazamento de persoas e especies. Dase o caso de que nos lugares que se está explotando coltán na actualidade existen reservas de gorilas en perigo de extinción.

O Congo non é o único lugar donde se explota este mineral, en Brasil e Serra Leona tamén hai xacementos de Coltán. E ultimamente estívose estudando a posibilidade da existencia deste mineral en zonas de Galicia, exactamente en Ourense. E barállase a posibilidade de abrir unha mina dentro dun ano entre os montes de Forcarei e Beariz.

Aquí deixovos un vídeo sobre outro dos problemas da extracción de coltán, o traballo infantil:  

Video de AFP, agencia mundial de noticias.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Páxina con árticulos sobre ecoloxía. 

Portal sobre Ciencia e Tecnoloxía 

Coltán Wikipedia 

Esta entrada foi elaborada por Marcos Iglesias no curso 2013-14

 

Futuras enerxías revonables

As enerxías renovables son as enerxías inesgotables que  proceden de recursos naturais que se consideran que se poden substituir ao mesmo ritmo que se consumen. Aínda que esta definición contradícese ao haber sobrexplotación de este recurso natural .

Está moi prensente actualmente a búsqueda de novas enerxías renovables que non contaminen ao medio ambiente. É dicir, cando se busca unha nova forma de conseguir enerxía renobable, buscase reducir a presencia de CO2 na atmósfera para que non favoreza o incremento do efecto invernadoiro e reducir os contaminantes no seu proceso.

Un exemplo é a enerxía solar ou fotovoltaica.

Explicación placas fotovoltaicas

A enerxía fotovoltaica conseguese por un proceso no que participan as células fotovoltaicas, que constituen ós paneis de silicio, ao incidir a luz solar neles. Estas ao ser semiconductoras provocan un fluxo de electróns (electricidade continua) que se resgarda en baterias e posteriormente se transforma a corrente alterna e se libera ás redes electricas para a súa distribución.

En Portugal, dende fai dous anos incrementouse o uso da enerxía solar chegando a haber unha placa fotovoltaica na maioría dos semaforos. Tamén está regulado por lei que nos novos edificios debe haber  mínimo un panel de enerxía solar. Pero en España, ter este tipo de enerxías sae máis caro. Isto débese ao 5% de “Imposto ao sol” que deben pagar a máis os autoconsumidores, o que o fai pouco rentable, e máis cando estes consumidores fan un uso eficiente de electricidade ou viven sos.

Casa con placas fotovoltaicas

O uso de esta enerxía renovable creo que é o que mais rentable sae debido que o Sol é un recurso que poderíamos case decir que é o menos inesgotable. Tamén hai que mirar que na Unión Europea, España e  Portugal son os dous países que máis horas de iluminación teñen, é isto, é un beneficio moi valioso. Pero sempre tendo en conta que esta enerxía non debe repercutir no medio terrestre. Un exemplo sobre o  mal uso de esta enerxía é a construcción destas placas en parques e solos que poderían ser o habitat de miles de especies de flora e fauna. Por iso defendo o seu uso en  en zonas que xa están arruinadas polo medio ambiente como nos tellados das vivendas.

¿ Que opinades vos sobre o uso de enerxía solar?

Para máis información:

http://www.solarweb.net/solar-fotovoltaica.php

 http://www.ennaranja.com/para-ahorradores/energia-solar-fotovoltaica-para-autoconsumo-es-el-momento/

Paxinas de busqueda de información e imaxes:

-   http://www.allpe.com/seccion_detalle.php?idseccion=268 - Paxina Allpe Medio Ambiente consultoría ambiental

http://economia.elpais.com/economia/2014/02/13/vivienda/1392302987_715297.html - Artículo de prensa do periódico: ” El país” sobre os paneis solares.

- http://www.agenergia.org/files/resourcesmodule/@random49914e4ed9045/1234262332_aprovechar_energia_FV_itc_05.pdf - Páxina con información cedida por ITC sobre enerxía solar.

-   http://nergiza.com/me-desenchufo-de-la-red-electrica-sale-rentable-la-fotovoltaica-aislada/ - Imaxe casa

-   http://www.iie.org.mx/proyectofotovoltaico/preg_06.html - Imaxe Explicativa

Esta entrada foi elaborada por Rosario Núñez no curso 2013-14  

 

A chuvia ácida

 A chuvia ácida é unha forma de contaminación que fai referencia á caída de ácidos presentes na atmosfera a través da chuvia, néboa e neve (tamén coñecida como deposición húmida)

Os principais precursores dos ácidos son os óxidos de xofre e os óxidos de nitróxeno, que son emitidos por centrais termoeléctricas, os motores de combustión interna de coches e avións e algunhas outras industrias como produto da combustión de algúns combustibles que conteñen pequenos porcentaxes de xofre e nitróxeno, como o carbón, petróleo… Os ácidos disólvense nas gotas da auga que forman as nubes e nas gotas da chuvia, e posteriormente depositaranse no chan.

Os principais efectos da chuvia ácida son: a destrución do solo e dos campos de cultivo, descompoñendo os seus nutrientes. Desta forma tamén prexudica aos animais que se alimentas destes pastos; contamina moito os ríos e mata unha gran cantidade de peixes; destrúe materiais de construción e artísticos; tamén nos afecta aos humanos, xa que nos alimentamos de peixes e auga contaminados pola chuvia ácida…

imagen

Fai uns anos, a chuvia ácida era un problema exclusivo das zonas máis industrializadas, pero agora mesmo a realidade é outra. As zonas máis contaminadas  son o centro de Europa, Noruega, Suecia, Reino Unido, EEUU, Canadá, México, Rusia e o sueste de Asia.

Moitos países están ditando normas para reducir os efectos deste problema medio ambiental. Algunhas das cousas que podemos facer é reducir a expulsión destes combustibles, pero iso suporía pechar moitas fábricas e volverá lenta a produción. Polo tanto isto deixa de ser soamente un problema medio ambietal e pasa a ser tamén un dilema económico. Os países pobres e con menos ganancias teñen como última prioridade a natureza e buscan o máximo rendemento da forma máis barata e sinxela posible.

Como vemos, é moi difícil atopar unha solución favorable, e parece que imos encamiñados a destruír pouco a pouco o noso planeta. Pero…cal é a vosa opinión? Pensades que existe algunha solución posible ou estamos seguindo inevitablemente o camiño da destrución?

Aquí vos deixo o enlace dun vídeo moi sinxelo e interesante que pode axudarvos a aclarar moitas dúbidas.

FONTES DE INFORMACIÓN

- Semanart, web de información en castelán.

-Wualo, blogue en castelán con moita información interesante. Fotografía sacada da mesma páxina.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Pino no curso 2013-14

 

Tóxicos na roupa

 A contaminación chega a uns límites sorprendentes, actualmente no noso sangue temos ata 300 substancias tóxicas que os nosos avós non tiñan. Os tóxicos atópanse en cousas tan habituais como a nosa roupa, sen sermos conscientes.

Greenpeace desafiou na súa campaña Detox ás mellores marcas de roupa a eliminar todas as substancias perigosas da cadea de subministro e do ciclo de vida completo do seus produtos.

Moitas marcas recoñecidas mundialmente fabrican a súa roupa con tóxicos. Grazas ao poder de todos conseguimos que Zara, Mango e H&M se comprometeran a evitar a contaminación para o ano 2020. O último logro desta campaña de Greenpeace foi o 13 de decembro do ano 2012, que tamén conseguiu que Levi’s asumira a responsabilidade e eliminara todas as substancias tóxicas para o ano 2020.

Aínda moitas outras marcas importantes no mercado internacional seguen a producir roupa con tóxicos e non aceptan comprometerse a evitalo, por exemplo, Primark, Adidas, Burberry, etc. Pero Adidas non é a única marca deportiva que fabrica produtos con tóxicos. Co gallo do próximo mundial de fútbol que se celebra en Brasil, Greenpeace levou a cabo unha investigación que fixo sumar a Nike e a Puma á lista de marcas que venden produtos con substancias tóxicas. Estas substancias foron atopadas en botas, camisetas oficiais, luvas de porteiro e, incluso, o mesmo balón oficial do mundial (”Brazuca”).  As substancias químicas atopadas (nonilfenol, etoxilato de nonilfenol, ftalatos, etc.) son perigosas e poden liberarse ao medio ambiente e entrar na cadea alimentaria. Isto pode ter unha grave repercusión na nosa saúde porque poden producir cancro, alterar o noso sistema hormonal ou ser tóxicos para a reprodución.

imagen

 No caso das botas de fútbol “Predator” (Adidas), conteñen niveis moi elevados de PFC ata 14 veces por riba dos niveis que a propia empresa establece nos seus límites de restrición. Isto ten a súa explicación,  e é que esta empresa espera uns beneficios netos entre 830 e 930 millóns de euros.

A pregunta que todos nos debemos facer sería: paga a pena deteriorar a nosa saúde a cambio de grandes beneficios económicos? A miña opinión con respecto ao tema está comprometida coa natureza e a nosa saúde, xa que sen ela pouco nos serve ter diñeiro.

Fontes de información e información fotográfica:

-Páxinas de Greenpeace, unha asociación ecoloxista.

Traballamos en parar a contaminación.

Levi’s comprométese coa campaña Detox.

Unha pequena historia sobre os monstros.

Tarxeta vermella ao xogo sucio das marcas.

Esta entrada foi elaborada por Xeila Bernárdez no curso 2013-14

 

Os problemas dos avances tecnolóxicos

A medida que vai pasando o tempo, a tecnoloxía vaise modificando e compleméntase con mais funcións para facilitar o traballo e solucionar as necesidades do ser humano.

imagen

A tecnoloxía produciu:

- A eficacia e a productividade: aumentou a eficacia e a productividade grazas a introdución de maquinas especiais, isto permite fabricar máis, máis rápido e mellor.

-A humanización das condicións laborais: o emprego da nova maquinaria permite descargar o traballador das tarefas máis duras e pesadas.

-O tempo libre: co paso do tempo, disminuíu a xornada laboral.

As consecuencias da tecnoloxía:

-A sobreprodución e o consumismo: producir máis provoca que haxa mais cantidade de productos do que a xente necesita, isto provoca unha sobreprodución, para acabar con isto hai que  fomentar á xente para que compre cousas que non necesita.

-O desemprego: a introdución de novas máquinas provoca que haxa máis producto con menos persoas, isto provoca unha diminución dos postos de traballo.

-A fraude do tempo libre: o traballador ten dereito o seu tempo libre, pero cando esta cumplindo co seu tempo libre tamén fomenta a economía debido a industria do lecer: cines, restaurantes…

Fontes: libro de filosofía 1º bach

Esta entrada foi elaborada por Noelia Pena no curso 2013-14