A teoría da grande explosión

O ser humano é de natureza curiosa dende o seu nacemento. Sempre nos gustou experimentar e coñecer todas e cada unha das características do que nos rodea , por iso intentouse comprender a orixe do mundo e da vida. Entre as teorías que intentan explicar a formación do cosmos podemos atopar a teoría do Big Bang, ou teoría da grande explosión.

imagen

A teoría do Big Bang foi proposta polo astrónomo belga Georges Lemaître en 1927, e desenrolada polo físico George Gamor en 1948. Segundo ela, o universo ten a súa orixe nun átomo primixenio ( a materia, o espazo e a enerxía estiveron concentrados nun mesmo punto )que se expandiu de forma brusca tras un cataclismo cósmico denominado Big Bang. A enerxía foise afastando en todas as dirección, transformándose en materia. Como consecuencia xeráronse partículas subatómicas. E a medida que a materia foise condensando, creáronse todas as estruturas astronómicas: planetas, galaxias, nebulosas. . .Rematando coa conformación dos diversos elementos químicos a partir das estrelas atopadas no espazo. É complexo de recoñecer, pero a verdade relativa que máis se sostén na actualidade, é a de que toda a materia viva produciuse nunha estrela.

En ocasións, puidemos oír falar da famosa radiación de fondo. Os que a coñecen, a definen como unha radiación electromagnética que provén de todas as direccións do Universo e que se relaciona directamente cos restos do Big Bang. Esta lei estableceuse coma unha predición do modelo da grande explosión, xa que segundo esta estrutura, o Orbe primixenio estaba composto basicamente por electróns, neutróns e protóns, de ahí, que xurdira a idea do átomo primixenio.

 imagen

Os avances que se veñen producindo no campo da ciencia física duns anos ata agora, supuxeron unha verdadeira innovación dentro de ámbitos como o científico e o cultural.

Nun intento por atopar a famosa “teoría de todo” na que Einstein puxo tantas eperanzas, se toparon coa extraordinaria especulación das supercordas, pois moitos xóvenes físico teóricos están investigando a existencia de entidades microscópicas  que ao vibrar, dan lugar dalgunha forma ás partículas elementales. Estas supercordas son enlaces de enerxía que se atopan no interior da materia e en espazos pertencentes a mundos e realidades aínda descoñecidas para o ser humano.

Uno dos grandes problemas científicos sen resolver no modelo do Universo sobre a teoría da súa expansión, é si o Universo é aberto, pechado (isto é, se se vai expandir indefinidamente ou volverase a contraer) o plano (teoría similar a do Univerto aberto). É un tema que aínda estase a estudar, pero pode que xa teñan algunha resposta.

Este tema é de gran interese, según a miña opinión. É un intento da ciencia humana por comprender o noso pasado e a forma en que fomos creados, deixando nun aparte a relixión que xa impuxera a ´súa propia hipótese.

As miñas fontes de información foron:

Webgrafía:

 - A teoría do Big Bang: páxina educativa Astromia, en Internet

- A orixe do universo:páxina divulgativa oficial da National Geographic

 - Curso sobre Cosmoloxía: páxina do físico e astrofísico da Universidade da Laguna, Pedro J. Hernández

- A teoría das supercordas:por Rodrigo Gamboa G. Página de investigación de ciencia fisico-matemática.

Bibliografía:

 Ciencias para o Mundo Contemporáneo - libro de Bacharelato - Nicolas Rubio, Carlos Pulido,Juan Manuel Roiz - Anaya

Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14

 

Leucemia

A leucemia (cancro do sangue) é unha enfermidade relativamente pouco frecuente en comparación con outros tipos de cancro

 imagen

 Caracterízase por un aumento excesivo de glóbulos brancos na médula ósea e no sangue. Estos son, non obstante, inmaturos e disfuncionais. Esta situación perturba a formación normal de sangue e conduce a unha falta de leucocitos, glóbulos vermellos e plaquetas maduros y sans. O médico determina o diagnóstico a través dunha análise de sangue, e para clasificar exactamente a variante de leucemia presente, adoita ser necesario extraer unha mostra de médula ósea (biopsia de la médula ósea).

A causa da leucemia ignórase na maioría dos casos, pero esta demostrado  que non se trata dun desorden hereditario ou contaxioso.

Os síntomas máis destacables son: a medida que a afección avanza aparece dor nos ósos, como resultado da multiplicación das células leucémicas no sistema óseo; causa anemia, cuxas características son palidez, cansazo e pouca tolerancia ao exercicio, consecuencia da  diminución de glóbulos vermellos; redución do número de plaquetas, ao cal, provoca hemorraxias esporádicas e a aparición de manchas na pel ou grandes hematomas, debido á hemorraxia causada por golpes leves. Unha das hemorraxias máis graves é a que se presenta a nivel cerebral.

 imagen

Esta enfermidade analizouse ao largo dos anos dende o seu descubrimento, para combatila e atopar unha cura coa que sanar aos pacentes que a padecen. A técnica máis empregada é a quimioterapia, así como o transplante de médula ósea, a través dun donante compatible có enfermo.

Pero, fai pouco produciuse un innovador descubrimiento para a cura da leucemia. Inxectouse, por vía intravenosa, a vacina do sarampelo nunha dose equivalente á necesaria para vacinar a 10 millóns de persoas, provocando que o virus neutralice o cáncro, devolvéndolle a saúde ao moribundo. Este experimento unicamente se puxera a proba en roedores (con éxito), pero a pesar de probalo por primeira vez en humanos, resultou efectivo. En cambio, a segunda proba non foi tan produtiva, polo que se deberá seguir estudando esta revolucionaria hipótese.

O cancro é a enfermidade que está ao orde do día, e que desgraciadamente rematou con moitas vidas. No caso de leucemia, ten unha elevada mortandade en nenos. A pesar diso, non conseguimos obter unha cura eficaz. Pero os increíbles achados do presente poden conseguilo, unha esperanza na que todo o mundo confía, e que seguramente algún día farase realidade.

  - Fontes de información:

A leucemia: páxina informativa sobre medicina

Cancro: páxina informativa sobre as enfermidades canceríxenas

Cura para a leucemia: noticia divulgativa exposta por medios comunicativos como Telecinco

1ª Imaxe: web sobre enfermidade e saude

2ª Imaxe: fotografía obtida por un programa de telecomunicacións divulgativo

Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14

 

Homo neanderthalensis

O neanderthal foi a especie que dominou ata fai uns 30000 anos gran parte de Eurasia. Seres de gran robusted e de cerebro maior ao noso, foron os derradeiros descendentes dos Heidelbergensis.

imagen

Tiñan unha cultura complexa e unha tecnoloxía sofisticada. Lonxe da imaxe de brutos carnívoros, posuían unha dieta que se compoñía case de calquera cousa: moluscos, pequenos herbívoros, froita. . .( pode que excepcionalmente se alimentasen de grandes animais herbívoros).

Un neanderthal promedio tería unha altura duns 1′65 m, de contextura e musculatura pesadas. Caracterizabanse por cráneos alargados e amplos, e nariz grande; rasgos que denotan adaptación aos climas fríos, pola súa similitude as actuais poblacións do Ártico. Debido a isto e a outros varios estudos baseados na localización dos achados arqueolóxicos atopados, pensábase que estaban especialmente adaptados aos climas fríos, na actualidade pensase que iso é un erro, pois na época na que os países do Norte foran habitados por esta especie, a temperatura era más cálida á da agora.

O que si parece claro é que naquela época, a inestabilidade meteorolóxica que forzaba á adaptación ou a extinción das especies puido ser a principal causante do fin destes individuos. O problema fundamental cos neanderthais é que non puideron adaptarse o suficientemente rápido ou, dito de outro modo, non puideron adaptarse ao feito de que non houbera algún tipo de estabilidade nova á cal adaptarse. Isto fixo que as capacidades para aproveitar todos os recursos do medio coas que contaba o Homo sapiens, nos fixeran máis aptos para a supervivencia, a pesar de compartir período de tempo e territorios.

Os resultados a unhas probas de ADN  sentenciaron que verdadeiramente tratábase dunha especie diferente á do Homo Sapiens; ademais de haber atopado unha mutación no xen responsable da pigmentación, o que indica que eran despigmentados, quizais rubios.

Estos datos fan recordar toda a tecnoloxía e coñecementos cosque contamos para coñecer o noso pasado e a evolución das especies, temas de gran importancia para desenvolver teorías sobre o futuro. Pareceume interesante daquela, tratar dalgún modo esa hipótese.

- Fontes de información: 

Homo neanderthalensis; texto escrito polo valenciano Daniel Tomas

O home de neanderthal; artigo de prensa dixital de interese

Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14

 

COMO SABEMOS EXACTAMENTE QUE PASOU E CANDO PASOU

A  vida comezou  fai uns 3 500 millóns de anos e os insectos diversificáronse fai uns 300 millóns de anos, pero as linaxes do home e o chimpancé separáronse só fai 5 millóns de anos. Cómo saben os científicos as datas destes feitos  evolutivos que sucederon fai tantísimo tempo?

 Estos son algúns dos métodos que utilizan os científicos para datar os distintos sucesos

A  datación radiométrica:  É un método que se basa no  período de semidesintegración dos elementos radioativos para permitir aos científicos a datación directa de rochas e doutros materiais. Con este método estímase canto tempo fai que se formaron as rochas e  aproximar a idade dos fósiles que conteñen esas rochas.

 

Atom icon

     A Estratigrafía: Este método proporciona unha secuencia de sucesos da cal pódense extrapolar datas relativas. Os fósiles pódense datar en relación con outros fósiles fixándonos, na sua posición nas capas de rocha, chamadas estratos. Os fósiles que se atopan  nos estratos máis profundos normalmente son os máis antigos.

 

Stratigraphy icon

 Os reloxios moleculares: Este método, permite aos científicos empregar a cantidade de diverxencia xenética entre os organismos para extrapolala cara atrás no tempo e estimar posíveis datas.  Os biólogos evolutivos están investigando a posibilidade de que algúns cambios evolutivos sucedan dunha forma similar ao  funcionamiento dun reloxo. Durante o transcurso de millóns de anos, nun segmento determinado de ADN poden acumularse mutacions a unha velocidade fiable. Ao ser fiable, pódense utilizar o xen como un reloxio molecular. Cando un segmento de ADN se comporta de verdade coma un reloxio molecular, convírtese nun potente instrumento que permite estimar as datas nas que sucederon as separacións de linaxes. Este método utilizouse para investigar varias cuestions importantes, coma a orixe do hombe moderno ou a data da  diverxencia entre o ser humano e o chimpancé.

 

DNA icon

Fontes:

http://www.sesbe.org/evosite/evo101/IIE1aAtomicclocks.shtml.html

Esta entrada foi elaborada por Ana María Fernández no curso 2013-14  

 

TEORIAS DA ORIXE DA VIDA

Fai case  100 anos, o bioquímico Aleksandr Ivanovich Oparin, propuxo a teoría sobre a orixe da  vida máis aceptada ata o momento. En 1924 revela a súa  teoría sobre a orixe da vida,  que dí,  que a vida orixinouse a partir da evolución química e gradual de moléculas basadas no carbono, a súa hipótese  chamouse Caldo Primordial,  e todavía hoxe é  considerada a hipótese  máis correta e válida, capaz de explica-la orixe da vida no noso planeta.

 As probas indican que a vida surdiu fai uns 3 500 millóns de anos. Esta proba adopta a forma de microfósiles e  estructuras rochosas antigas chamadas estromatolitos. Os estromatolitos están formados por microorganismos que forman delgadas películas microbianas que atrapan lodo. Co  tempo, as capas destos microorganismos e as do lodo vanse acumulando ata formar a estrutura rochosa de capas superpostas que é o estromatolito.

Hoxe en día, os microorganismos seguen formando estromatolitos,  parécense moito aos antigos, e mostran a mesma estrutura en capas formada por finas láminas de bacterias. No interior destas capas, as veces atópanse microfósiles de cianobacterias primitivas.

  Pero podemos seguir preguntándonos, ónde se orixinou a vida? As exploracións máis recentes indícanos que a vida orixinouse cerca dunha cheminea hidrotermal no  fondo do océano. As substancias químicas que se atoparon nesas chemineas,  e a  enerxía que proporcionan puideron alimentar as reaccións químicas necesarias para a evolución da vida. Utilizando secuencias de ADN de organismos actuais, os biólogos identificaron momentáneamente  como antepasado común de toda a vida a un microorganismo que puido vivir nun medio de altas temperaturas como as que se rexistran nunha chimenea hidrotermal.

 Esta teoría está lonxe de ser confirmada, xa que só é una teoría e probablemente nun  futuro cercano poidan surxir novas teorías que suxiran que a  vida orixinouse  en calquer outro lugar, pero mentras tanto,ésta é unha teoría tan válida coma calquer outra.

  5-teorIas-del-origen-de-la-vida-1.jpg

 fonte hidrotermal

Fontes de información:

                    http://www.ojocientifico.com/4358/5-teorias-del-origen-de-la-vida

                   http://www.sesbe.org/evosite/evo101/IIE2aOriginoflife.shtml.html

Esta entrada foi elaborada por Ana maría Fernández no curso 2013-14  

 

As casas do futuro

Debido o crecente problema do quecemento global,cada vez son máis as persoas que optan ter fogares ecolóxicos. As súas vivendas son capaces de xerar enerxía para autoabastecerse,aparte de estar construídas con materiais reciclables. É unha boa iniciativa para frear a destrución do medio ambiente.

 imagen

  Estas casas posúen placas solares no seu tellado para aproveitar a enerxía luminosa do sol e fabricar electricidade a partir dela. Tamén posúen bos materiais aillantes do frío para usar a calefacción o menos posible. Ademáis de usar electrodomésticos de baixo consumo e estructuras para recoller a auga da chuvia e utilizala. Estas casas utilizan todo tipo de materiais reciclables para construirse: neumáticos,botellas,latas,palla,terra,etc.Inda que non son moi coñecidas,cada vez máis persoas optan por ter un fogar respetuoso coa natureza. Por exemplo están moi de moda as casas contruídas con contenedores

 imagen

Outra alternativa son as casas nas árbores. Son casas que teñen como base unha árbore,e a partir dela constrúense. Estas vivendas,ademais de estar en contacto coa natureza,son respetuosas co medio ambiente. Por exemplo as casas de bambú,de madeira ou de plástico. Nestas casas un ten as mesmas comodidades que nunha casa normal.                                                                                       Coa diferenza de que estás a 15 metros de altura¡

 imagen

   Na miña opinión,esta é unha boa forma de conservar á natureza e darlle unha segunda vida ós materiais reciclables. Desta forma axudamos na loita contra o cambio climático,que nos últimos  anos estase a acentuar. Aparte, as casas son moi bonitas e orixinais.

 E ti con cal te quedas?

Fontes de información:

Xornal con un artículo sobre casas alternativas

Artículo con información sobre casas nas árbores en España

Revista de carácter científico e divulgativo

Xornal cun artículo sobre casas nas árbores ao redor do mundo

Esta entrada foi elaborada por Sara Otero no curso 2013-14

 

O homo habilis

         O Homo habilis (home habilidoso) constitúe a primeira especie do xénero Homo e estivo na Terra dende hai dous con catro millóns de anos ata hai un con oito millóns de anos; é o primeiro Homo do que se acharon restos fósiles, ademáis considérase o primeiro humano que utilizou ferramentas grazas ás atopadas xunto a fósiles seus en Olduvay, Tanzania.

O Homo habilis tiñan unha capacidade cranial de cincocentos-setecentos cincuenta cm3, tamén tiñan maior masa muscular (os varóns medían un metro e corenta centímetros e chegaban ós cincuenta e cinco kg, mentres que as femias median un metro e só chegaban ós trinta e cinco kg) e unhas habilidades manuais máis desenvolvidas. Era capaz de utilizar o lume en certas ocasións pero non sabía como dominalo nin como producilo e foi o primeiro humano que empezou a perder o pelo corporal. Tiña unha dieta máis variada que a dos Australophitecus, era omnívora e estaba basada na recolección de alimentos estacionais (maoiritariamente de orixe vexetal); esta variedade provocou unha reducción do tamaño das pezas dentais, sobre todo dos cairos.

Fontes de información:

Páxina oficial da Universidade de Cantabria

- Libro de 1º de Bacharelato de CCMC da editorial Anaya

Esta entrada foi elaborada por Hadrian Souto no curso 2013-14

 

Proba da anatomía comparada!

A evolución di que as especies foron sufrindo cambios e que todos provimos dun antepasado común.

Esta afirmación está contrastada cunha serie de probas, unha delas é  a proba da anatomía comparada.

Esta proba  estuda a anatomía dos animais e compara os órganos. Moitos deles teñen unha estructura moi parecida polo cal teñen que ter algo en común. As distintas especies mostran partes do seu organismo formadas baixo un mesmo esquema estructural, expoñendo así unha igualdade entre órganos ou similitude de parentesco, e por isto dedúcese que puideron ter unha orixe e desenvolvemento común durante un periodo de tempo.

Exemplo: as extremidades anteriores dos humanos, murciélagos ou balenas,comparadas entre elas son basicamente similares. Hai outros órganos homólogos que se chaman vestixiais, porque se manteñen presentes en cada xeración e con todo non realizan ningunha función ; por exemplo, nos seres humanos o coxis é un resto da cola e podemos atopar moitos outros órganos deste tipo.

  • Os Homólogos:  Demostrouse que o esquema estructural é o mesmo en diferentes organismo, como por exemplo as estremidades dos mamíferos.
  • Os Vestixiais: Son órganos que actualmente non se empregan pero que na antigüedade se empregaban como por exemplo a moa do xuízo

imagen

Darwin explicou como se pode comparar a morfoloxía de especies vivas e fósiles, o que nos da a posibilidade de comprobar os parecidos e as diferenzas.

Fontes de información:

http://www.virtual.unal.edu.co/cursos/medicina/mtria_morfo/evolucion/und_2/html/cont_5.html  - É unha páxina dunha Universidade de Colombia coa sede en Bogota

http://ocw.unican.es/ciencias-de-la-salud/anatomia-y-embriologia-humana-i/materiales-de-clase-1/Introduccion%20a%20la%20Anatomia%201.pdf  - É unha páxina web da universidade de Cantabria

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//500/566/html/Unidad01/imagenes/28.jpg - A Imaxe é sacada dunha páxina web dun IES de Aragón.

Esta entrada foi elaborada por Luana Iglesias no curso 2013-14

 

O ANANISMO E O XIGANTISMO INSULAR

O ananismo  insular ou isleño é o resultado dun proceso evolutivo que sofren as especies animais que habitan en espazos pequenos como poden ser as illas.  As especies adáptanse ao reducido tamaño dos seus ecosistemas e a escaseza de recursos deses lugares e por iso os seus corpos van diminuíndo progresivamente o seu tamaño.

imagen

(Camaleón)

En ocasións prodúcese o efecto contrario cando nun lugar amplo non hai escaseza de recursos e os animais crecen desmesuradamente en comparación a animais da súa mesma especie. Este fenómeno prodúcese sobre todo en insectos, roedores e aves. Pero tamén se pode producir en mamíferos como os raposos e en anfibios como as ras.

imagen

(Isópodo xigante)

Outro exemplo de ananismo pode ser o noso antecesor o Homo floresiensis, ou tamén coñecido como “Hobbit”. Este homínido compartiu a terra co Homo sapiens durante 10.000 anos. Estes individuos medían pouco menos dun metro e as súas características físicas parecíanse máis as dos gorilas e aos primeiros humanos que as dos homínidos modernos. Os restos destes humanos foron atopados na Illas das Flores en Indonesia. Moitos científicos sosteñen que esta non foi una nova especie, se non que foron unha comunidade de homo sapiens con malformacións. Estes son un claro exemplo do ananismo insular, xa que foron reducindo o seu tamaño para adaptarse a falta de alimentación en un espazo tan reducido.

imagen

(Homo florensis)

FONTES DE INFORMACIÓN:

- Portal Ciencia , páxina educativa.

- Ojo Científico , blog.

- Ananismo Insular

INFORMACIÓN FOTOGRÁFICA:

- www.ojocientífico.com

- www.pipl.cl

- learningneverstops.wordpress.com

Esta entrada foi elaborada por Marcos Iglesias no curso 2013-14

 

Archeopterix litographica

imagenCando se descubriu o Archaeopteryx no século XIX pensouse que era o eslabón perdido entre os dinosaurios e as aves. O Archaeoteryx presenta características tanto de aves como de dinosaurios.

Este ser ten 9 plumas na man e 14 no brazo, ademais comenzara a desenrolar un pico, pero este non tiña dentes. O seu brazo tiña 3 dedos con garras similares ás dos dinosaurios. O Archaeopteryx posuía unha larga cola con 23 vértebras que usaba como timón á hora de planear.

Ademais tiña os ósos ocos, ao igual que as aves. Este tipo de ósos estaban unidos ao sistema respiratorio mediante unhas aberturas especiais. Grazas a este sistema especial, se garante a renovación do aire e ademais refrixera ao ave.

Ao analizar o cerebro afirmouse que o Archaeopteryx posuía os lóbulos cerebrais necesarios para levar a cabo os complexos movementos do voo, mais, o Archaeopteryx non voaba, pois non tiña os músculos dos ombreiro desenrolados; isto limitaba ao ave a planear cortas distancias para atrapar  aos insectos.

O Archaeopteryx xa dispoñía de oído interno, un órgano esencial para o equilibrio. Como o Archaeopteryx non voaba, tiña que subir ás árbores, aferrándose coas fortes garras das patas dianteiras e apoiándose sobre o plumaxe da cola, un método bastante lento. O Archaeopteryx aínda presentaba as fortes costelas dos dinosaurios, situadas na zona abdominal e separadas do resto do esqueleto, e que servían para protexer o abdome e suxeitar os intestinos.


Con este vídeo aprenderás máis datos interesantes sobre este ser.

Vídeo publicado por Diego Gea Pérez.

Información obtida nunha páxina sobre a prehistoria

Esta entrada foi elaborada por Cristian Fernárdez no curso 2013-14