Venus

Venus é o segundo planeta do Sistema Solar, é o que máis parecido á Terra polo seu tamaño, masa, volume e densidade. En cambio son diferentes, xa que a atmosfera de Venus está constituída por gran cantidade de CO2 , pequenas porcións de Nitróxeno  e mínimas cantidades de auga, facendo así que este planeta non teña océanos e conteña unha atmosfera densa. Esta atmosfera ao ter unha gran cantidade de compostos de efecto invernadoiro provoca que as súas temperaturas medias ronden os 500ºC. Ademais Venus xira ao contrario da Terra, o sol sae polo oeste e ponse polo este, tardando en xirar sobre o seu eixe 243,0187 días terrestres. O 85% da superficie está composta por rocha volcánica.
Dende a Terra, Venus nos seus día máis brillantes pódese observar polo día e é o astro máis visible dende a Terra pola noite. Por este motivo, foi coñecido xa polos maias , que elaboraron un calendario baseado  nos ciclos astronómicos incluíndo os de Venus.

Teoricamente Venus no ten ningún satélite natural, pero existe un astro clamado VE68 que se considera un “case-satélite” debido a que tardan lo mesmo en xirar ao redor do sol pola súa semellanza na súa gravitación regular ao redor do Sol, pero non se debe considerar satélite de Venus xa que un satélite debe ter a súa orbita ao redor dun planeta, e VE68, xira ao redor da estrela principal do Sistema Solar, o Sol.

Vólcans en Venus

As misión espaciais de Venus:

Venus foi o segundo corpo do Sistema Solar que foi visitado por unha sonda espacial. A exploración de Venus foi feita pola Unión Soviética e Estados Unidos nas décadas de 1980 e 1990. Para isto fixeron falla  varios intentos fallidos ata que unha sonda chamada Mariner 2 enviada en 1962 a unha distancia de 34.773  de Venus conseguiu sobrevoar as proximidades do planeta.

Os primeiros aterraxes foron das sondas soviéticas Venera3 ( que se estrelou na superficie) e Venera4 a cal foi capaz de transmitir información do planeta como as temperaturas, as presións, densidades e compostos químicos da atmosfera sen chegar a aterrar na superficie do planeta.

Tanto a Unión Soviética e (como) Estados Unidos intentaron mandar misións tripuladas pola orbita de Venus pero estas experiencias foron falidas a pesar de basearse nas tecnoloxías do Programa Apolo (programa da NASA que tivo moito éxito en misión tripuladas e non tripuladas coa Lúa).

O primeiro aterraxe con éxito na superficie do planeta foi o Venera7 , esta sonda ademais de recoller a temperatura, presión e densidade tamén conseguiu a través de raios gamma analizar a composición da cortiza.

Na década de 1980 as misións utilizaron cámaras en color, análises de perforación da superficie, raios X que comprobaron que as rocas basálticas eran ricas en potasio. E con espectrómetros infravermellos e de absorción ultravioleta descubriron que existían masivos volcáns ocultos, que as últimas capas da atmosfera están compostos de ácido sulfúrico e observaron que Venus non parece ter capas tectónicas como a Terra.

Actualmente, Europa está preparando a misión “ Venus ” coa que mandará unha sonda 500 días e Xapón iniciou unha misión chamada Akatsuki que pretendía complementar a información da misión europea, e aínda que esta, que  estaba prevista para 2007 retardouse a decembro de 2014, a sonda de Xapón lanzouse en 2010 mais, ao non lograr  entrar na órbita de Venus, está previsto que volvan a intentalo una segunda vez para o ano 2015.

Fontes de información:

 http://es.wikipedia.org/wiki/Exploraci%C3%B3n_de_Venus#Misiones_en_la_d.C3.A9cada_de_1970

http://www.noticiasdelcosmos.com/2010/12/las-lunas-de-venus.html

http://www.astromia.com/solar/venus.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Programa_Apolo

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1288079134/contido/viaxe_estrelas/c_espacio/vae_13.html

Libro de 1º de bachillerato de Ciencias do Mundo Contemporáneo. Editorial Anaya.

http://es.wikipedia.org/wiki/Venus_%28planeta%29

 Aportan información fotográfica: astronomia.com

Esta entrada foi elaborada por Rosario Núñez no curso 2013-14  

 

Homo erectus

O Homo ereEvolución ata o Homo sapiensctus xurdiu hai 1 millón de anos e desapareceuhai uns 100. 000. Esta especie utilizaba xa o fogo e construía  as súas viviendas xunto con utensilios de madeira como lanzas e cuncas. De este homínido, exiten dous tipos: Homo erectus erectus (home de Xava)  e Homo erectus pekinensis (home de Pekín).

 

O Homo erectus é o primeiro homo que viaxou intercontinentalmente, por iso e considerado un colonizador Euroasiático. Segundo moitos investigadores, é unha subespecie do Homo ergaster que saíu de maneira temperá de África e se expandiu por gran parte de Eurasia, ata a illa de Xava, que puido evolucionar en multiples lugares mesturandose entre si con outros Homo que chegaraon posteriormente. Mais este é considerado outro homínido diferente ao Homo ergaster, xa que a súa capacidade cranial e maior (dende 800 ata os 1200 cm3 ) cunha diferencia de 300 cm3.

Mapa dos lugares donde se encontraron restos de Homo erectus.

 

 Este Homínido era robusto cunha estatura de 180 cm.  Non tiña mentón, os seus dentes eran máis pequenos que os seus antecedentes e existía diferencia de tamaño entre os dous sexos. O seu cranio podía ser de tres tipos: con cranio recto e groso toro supraorbital (oso  que se encontra enriba do ollo), este tipo encontrouse nalgúns luagres de Europa; con cresta saxital no cranio (actualmente encontrase en animais con mordisco poderoso como gorilas e leóns) ou con groso sainte occipital. Estes dous últimos tipos de cranios encontraronse no Homo erectus asiático.

Fontes de información e imaxes :

www.portalciencia.net/antroevoerec.html - Portal Ciencia. Evolución humana (Homo erectus)

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, Volume 1. Editorial Santillana  dirixido por Antonio  Fernández e Ana María Guerra Cañizo.

www.ecured.cu/index.php/Homo_erectus - Características do Homo erectus

www.convictcreations.com/aborigines/prehistory.html - Páxina australiana con imaxe de rexistros fósiles de Homo erectus e evolución

Esta entrada foi elaborada por Rosario Núñez no curso 2013-14  

 

A TEORÍA DO BIG BANG

 O BIG BANG é unha teoría que di que o universo naceu fai aproximadamente 14 mil millóns anos dun único punto, e que a partir de aí o universo expándese continuamente.En 1929 Edwin Hubble observo que a Vía Láctea afastábase de nós a unha velocidade proporcional á distancia que mantiña coa Terra.

imagen

O BIG BANG:

A materia  e ou espazo estiveron nun mesmo  punto chamado átomo primixenio, tanto a sua densidade como temperatura eran moi elevadas, este átomo expandiuse nunha explosion ou BIG BANG e dende aí comezou a expansión do universo (espazo e tempo). Se foron orixinando partículas subatómicas e mais tarde ou hidróxeno e helio.A medida que ou universo expándese a temperatura baixa a materia espallase en todas as direccións e foise condensando e foron xurdindo todas as estruturas astronómicas.

¿ E O BIG BAND A ÚNICA TEORÌA? 

A teoría do BIG BANG non e a única teoría pero si a mais popular, unha das teorías mais coñecidas e a do físico Robert Gentry onde explica o seu modelo basenadose nos defectos da teoría do BIG BANG.

Dado que a creación do universo foi un evento sobrenatural os científicos preguntanse si existe algo mais ala do natural.

La teoría del BIG BANG aun sigue sendo unha das mais  aceptadas pero ainda faltan interrogantes por resolver.

Conclusión persoal sobre a seguinte pregunta (cres que a teoría do BIG BANG e acertada?)

Eu creo que a teoría do BIG BANG podese dar por certa mentres non se encontren argumentos que digan o contrario.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Libro de texto de 1º bacherelato

A seguinte páxina: http://www.ojocientifico.com/2010/10/10/la-teoría-del-big-bang

Esta entrada foi elaborada por José Manuel Pereira no curso 2013-14

 

Proba paleoclimática, Wegener e depósitos glaciares.

Segundo Wegener, científico alemán, os continentes, hai millóns de anos estaban xuntos nun único continente chamado Pangea. Como sabemos hoxe en día, hai varios continentes no planeta. Isto é posible grazas ao desprazamento das placas litosféricas. A súa teoría di que esas placas se moven mediante as correntes de convección da astenosfera e pola separación do fondo oceánico, que se vai separando cada vez que o magma sae do interior da terra e se solidifica na dorsal oceánica. Para demostrar isto existen varias probas e una delas é a paleoclimática. Segundo esta proba, hai uns 300 millóns de anos, durante o carbonífero, produciuse una glaciación, isto explica que os contientes estaban xuntos porque se atoparon  capas de sedimentos, da mesma antigüedade, transportados por glaciares en continentes que agora están separados (India, Australia, Sudáfrica e  Sudamérica) polo desprazamento das placas litosféricas.

Depósitos glaciares

 

Para ampliar información, podes entrar nestas páxinas:

- Páxina de xeoloxía na web da plataforma educativa aragonesa, nesta páxina a demais de atopar información sobre as probas paleoclimáticas tamén atoparás sobre a tectónica de placas.

-http://rutageologica.cl/index.php?option=com_content&view=article&id=386&Itemid=89&limitstart=4 nesta páxina a demais de atopar información sobre esta proba, podes atopar información sobre a xeoloxía.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Correa no curso 2013-14

 

Existe vida noutros universos?

Por agora, os esforzos por atopar vida máis alá da Terra non deron ningún resultado. Quizais non estemos buscando no lugar adecuado. Porén, a ciencia plantéanos unha cuestión: pode haber vida en outros universos? Para responder a esa pregunta, basámonos en investigar si existe vida ou non en outros planetas do universo, estudando primeiro a vida que se formou no noso planeta e comprobando si as condicións e os elementos atopados noutros planetas propician algunha forma de vida similar á nosa.

A vida na terra desenrolouse producto da auga, que comezou dando lugar a pequenos microorganismos e bacterias, axudado  polas condicións e outros elementos da Terra, que fan de esta o lugar ideal  para a creación da vida, como a atmosfera, que permite que os raios solares cheguen de maneira adecuada, o osíxeno, ademais por ser un planeta cunha ubicación privilexiada, nin tan preto nin tan lonxe do Sol.

Segundo unha teoría, existe un número infinito de universos paralelos ó noso, coñecidos como multiverso.  Algúns de estes universos son moi distintos ó noso. Outros, completamente idénticos.

Segundo o modelo do multiverso, cada universo ten as súas propias leis físicas. Nalgúns universos, esas leis non fan posible a vida, e, polo tanto, están vacíos. Pero en outros sí hai vida. De feito, cun número infinito de universos, todas as probabilidades se cumpren. Por incríble que pareza, nalgún outro universo hai outro eu facendo exactamente o mismo que eu, como este blogue. Mentres que en outro universo hai outro eu facendo o que non fixen. Igual que si lanzamos un dado infinitas veces, acaban saíndo todos os números.

No seu día, Einstein e Rosen plantearon a teoría dos burato de gusano.

burato de gusano

Para algúns, como Richard Feynman, é absurdo plantearse si hai vida noutros universos. “Si non podemos acceder a eles, non importa que haxa vida ou non. E si podemos acceder, pasan a formar parte do noso universo, entendido como todo o que existe e pode ser coñecido. Entón xa non serían universos diferentes. Así que o que ocorra noutros universos paralelos é asunto da filosofía, non da física.”

Mentres, podemos plantearnos preguntas como: “en que outro lugar existe vida?”, “como é?”, “son máis avanzados?”…. En fin, quizais algún día o sepamos, quizais non…

Fontes de información:

La vida en el universo

Artículo: ¿Hay vida en otros planetas?

Esta entrada foi elaborada por Marta Fernández Fernandes no curso 2013-14

 

Mercurio, un planeta sen igual.

Mercurio é o planeta que máis preto do sol está. Este planeta é máis pequeno que a Terra pero máis grande que a Lúa.Mercurio, o mensaxeiro dos Deuses

Con respecto ao tamaño este planeta é o segundo máis pequeno do Sistema Solar.O nome de este planeta provén da antigüidade romana, onde Mercurio era o mensaxeiro dos Deuses, este nome se lle deu porque este mensaxeiro era moi rápido e este planeta da a volta ao sol en tan só tres meses! Sorprendente verdade?

 

En canto a súa temperatura; Mercurio pode chegar ata Mercurio, tempo que dura un día425ºC se o Sol lle da completamente! Ademais, nas zonas de sombra, as temperaturas poden baixar ata os 170ºC baixo cero! Os polos mantéñense sempre moi fríos e isto da a pensar que pode haber existencia de auga xeada.

En canto a superficie de Mercurio; se di que é semellante a da Lúa e o seu paisaxe está cheo de cráteres e grietas, ocasionadas polos meteoritos. Grazas a presenza dun campo magnético pódese saber que Mercurio ten un núcleo metálico, parcialmente líquido. A súa alta densidade, a mesma que a da Terra, indica que este núcleo ocupa case a metade do volume do planeta! Un día en mercurio dura 1408 horas!

En canto a investigación espacial se di que Mercurio non ten satélites e, coñecíase moi pouco ata que a sonda espacial Mariner 10 fixera observacións con radares e radiotelescopios. Na antigüidade críase que Mercurio sempre mostraba a mesma cara para o sol, é dicir, o seu período de traslación e rotación eran iguais. Pero foi ata 1965 que se mandaron sondas de pulso radar a Mercurio, e así quedou comprobado definitivamente que o seu período de rotación é de  58,7 días. Tamén ao facer observacións sobre a súa órbita, demostróuse que o seu perihelio xira un pouco máis do esperado pola mecánica clásica de Newton. Este cambio no perihelio da órbita, levou a pensar que había un planeta máis próximo ao Sol, que afectara á órbita de Mercurio, a este ”planeta” lle chamaron Vulcano. Agora se sabe que Vulcano non existe; A explicación correcta ao perihelio de Mercurio o deu Albert Einstein e a súa teoría xeral da relatividade.


Neste vídeo aprenderás cosas extremadamente boas para o teu coñecemento, mírao, sorprenderaste do que podes aprender!

Información obitda  nunha páxina educativa sobre a astronomía.

Espero que vos gustara. Un saúdo!

Esta entrada foi elaborada por Cristian Fernárdez no curso 2013-14

 

O PLANETA VERMELLO,O NOVO PLANETA HABITABLE?

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polo po de óxido de ferro que ten en suspensión. Este planeta ten unha atmosfera moi fina e dinámica , con grandes cambios de temperatura, fortes ventos e tormentas. Está composta nun 95% de dióxido de carbono (CO2) , e nun 5%  por Nitróxeno e Helio. Marte ten auga (xeo) nos casquetes polares , e o hemisferio sur está cheo de cráteres. Este planeta só contén un 0,03% de auga , mil veces menos que a Terra.

Marte ten 2 satélites, Fobos e Deimos. Como ambos son pequenos e xiran rápido ó redor do planeta o seu descubrimento a través dos telescopios foi tardío. Fobos está a menos de 6.000 km da superficie da terra e xira cada 7 horas e media. Deimos é a metade que Fobos e xira a 23.460 Km do centro en pouco máis de 30 horas.

As últimas sondas mandadas ao planeta Marte son as chamadas Rossetta (2004) , Mars Reconnaissance Orbiter (2005) , Phoenix  (2007) e Curiosity (2011) , todas elas mandados por E.E.U.U. Estas sondas son dispositivos que se envían ao planeta marte dende a terra co fin de estudar o Planeta Vermello, obter fotografías do seu terreo , facer análises da atmosfera e coñecer si houbo vida no pasado. Este planeta foi visitado por primeira vez en 1965 pola sonda Mariner 4.

Aínda non se puido comprobar si hai vida en Marte, por iso , a NASA elaborou un plan para enviar humanos a Marte en 2030. O problema desta viaxe é que só ten billete de ida, xamais podrán volver, porque aínda non hai tecnoloxía para facelo. A súa idea é que en poucos anos se poida recibir periodicamente naves espaciais procedentes da terra.

Fálase con bastante certeza de que nun futuro non demasiado lonxano se poida alterar a atmosfera de Marte para que o home instale unha base alí e  moi pronto  o home pisará o chan “marciano”.

Aquí un pequeno vídeo no cal se demostra supostamente que pode haber vida en marte. O vídeo está subido a youtube por Gamengat newsinmotion unha páxina de divulgación científica.


Qué pensades vós, houbo ou hai vida en marte? Será o noso novo refuxio?

Enlaces consultados:

 Páxina educativa de astronomía: astronomia.com

 Páxina ecured, páxina cubana de divulgación

Esta entrada foi elaborada por Alba Bernárdez no curso 2013-14 

 

Un novo descubrimento… O planeta Kepler-186f!

 Descobren un planeta moi similar ao planeta Terra, o seu nome é Kepler-186f, que ven herdado do nome da misión que empregou a NASA para localizar o citado planeta.

A misión Kepler é unha misión empregada pola NASA para detectar planetas que sexan rochosos, similares ao tamaño da Terra e que xiren ao redor dunha estrela. Para levar a cabo dita misión, empregase un telescopio único operado no espazo. Esta misión foi realizada por primeira vez no ano 2006.

O planeta Kepler-186f non é o primeiro planeta extrasolar atopado, segundo a NASA ata a actualidade atopáronse uns 700 planetas extrasolares. O peculiar deste planeta, é que probablemente teña auga en estado líquido na súa superficie, e isto podería orixinar vida dentro de certos anos. O planeta orbita ao redor dunha estrela vermella, máis pequena que o sol e máis fría.  Ademais, este planeta está a menos de 500 anos luz da Terra.

Un gran descubrimento, verdade?


-Vídeo subido a youtube polo canal dixital  de TV Euronews

Bibliografía:

Informacion sobre a Misión Kepler na páxina da NASA

Para ampliar información visite estas dúas páxinas:

Páxina da emisora Habana Radio onde fala do planeta Terra e de Kepler

Diario El Mundo para ampliar máis información sobre Kepler

Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14  

 

Unha proba é o Mesosaurus.

imagenUnhas das provas da tectónica de placas son as  paleontolóxicas, indicios fósiles de especies iguais en distintos continentes o que fai pensar que os estes antes estaban unidos.

Por exemplo o caso do Mesosaurus, un reptil acuático depredador, os seus só se teñen atopado no este de Sudamérica e en no sur de África. Se conseguisen pasar dun continente a outro o lóxico sería que se tivese espallado moito máis.

Outra posibilidade en contra das placas tectónicas é que existisen pontes de terra transoceánicos que conectasen continentes a través do mar, esta posibilidade deuse por inválida debido a que terían que quedar restos existentes deses pontes nos fondos mariños.

Hoxe en día a tectónica de placas é a máis aceptada pola sociedade debido a este tipo de provas.

Información obtida de:

Páxina sobre a xeoloxía de Chile: Ruta geológica. Contido de Edward J. Tarbuck, Frederick K.Lutgens

http://www.rutageologica.cl/index.php?option=com_content&view=article&id=386&Itemid=89&limitstart=2Ciencias de la Tierra 8 Edicion.

Esta entrada foi elaborada por Jorge Fernández no curso 2013-14

 

VIDA NO ESPAZO: MITO…OU FEITO?

  Unha pregunta que houbo dende tódolos tempos foi: é posible a vida fóra da Terra? Pois aínda que isto soe a libro de ciencia ficción, parece moito máis incríble que sexamos tan únicos dentro do enorme que é o Universo. Por iso, os científicos se involucraronse profundamente en buscar, se non é vida, polo menos indicios desta en planetas, en concreto na Vía Láctea, por non haber medios para chegar a galaxias máis afastadas.

  Un dos factores imprescindibles para a presenza de vida é a existencia de auga. Inicialmente, intentouse buscar a existencia desta en Venus, sen éxito. Pero agora, a  NASA  (Administración Nacional de Aeronáutica no Espazo), propúxose o reto de buscar a vida no chamado “planeta vermello”, Marte.

  “Curiosity” e o nome que se lle foi dado a unha misión espacial que inclúe un aparello de exploración marciana dirixido pola NASA, lanzado o 26 de novembro de 2011 e que aterrou en Marte con éxito o 6 de agosto de 2012; enviando as súas primeiras imaxes á Terra. Unha vez no planeta, este rover tomou fotos para investigar e docenas de mostras do solo e polvo marciano para a súa análise. Os obxectivos eran moi claros dende un principio: determinar se existiu algunha vez vida en Marte, caracterizar o seu clima, determinar a súa xeoloxía e prepararse para a exploración humana neste planeta.

  O Curiosity, segue agora mesmo de expedición sobre o planeta, e logo de tantos meses chegou a mandar información decisiva. Grazas a el, a NASA, hai uns meses concluíu que, verdadeiramente, Marte tivo condicións axeitadas para a vida nun pasado, pois os científicos identificaron xofre, osíxeno, nitróxeno, hidróxeno, carbono e fósforo en restos de rocas na superficie marciana. O Curiosity tamén marcou outros puntos clave na existencia de vida, como foron :

    -Perforou unha roca de Marte para recoller unha mostra, pois foi a primeira vez que un robot realizou unha perforación para profundizar no interior do planeta vermello.

    -O Curiosity fotografiou unha segunda pertuberancia de aspecto metálico nunha roca da superficie de Marte. Según explicou a NASA podería estar feita de un material que se atopa no interior das rocas e é máis resistente á erosión.

    -Atopou novos indicios de que puido haber auga, pois atopou rastros de restos de roca con superficie lisa e redondeada, moi similares aos que hai nos ríos do noso planeta.

    -O rover atopou unha pedra moito máis parecida a algunhas rochas vólcánicas terrestres que a calquera outra mostra encontrada hasta la data no planeta vermello. A pedra  tiña o tamaño de un balón de fútbol e forma piramidal, e presentaba características en común con pedras volcánicas de zonas de la Terra, como por exemplo Hawai.

  Con toda esta información, o ruter segue a súa marcha polo planeta vermello, camiñando cara o seu obxectivo: o monte Sharp, a uns 5.500 metros de altitude no centro do cráter Gale. As ladeiras desta elevación mostran sinais claros de exposición( hai moitísimo tempo) de auga líquida.

  Ainda que con esta expedición se resolveron moitas dudas que había sobre o planeta, queda moito por descubrir sobre el, e conforme a ciencia avance iranse afirmando datos e desmentindo outros, que permitirán á increible curiosidade humana aclarar as súas dúbidas. Tamén compre apuntar que, aínda que no presente non exista vida tal como se entende na Vía Láctea, hai miles e millóns de outras galaxias no universo nas que, posiblemente, haxa algunha forma de vida, que nos sorprendería moito atopar. Pero isto, o único que o pode determinar é o tempo, e quizais algún día o soño que tantos científicos tiveron o deseñar a misión “Curiosity” fágase realidade.

  Considero que é moi importante a investigación no exterior sobre estes aspectos, porque…Quen sabe que pode ser do noso futuro atopando uns novos veciños?

 imagen

 Fontes de información:

Noticias sobre Curiosity,da páxina web de Antena 3, de agosto de 2013

Información interesante sobre Curiosity, da páxina de información da Wikipedia

NASA , páxina oficial da Nasa

Imaxes do Curiosity, imaxe da páxina web de Terra.com

Esta entrada foi elaborada por Laura Guillade no curso 2013-14