Que dicimos con Teoría Sintética?

Unha das cousas en que se basea a teoría de Darwin da evolución por selección natural é que os individuos transfiren trazos á seguinte xeración da súa especie. A teoría sintética da evolución baséase na análise evolutiva dos seguintes factores: a deriva de mutación, a recombinación, a selección natural a migración e a xenética.

Dende 1900 ata aproximadamente 1920, os partidarios da xenética mendeliana crían que só as mutacións foron responsables da evolución e a selección natural non importaba neste proceso.

Despois de que varios científicos comezasen a conciliar as ideas da selección natural cos feitos da xenética, culminouse coa formulación da teoría sintética da evolución, que tamén se pode chamar neo-darwinismo.
Como Darwin propuxera, esta teoría considera que a poboación debe ser una unidade na evolución, xa que ísto varia moito según especies. Unha poboación pode definirse como un grupo de individuos da mesma especie que se producen na mesma área xeográfica.

Cada poboación ten un conxunto de xenes en particular, que se pode cambiar en función de factores evolutivos. Ahí é donde entra en xogo o factor visible desta teoría, onde podemos observar os cambios nas especies. (EX: As falaenas do bidueiro)

 Exemplo de teoria sintética

O conxunto xenético son tódolos xenes dunha poboación, polo que canto maior sexa o conxunto xénico da poboación, maior é a variabilidade xenética, é dicir, mais especies diferentes e mellor adaptadas poden surxir grazas a esta adaptabilidade

Bibliografía:

 Universidad Autónoma de Madrid

Web Intercambio Información  (Tesis, publicacións y documentos informativos xenerais)

Web Aprendizaxe (Escuelapedia) Redaccións baixo licencias de Creative Commons Share-Alike que controla las publicacions.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Matías Leandro Engster

 

Grazas mamá.

Na actualidade as células nai estanse a converter nun gran avance na investigación médica xa que axuda na cura de moitas enfermidades, pero, qué son as células nai?
As células nai son células non especializadas que teñen a asombrosa capacidade de convertérense en moitos tipos de células diferentes do corpo. Ao servir como unha especie de sistema de reparación para o corpo, poden dividirse potencialmente sen límite para repoñer outras células que se danasen. Existen dúas clases principais de células nai: as embrionarias e as adultas.
Estas células poden obterse de moitos tecidos do corpo, como a médula ósea, o sangue e outros órganos como o corazón. As células nai máis inmaduras atópanse no embrión ou no sangue do cordón umbilical dun bebé nacido recentemente.
O mellor das células nai  é que foron estudadas como una posible estratexia de tratamento para numerosas enfermidades como a diabetes, a enfermidade do Párkinson, o Alzheimer, a artrite, as queimaduras, as lesións da médula espiñal e máis especificamente, as enfermidades cardíacas, pero ao ser isto unha terapia de investigación, non pode facerse ningunha afirmación definitiva respecto do beneficio para unha enfermidade específica.

 

imagen

Gústame saber destas noticias e avances médicos porque hoxe en día necesitamos cura para estas enfermidades que son tan horribles, non só para o afectado, senón tamén para os seus familiares. Desexo que sigan investigando neste sector da medicina para que así, estes ensaios e investigacións, nun futuro, se convertan nunha realidade que salve vidas e mellore tantas outras.

Fontes de información:

- Páxina da “Mediplus”, servicio da Biblioteca Nacional de Medicina de EEUU.
- Instituto médico “Texas Heart”
- Imaxe sacada dun blogue ecoloxista xuvenil.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocío Nodal Rodríguez

 

Homo Heidelbergensis

O Homo heidelbergensis é un homínido que viviu en Europa entre fai algo máis de 500.000 e 200.000 años, especie intermedia entre o Homo antecessor e o home de Neanderthal. Trátase de individuos moi altos (1,80 m) e fortes (chegarían aos 100 kg), de grandes cráneos (case 1.400 cm3) aínda moi aplanados, con mandíbulas saintes e gran abertura nasal. Esta especie defínese en 1908 a raíz do descubrimento da mandíbula de Mauer na localidade alemá de Heidelberg. Ata os descubrimentos da Serra de Atapuerca, a mandíbula de Mauer (xunto con parte dunha tibia humana encontrada no xacemento inglés de Boxgrove) era tida como o fósil humano más antigo de Europa.

imagen

As súas características eran:

  •  A grande maioría de individuos medirían entre 160 e 180 centímetros, sendo o promedio dos machos algo superior ao promedio das femias.
  • As súas proporcións corporais eran moi similares ás do Homo sapiens, pero co tronco máis ancho. O seu peso corporal era un 30 por cento máis pesados que a nosa especie, debido a unha maior masa esquelética e muscular e á súa maior anchura do tronco.
  • A súa capacidade cranial sería unha media duns 100-150 centímetros cúbicos menor que en Homo sapiens.Cerebro lateralizado como o noso, con individuos principalmente destros. Grao de encefalización: menor que o da nosa especie: cerebro relativamente máis pequeno con respecto ao peso corporal.
  • A xestación era de nove meses, e o parto similar ao de Homo sapiens en canto á fisioloxía, movementos do neno e modo de presentación, pero cun tránsito máis folgado pola canle do parto, debido ás maiores dimensións da pelvis
  • A lonxevidade era menor que a de Homo sapiens, xa que o seu estilo de vida non permitiría unha vida máis aló dos 40 ou 45 anos. A esperanza de vida ao nacemento sería de entre quince e vinte anos.

    imagen

Eran cazadores e recolectores que se organizaban en pequenos grupos ou clans de entre 15 e 40 individuos jerarquizados, que explotaban e defendían os recursos dun territorio. As posibles causas de morte eran o parto, infeccións de feridas e da cavidade bucal, traumatismos producidos por golpes accidentais ou por violencia intra-específica ou por predadores.

As miñas fontes:

Atapuerca Homo Heidelbergensis Páxina web sobre os xacementos de Atapuerca

Centro Virtual Cervantes Páxina websobre a orixe do Homo Heidelbergensis

Entrada elaborada no curso 12-13 por Daniel Domínguez

 

O efecto placebo

O efecto placebo é un fenómeno segundo o cal os síntomas dunha doenza poden mellorar cunha “falsa” terapia. O caso máis empregado do placebo é ante a dor. Unha autoridade médica receita a un paciente con pequenas molestias unha pastilla para alivialas, que en realidade non contén ningún activo biolóxico, e o enfermo experimenta igualmente unha melloría.

A eficacia desta terapia foi probada por diversos tests clínicos. Ante un estudo con cen pacientes, o 40% experimentaron unha melloría ao consumir falsos medicamentos, fronte ao 50% dos pacientes que sí tomaron auténticas medicinas. Aínda que a proporción é lixeiramente maior no caso das auténticas pastillas, o test demostra que o efecto placebo é moi efectivo, pois o noso propio corpo, sen a necesidade de axuda externa,  mitiga a dor.

A efectividade do placebo vén determinada polo autoenganamento do cerebro. O noso cerebro ten a capacidade de decidir canta dor está disposto a soportar, e cando o seu límite é sobrepasado produce unha hormona para alivialo. Se o paciente pensa que recibiu medicamentos para anestesiar a dor, a súa resistencia ante esta diminúe, de maneira que o noso organismo comeza a fabricar un antídoto. O antídoto coñécese como opioide e é unha substancia similar ao opio, unha droga. O opioide calma o malestar actuando como unha morfina natural, non só ante o estimulante do placebo, senón tamén en partos ou accidentes automobilísticos.

Moitos defensores dos placebos avogan polo seu uso nos centros médicos e hospitais, como unha opción curativa máis do persoal sanitario. En verdade, os placebos contan con bastantes beneficios: inflúen positivamente sobre case todos os síntomas, non teñen efectos secundarios e poden subministrase en pequenas doses como píldoras de azucre ou inxeccións de soro fisiolóxico.

A eficacia do placebo varía segundo quen subministra a substancia. Nun ensaio clínico, cando era a enfermeira, a resposta positiva ante o suposto fármaco era do 25%, mentres que se era o médico o subministrador, do 70%. Asemade, as pastillas de sabor amargo, de pequeno tamaño ou moi grandes resultan máis efectivas cas doces. 

                                                    Viñeta cómica onde se pode ler:

Por outra banda, non todo o mundo está de acordo coa utilización de placebos na medicina. Para que estes teñan éxito, é preciso que o paciente non saiba que está sendo enganado. Moitas persoas consideran isto unha violación flagrante dos dereitos humanos, non sen razón. Un criterio fundamental na práctica médica é que a persoa convalecente sexa consciente dos tratamentos aos que será sometida, e dea o seu consentimento previo. Co emprego dos placebos, miles de pacientes quedan en mans dos doutores, que lles administran fármacos en base a unha confianza mutua e unha expectativa futura de curación.  Ademais, isto tamén contribúe a restar importancia a molestias que en realidade non pode ser tratadas con placebos, senón que precisan verdadeiras medicinas que conteñan principios activos.

Antes de expresar a miña opinión persoal, quería referirvos unha anécdota que lin mentres facía o post. Bruce Moseley era un médico estadounidense dedicado á ortopedia. A maioría de operacións que realizaba estaban relacionadas con doenzas nas articulacións, especialmente artrose no xeonllo. A solución ante esta enfermidade é bastante sinxela: realízase unha pequena incisión a altura do xeonllo, irrígase a zona afectada e se limpan as deformidades do cartilaxe. O doutor Moseley decidiu levar a cabo un experimento que consistía no seguinte: douscentos pacientes con artrose son introducidos nos quirófanos e sedados para a operación, mais a metade sae da habitación sen teren sido operados. Estes cen pacientes son enganados polo corpo médico e enviados a casa con receitas para a “dor post-intervención”. Pouco despois, faise unha enquisa para saber que cantidade de convalecentes atópase ben. O resultado dá que 180 están satisfeitos coa intervención cirúrxica xa que non teñen problemas no xeonllo.

Como sentenza a este episodio, podemos ditaminar que a dor sufrida por estes enfermos non era nin tan grave nin tan preocupante. Pero o certo é que se vemos o experimento dende o punto de vista ético ten moitos “ocos”. En primeiro lugar, a sanidade estadounidense non é como a nosa, é dicir, a xente ten que pagar a operación se quere ser curada, así que estas persoas son enganadas e estafadas brutalmente polo persoal médico, que cobra os cartos sen realizar a operación. En segundo lugar, estas investigacións tenden a subestimar a dor axea. Aínda que moitos destes homes e mulleres poidan resistir unha dor moito máis aguda, débese recordar que a definición de saúde é o completo estado de benestar físico, mental e social. Así pois, ninguén debería sufrir, por moi soportable que sexa a dor, porque é unha alteración negativa do noso benestar que pode impedirnos un estado de felicidade completa. Por último, a enquisa tivo un resultado positivo, dado que a maioría dos pacientes estaban contentos co seu estado. Pero que estiveran satisfeitos nun determinado momento non quere dicir que non poidan presentar molestias e problemas no futuro, pois a enfermidade está aínda sen curar. Quizais estas persoas sentiron certos síntomas negativos que foron tomados como parte da recuperación, cando é probable que puideran ser problemas derivados da artrose. Porén, estas probabilidades non foron tidas en contas no cuestionario, que deu por válido o experimento sen ter en conta as súas consecuencias futuras.

En resumen, eu estou a favor dos placebos sempre que sexan administrados coidadosamente e por persoal médico que estea en contacto directo cos pacientes, para aseguraren a súa mellora e garantir que unha doenza ou enfermidade non vaia a máis. Ademais, creo que cómpre sentar uns valores éticos sobre o uso dos placebos, de maneira que a poboación poida estar tranquila de que en caso dunha enfermidade grave ou dunha operación recibirá un tratamento clínico real, acorde coas súas necesidades.

Fontes:

- Para a imaxe: blog privado de autor descoñecido The Nice GuideLines Blog. Nela pódese ler: “Se non está absolutamente encantado e satisfeito co seu tratamento, podería deixar de usar placebos e receitarlle unha medicación real, pero só por esta vez.”

-A información foi quitada da revista GEO, nº261, e da páxina web de carácter informativo ¿Qué es la homeopatía?, elaborada por un conxunto de cidadáns interesados sobre esta nova rama da medicina.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Antía Pereira  Fernández

 

A saúde, unha cuestión de todos.

Actualmente, para a Organización Mundial da Saúde (OMS), a saúde non é só a ausencia de enfermidade, senón o estado de completo benestar, tanto físico como mental e social.

 Garantías de saúde

En todos os países desenvolvidos hai un sistema sanitario complexo que realiza varias funcións;

- Proporcionar atención médica gratuita e realizar campañas de vacunación.

- Promover a investigación médica.

- Fomentar a educación para a saúde, a través dos programas educativos e tamén mediante campañas de divulgación.

- Garantir a cobertura económica en caso de incapacidade laboral dunha persoa.

Os centros sanitarios nosistema sanitario español

Segundo o seu tamaño, as súas funcións e as atencións prestadas, pódense distinguir tres tipos de centros sanitarios, gestionados polos sistemas de saúde de cada Comunidade Autónoma.

  • Os centros de saúde son centros pequenos, con médicos xerais e pediatras, que atenden a poboacións pequenas ou a un barrio dunha cidade. O seu obxectivo é garantir a atención primaria, realizar o historial médico das familias e tratar as enfermidades máis comúns.
  • Os ambulatorios son centros de tamaño mediano, que dan servizo a zonas máis amplas que os centros de saúde. Neles hai médicos especialistas que poden tratar con eficacia enfermidades moi diferentes. Algúns dispoñen de servizo de asistencia urxente e de instalacións para realizar técnicas de diagnóstico algo máis complexas.
  • Os hospitais son grandes centros, con numeroso persoal sanitario. Neles aténdense as enfermidades máis graves, realízanse intervencións quirúrgicas e tratamentos de pacientes con hospitalización. Dispoñen das máis modernas técnicas de diagnóstico.

imagen

Ademais destes centros, no noso país hai unha gran número de clínicas privadas que en ocasións colaboran co sistema sanitario estatal.

 Decálogo de prevención para unha vida sa

1- Unha alimentación nutricionalmente correcta e un modo de vida saudable, xunto co exercicio físico, son os mellores alicerces para previr as enfermidades e garantir unha vida sa.

2- A infancia é unha etapa vulnerable desde o punto de vista nutricional, pois as necesidades de nutrientes son elevadas e o risco é maior. Nesa etapa fórmanse os hábitos alimentarios e deportivos. Por iso, promover a educación nutricional e unhas pautas de alimentación saudables, xunto ao exercicio físico moderado e continuado, debe ser unha prioridad.

3- Os hábitos de vida de nenos e adolescentes só poderán mellorar si cóidanse tamén a alimentación e o modo de vida dos adultos.

 4- É responsabilidade dos educadores e dos pais establecer os hábitos de vida que definen a conduta dos nenos, con pautas sobre o que se come e canto se come, limitando as actividades sedentarias (televisión, ordenador, videojuegos).

5- A nutrición non é unha lista de dietas. Hai que romper tópicos e entendela como unha ciencia complexa na que queda moito por investigar, pero na que se fixeron avances. Os alimentos non son “bos” ou “malos”, o que importa é o equilibrio e a proporción.

imagen

6- En xeral, os mozos toman menos cantidade de líquido do aconsellado. Débese aumentar o consumo de auga, zumes ou bebidas, ata un mínimo de 2-2,5 litros ao día.

7- En resume, unha alimentación variada e equilibrada, cun aumento da actividade física, ten unha repercusión positiva para a saúde.

Fontes

- Páxina da Organización Mundial da Saúde.

- Enciclopedia do Estudante, editorial Santillana

Entrada elaborada no curso 12-13 por  Silvia Puga García

 

Os pinzóns das Galápagos

   O 12 de Febreiro de 1809 nacía Charles Robert Darwin, o naturalista británico que sentou as bases da teoría moderna da evolución. En 1831,  con só 22 anos, Charles Darwin embarca como naturalista no Beagle para unha viaxe de exploración arredor do mundo que duraría cinco anos. Aquela aventura foi o xerme dunha nova teoría da orixe e da evolución das distintas formas de vida na terra.

Ao longo da súa viaxe, o Beagle desembarcou en numerosos lugares, como Cabo Verde, San Salvador, Río de Janeiro, Montevideo, Bahía Blanca, Patagonia, Terra de Fogo, Valparaíso, Nova Zelanda, Sidney, Tasmania, Islas Cocos, Illa Mauricio e Cidade do Cabo; mais foi nas Illas Galápagos onde Darwin realizou a maior parte dos seus descubrimentos.

El_Viaje_de_Darwin.JPG

Percorrido do Beagle ao longo da súa expedición

   Darwin puxera moitas expectativas neste arquipélago ecuatoriano, e non o defraudou. Non só pola xeoloxía, senón polo singular da súa fauna, e pronto ficou sorprendido pola gradación dos peteiros das diferentes especies de Pinzón, xerme das súas ideas sobre a selección natural.

   Segundo puido comprobar o naturalista británico, a estructura destas aves difire considerablemente dunha illa a outra. As principais diferenzas atópanse nos seus peteiros, adaptados ás diferentes fontes de alimento de cada hábitat. A continuación, as diferentes especies de Pinzóns que descubriu Darwin nas Illas Galápagos e as súas principais características:

  •  O pinzón vampiro da Illa de Wolf (Geospiza difficilis septentrionalis) emprega o seu afiado peteiro para lanzarse sobre os alcatraces e chucharlles o sangue.
  • O pinzón do cactus da Illa Genovesa (Geospiza conirostris) desenrolou un peteiro máis longo para poder chegar ás flores dos cactus e comer o seu néctar sen cravarse as espiñas.
  • O pinzón terrestre da Illa de Santiago (Geospiza magnirostris) desenrolou peteiros cortos, anchos e duros para poderen triturar as sementes que atopan no chan.
  • O pinzón terrestre da Illa de Santa Cruz (Geospiza fuliginosa) come os parásitos e insectos que invaden a pel das tartarugas xigantes das Galápagos.
  • O pinzón do pantano da Illa de Isabela (Camarhynchus heliobates) aprendeu a empregar unha palliña para sacar as larvas fóra das plantas e así poder comelas.
  • O trinador da Illa Española (Certhidea olivacea) ten un peteiro puntiagudo e longo para alcanzar as larvas dos insectos dos que se alimenta, agochados no interior de pequenos buratos.

1361717235.730.905_www.CortarFotos.com_.jpg

 Diferentes especies de Pinzóns nas Illas Galápagos

 Así, cos Pinzóns das Galápagos, a natureza demóstranos, unha vez máis,  o incríble que é, e a cantidade de marabillosas especies de seres vivos que temos ao noso arredor.

 

Fontes de Información:

 MuyInteresante.es - Páxina web da revista ‘Muy Interesante’. Especial Darwin.

 Educarm.es - Páxina web da Asociación Cultural Paleontolóxica Murciana.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubi Gómez.

 

Café para previr o cancro de endometrio

endometrio é o recubrimento do útero. O cancro de endometrio é un tipo frecuente de cancro en mulleres, na cal se encontran células (malignas) no revestimento interno do útero. Este cancro é o mais frecuente nos países industrializados despois do de mama, pulmón e colon.

Os principais síntomas do cancro de endometrio son o fluxo  vaxinal anormal, a dor pélvica, a dor durante ás relacións sexuais e o sangrado ou secreción non relacionados coa menstruación.

Os factores que aumentan o resgo de contraer o cancro de endometrio son:

  • Ter mais de 50 anos de idade.
  • As mulleres que teñen obesidade.
  • Pacientes con cáncer de mama que foron tratados con tamoxifeno. Unha muller que toma este medicamento debe someterse a un exame pélvico todos os anos.
  • As mulleres que toman solo estróxeno teñen maior resgo de presentar este cancro.
  • Haber tido problemas para quedarse embarazada ou haber tido menos de cinco períodos menstruais en un ano calquera durante toda a súa vida antes de comezar a menopausa.
  • Ter parentes que haxan tido cancro de útero,de colon ou de ovario.
  • Diabetes.
  • Tabaquismo.

imagen

O tratamento mais común para esta patoloxía é a cirurxía, que é una intervención  na cal se extrae o útero, os ovarios e os ganglios linfáticos, resultando moitas veces moi agresiva para a pácente.

Según un estudio efectuado pola Universidade de Harvard, catro tazas de café ao día durante un período prolongado de tempo reduce un 25 por cento o resgo de desenvolver cáncer de endometrio.Os investigadores estudaron a relación entre o consumo de café e o cancro de endometrio en 67.470 mulleres. Durante os 26 anos que durou o seguimento, documentaron 672 casos de este tipo de tumor. Beber mais de catro tazas de café ao día relacionouse con un 25% menos de resgo de sufrir cancro de endometrio; mentres que si se consumían entre dúas e tres tazas diarias o resgo reducíase a un 7%. Ademais, os investigadores descubriron que o descafeinado tamén goza de esta propiedade, xa que beber mais de dúas tazas ao día reducía o resgo en un 22%.

 O café ademais de prever o cancro de endometrio, tamén prevé a diabetes tipo 2 , o cancro de próstata e a depresión.

Os investigadores recomendan ter coidado con o azucre ao consumir o café, xa que isto contribúe a o aumento de peso e a resistencia a insulina,o cal aumenta o resgo de cancro de endometrio. Realmente é unha boa idea tomar catro tazas de café diarias?.

Fontes:

Clínica Universidad de Navarra

Instituto Nacional de Cáncer  (a principal axencia do goberno federal dos Estados Unidos dedicada as investigacións de cáncer e a formación profesional deste campo.)

Blog de un doctor licenciado en medicina e ciruxía.

CDC (departamento de saúde e servizos humanos dos EE.UU.)

Blog de unha doctora.

Fotografia:

Sacada dunha páxina de un Instituto Nacional de Cáncer.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Alexandra Alfonso Casal.

 

Canto custa o teu cigarro?

 A pesar de que as comisións de saúde saben desde décadas que fumar induce a cancro de pulmón, enfisema e outras enfermidades, a industria tabacalera, nun intento por atopar evidencias pola contra, segue realizando dolorosos experimentos en cans, gatos, monos, coellos, pitos, ratas, ratos e outros animais.

Ironicamente, os experimentos en animais enganaron ao público durante anos xa que ratas, ratos, cans, e outros animais non desenvolverán cancros nos seus pulmóns como o fan os humanos. As enfermidades relacionadas co tabaquismo proveñen de estudos epidemiolóxicos e clínicos en humanos, non en animais. É inxusto que intenten probar os produtos en animais para saber se nos van facer dano a nos.

 

A pesar disto, miles de animais de todo o mundo sofren e morren cada ano en experimentos sobre tabaquismo e investigación relacionada. Porcos, cans, primates, coellos de indias, roedores e mesmo pitos, todos foron usados nestas probas. Xa sabemos que fumar é un perigo para a saúde, e hai millóns de voluntarios humanos e pacientes nos que se pode estudar o efecto de fumar cigarros. Así que, por que continúan estes experimentos?

(Aquí deixo un vídeo co dano que sofren os animais)


Fumadores pasivos.

Estudos con animais sobre fumar pasivamente tamén foron conducidos por investigadores académicos: na Universidade de Nova York, usáronse 42 pitos como modelos dos fumadores humanos. As aves foron expostas a fume de tabaco ou aire filtrado, 6 horas ao día, cinco días á semana, durante 16 semanas. Entón, foron matadas e examinadas para buscar signos de enfermidades coronarias.

Na Universidade de California, San Francisco, 64 coellos foron alimentados cunha dieta alta en colesterol, para incrementar o seu risco de padecer enfermidades de corazón. Tamén foron expostos a fume de tabaco de Marlboro ou aire normal, 6 horas ao día durante 10 semanas, antes de ser matados e examinados buscando evidencias de arteriosclerosis. Na Universidade de California, Davis, polo menos 64 ratas preñadas foron usadas para ver os efectos de fumar pasivamente durante o embarazo e dos parches de nicotina. Algúns animais foron expostos ao fume continuamente durante 9 días. Todos foron matados ao final dos seus embarazos.

En contraste cos experimentos da industria, os resultados destes tests con animais foron usados para suxerir que fumar pasivamente é daniño para a xente.

Cigarrillos sen fume.

Máis de 1.200 ratas, 272 hamsters e 750 ratos foron usados en estudos básicos de toxicidade por inhalación deste tipo de cigarros. Os animais foron confinados en tubos de contención individuais e forzados a respirar “fume” de cigarros normais ou dos novos cigarros “sen fume”, durante variados períodos de tempo (máis de 90 días nalgúns casos). Ao final dos estudos, os animais foron matados e diseccionados. Os resultados mostraron algunhas “grandes diferenzas entre especies” pero en conxunto concluíuse que os cigarros sen fume “induce cambios biolóxicos significantemente máis baixos e menos pronunciados que o cigarro de referencia.

Os investigadores de R.J. Reynolds tamén levaron a cabo outras probas con roedores, incluíndo un estudo no que se puxo nicotina de cigarros normais e sen fume nas costas peladas de ratos, para ver os danos do seu ADN. Desafortunadamente, os investigadores académicos tamén usaron animais en investigación de cigarros “sen fume”: na Universidade de Wisconsin, 10 cans foron anestesiados e os seus peitos abertos para expor o corazón. Para replicar a arterioesclerosis, a arteria coronaria foi atada cun colar plástico, causando que o fluxo de sangue reducísese e formásense trombosis. Os cans foron entón expostos a fume de cigarros normais ou sen fume, directamente aos pulmóns vía tubo a través da garganta. Aseguráronse os efectos dos diferentes fumes no fluxo de sangue coronario e a formación de coágulos. Os resultados mostraron que ambos os tipos de cigarros exacerbaban a formación de trombos. Concluíuse que “- fumar este novo tipo de cigarros probablemente non elimina o fume como un factor de risco de enfermidades cardiovasculares”. 

Outros abusos.

A Smocking Research Foundation de Xapón está financiada nun 87% por Japan Tobacco, propietarios da compañía inglesa Manchester Tobacco. As investigacións patrocinadas pola Smocking Research Foundation incluíron estudos nos que monos rhesus son adestrados para fumar cigarros, e probas de adicción á nicotina onde monos e ratas tiñan que presionar pancas para autoinyectarse nicotina. O Council for Tobacco Research - USA Inc. é unha organización non lucrativa independente que patrocina investigacións sobre tabaco e saúde. Fundada en 1.954, o Consello está financiado pola industria tabaqueira. Un estudo financiado polo Council for Tobacco Research e a Swedish Tobacco Company, no Instituto Karolinska, Estocolmo, usou 28 porcos. Aos animais anestesiados bombeáronlles aos pulmóns fume de cigarro, nicotina, monóxido de carbono e outros ingredientes do tabaco, vía tubo pola garganta.

Philip Morris (fabricante de Marlboro) revelou, en audiencias do Congreso estadounidense, que fixeran experimentos sobre adicción á nicotina usando ratas. Os resultados deste estudo foron, con todo, retirados. Despois levaron a cabo similares investigacións por científicos canadenses, resultando na innecesaria duplicación destes tests en animais. e outros mais exemplos

http://veganauta.wordpress.com/2006/03/08/experimentos-de-tabaco-con-animales/

(Grupo de veganos que intentan informarnos sinceramente)

 http://animalsoy.blogspot.com.es/2010/11/cuanto-cuesta-tu-cigarrillo-tabacaleras.html

(Blog de cordoba-arxentina, vegano, sen animo de lucro)

imagen

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Presa Domínguez.

 

Seguimos evolucionando?

Aínda que non o pareza, a especie humana, que xurdiu en África hai uns 200 mil anos, non deixou de ser sometida ás forzas da evolución desde aqueles tempos. Este é un feito xa aceptado entre a maioría de científicos que, pouco máis de dez anos atrás, pensaban que o Homo Sapiens tiña escapado da selección natural a partir do momento que dominou a natureza, é dicir, desde que construíu un teito baixo o que vivir e cultivou e criou o seu propio alimento. Recentes investigación veñen a demostrar o contrario; o ser humano non só non deixou de evolucionar, senón que o fai cada vez máis rápido. Logo de analizar as secuencias de ao redor de 200 xenomas humanos, os investigadores afirman ter descuberto novas probas que descartan a idea de que os barridos selectivos son o método principal da adaptación do humano.

O humano é moi adaptable, se cambia de hábitat pode estar perfectamente adaptado a el en moi poucas xeracións. Cada vez a máis nenos failles falta ortodoncia, isto é un feito que comproba que nas últimas xeracións foise reducindo o tamaño de boca máis rápido que o dos dentes; tamén a cada vez menos persoas lles saen as moas do xuízo.

imagen

A visión popular da evolución é que é lenta, moi lenta. Pero é un feito observado que nas grandes poboacións é máis factible que ocorran máis mutacións adaptativas. Razón pola cal a evolución, ou a adaptación ao medio, actúa máis rápido. Un dato curioso é que a media de altura mundial aumenta cada vez máis rápido co paso das décadas.

As teorías máis extraordinarias debuxan un futuro de ciencia ficción, no que poderiamos converternos en ciborgs, organismos cibernéticos dotados de dispositivos mecánicos e mesmo hai quen di que acabaremos dixitalizando as nosas conciencias para conseguir unha inmortalidade cibernética.

imagen

 Este é un video moi interesante sobre como a evolucion podería depender dun pequeno cambio da forma cranial e como este feito afecta ao resto na anatomía en xeral.

Fontes:

Página de noticias (Argentina)

Blog de  Santiago Sánchez-Migallón Jiménez (filósofo)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Enrique Leitao Rodríguez.

 

Fuman por ti.

 Son aquelas persoas que, sen ser fumadoras, están expostas con frecuencia ao aire contaminado polo fume de tabaco xerado por outras persoas. Ou fume secundario é unha mestura do fume residual que provén do tabaco en combustión e do fume exhalado polo fumador. Componse dunhas 4.000 sustancias químicas, dás cales unha gran cantidade causa enfermidades respiratorias e unhas 40 son posibles canceríxenos.

imagen

Antes, pensábase que “fumar involuntariamente” causaba efectos leves como irritación nos ollos. Con todo, hoxe día sábese que os fumadores pasivos presentan, con maior frecuencia que os que non o son, alteracións respiratorias, cardíacas, otorrinolaringolóxicas e mesmo cancro de pulmón. Na actualidade acéptase un incremento do 25% ao 30% no risco de enfermidades cardiovasculares para os fumadores pasivos e do 20% para o cancro de pulmón. O fume que é emitido ao aire desde o extremo aceso dun cigarro ten concentracións máis elevadas de axentes que causan cancro que o fume que o fumador exhala. Ademais, contén partículas máis pequenas que o fume que exhala o fumador, o que facilita o seu acceso ás células do corpo.

imagen

-Entre os efectos do fume secundario destacan:

  • Efectos inmediatos:

Os efectos inmediatos do fume secundario son: irritación dos ollos, tose, dor de garganta, dor de cabeza, náuseas e mareos.

  • Efectos a longo prazo:

Cancro de pulmón: A maior causa de cancro de pulmón entre o non fumadores é a exposición ao fume secundario.

Problemas cardiovasculares: O fume secundario produce danos cardíacos a curto e longo prazo, diminuíndo a capacidade funcional do corazón e afectando a función sanguínea de transportar osíxeno. Algúns dos produtos químicos contidos no fume secundario poden bloquear ou endurecer as arterias.

Apoplejía: O non fumadores expostos ao fume secundario corren un risco de ataques de apoplejía 80% maior que as persoas non expostas a esta situación.

Asma: Una de las investigaciones reveló que los no fumadores que tienen contacto con humo secundario en el lugar de trabajo mostraron el doble de propensión al asma que aquellos individuos no expuestos al humo del tabaco.

Fontes de información:

Clínica da universidade de Navarra.

Clínica farmaceutica online.

Asociación española contra o cancer.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Enrique Leitao Rodríguez.