O cancro de páncreas

O páncreas é unha glándula de aproximadamente entre 16 e 20 centímetros de longo con forma de pera delgada. O extremo máis ancho del denomínase cabeza, a sección media denomínase corpo e o extremo delgado recibe o nome de cola. Encontrase detrás do estómago e diante da columna vertebral. Este órgano cumpre dúas funcións principais no corpo:

  • Producir xugos que axudan na dixestión (descomposición) dos alimentos.
  • Produción de hormonas, como a insulina e o glucagón, que axudan a controlar as concentracións de azucres na sangue. Ambas hormonas axudan a utilizar e almacenar a enerxía que se obtén dos alimentos.

imagen

  O seu cancro é un dos tumores máis agresivos do tracto dixestivo. A maioría dos pacientes con cancro de páncreas falecen por esta enfermidade debido a que os tumores se diagnostican tarde, cando xa non son curables. A posición do páncreas no organismo fai que o tumor invada outros órganos e se estende con rapidez.

As causas principais de padecer este cancro son o factor xenético, a idade (a partir dos 50 anos), sexo (os homes teñen un 30 por cento máis de probabilidades de padecelo), o tabaco, a mala alimentación, a exposición intensa a certos produtos químicos, pancreatites crónica e ser diabético, xa que é máis común nas persoas con diabetes.

O tumor localízase con frecuencia na cabeza pancreática. A este nivel, invade moi pronto a vía biliar, o que provoca a interrupción do fluxo da biles dende o fígado ao intestino co cal o paciente ponse “amarelo”, a isto chamaselle ictericia e con frecuencia ten picores xeneralizados debidos a ausencia da eliminación dos sales biliares. O dolor das costas a altura do estómago, a perdida do peso son outros síntomas tamén moi frecuentes.

 Bibliografía:

 Instituto Nacional do Cancro dos Institutos Nacionais da saúde de EEUU

Clínica Universidade de Navarra 

Web de saúde DMEDICINA

 Imaxe:

Instituto Nacional do Cancro dos Institutos Nacionais da saúde de EEUU

Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso

 

Homo habilis

O primeiro Homo que se encontrou é o Homo habilis. O seu nome significa “home habilidoso” e fai referencia ao encontro de instrumentos líticos confeccionados por este. Viviu aproximadamente desde 2,4 a 1,8 millóns de anos antes da actualidade.Observase como dato importante un enorme incremento no tamaño cerebral con respecto aos Australopithecus, que superou os 650 cm3. A cabeza do fémur e máis grande pero é corta e redondeada, o que permite ao individuo unha maior mobilidade por parte das pernas. Tiñan os dedos curvos das mans e dos pes o que indicaba que aínda utilizaban as árbores. A súa altura era de 1,30 m, altura similar a o do Australopitecos africanus, e o seu peso calculado é de 40 kg. aproximadamente.

Non hai dúbidas de que o seu andar era erguido, así o testemuñan as características da súa pelves,columna e membros. Podemos concluír que tanto os osos das mas como das pernas estaban mais próximo aos seres humanos modernos que aos antropomorfos.

imagen

O mais interesante deste homínido,e o que lle dá nome,é a sua aparente capacidade para fabricar útiles, non só usa paus, pedras e osos, senon traballar materias primas como a pedra para obter útiles mais elaborados. En realidade non esta de todo claro que esta capacidade de fabricar ferramentas fora de Homo habilis, polo menos non exlusivamente, xa que nos mesmos lugares onde se atoparon restos de Homo habilis e de industria tamén había restos de Australophitecus africanus, polo que queda a dúbida de quen os frabricou en realidade.Tampouco está clara a procedencia deste primeiro Homo, represéntase a evolución directa de Australophitecus africanus,ou si provén dalgún antepasado que non coñecemos aínda.

Fontes:

Universidade católica pontifica de Puerto Rico

A imaxe está extraída da wikipedia

Páxina Biosfera de recursos Tic do ministerio de educación

Entrada elaborada no curso 12-13 por Alexandra Alfonso Casal

 

A fecundación in vitro

A fecundación in vitro (FIV) é unha técnica de laboratorio que permite fecundar un óvulo cun espermatozoide fóra do útero. Esta técnica consiste na inseminación dun óvulo mediante a microinxección dun espermatozoide no seu interior. O óvulo unha vez fecundado convértese en preembrión e transfírese ao útero para que continúe o seu desenvolvemento.

imagen

Por que é desenvolvida esta técnica?

  • Pola idade avanzada da muller
  • Porque a muller ten as trompas de Falopio obstruídas ou danadas
  • Pola endometriosis
  • Pola infertilidade masculina

Pasos da Fecundación

Paso 1: Estimulación, tamén chamada superovulación

Á muller se lle administran medicamentos, comúnmente chamados fármacos para a fertilidade, co fin de incrementar a produción de óvulos. Normalmente, unha muller produce un óvulo por mes, pero estes fármacos para a fertilidade ordénanlle aos ovarios producir varios óvulos.

Paso 2: Retiro do óvulo

Lévase a cabo unha ciruxía menor, chamada aspiración folicular, para retirar os óvulos do corpo da muller. Á muller se lle administran medicamentos de tal maneira que non sinta dor durante o procedemento. Utilizando imaxes de ultrasonido como guía, o médico inserta unha agulla delgada a través da vaxina e dentro do ovario e os sacos (folículos) que conteñen os óvulos. Se unha muller non produce ou no pode producir ningún óvulo, pódense utilizar óvulos doados.

Paso 3: Inseminación e fecundación

O espermatozoide do home colócase xunto cos óvulos de mellor calidade e almacénanse nunha cámara ambientalmente controlada. A mestura de espermatozoide e óvulo denomínase inseminación. O espermatozoide xeralmente entra nun óvulo unhas cantas horas despois da inseminación.

Paso 4: Cultivo do embrión

Cando o óvulo fertilizado divídese e, convértese nun embrión, o persoal do laboratorio o vixilará regularmente para asegurarse de que estea crecendo de maneira apropiada. En aproximadamente a cinco días, o embrión ten varias células que se están dividindo activamente. As parellas que teñen un risco alto de transmitir un trastorno xenético (hereditario) a un fillo poden considerar a posibilidade de facerse un diagnóstico xenético preimplantatorio (PGD). O procedemento faise aproximadamente de 3 a 4 días despois da fecundación. Os científicos do laboratorio retiran unha soa célula de cada embrión e examinan o material en busca de trastornos xenéticos específicos.

Paso 5: Transferencia do embrión

Os embrións son colocados dentro do útero da muller de 3 a 5 días despois do retiro e fecundación do óvulo. Se un embrión pégase ou implántase no revestimento do útero e crece alí, preséntase o embarazo. Pódese colocar máis dun embrión dentro da vaxina ao mesmo tempo, o cal pode levar a xemelgos, trillizos ou máis. O número de embrións transferidos é un asunto complexo que depende de moitos factores, especialmente a idade da muller. Os embrións que non se utilizan pódense conxelar e implantalos ou doalos nunha data posterior.

 

imagen

O primeiro neno probeta naceu en 1978 en Inglaterra. Os responsables deste nacemento foron dous médicos da Universidade de Cambridge, Robert Edwards e Patrick Steptoe.

As miñas fontes de informacion :

  1. consumer Esta é unha páxina web que explica o que é a fecundación in vitro e como se aplica.
  2. eugin Esta é unha páxina web onde se explican as fases.
  3. nlm Esta é unha páxina web onde se explican os pasos e riscos.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Daniel Domínguez Fernández

     

    O transformismo de Lamarck

    O transformismo de Lamarck constitúe o primeiro intento de dar unha explicación aos cambios que se producen nas especies e que dan lugar a especies próximas. Esta teoría publicouse en 1809 no libro Filosofía zoolóxica. A principal achega deste traballo non foi científica, posto que se basea en teorías non científicas como o creacionismo, senón social, xa que estableceu o feito incuestionable da evolución. Baséase nos seguintes principios ou afirmacións:

    - Os cambios medioambientais provocan novas necesidades nos organismos.

    - Para adaptarse ao novo medio, os organismos deben modificar o grao de uso dos seus órganos. Un uso continuado dun órgano produce  o seu crecemento (de aquí a famosa frase “a función crea o órgano”). Pola contra, un desuso prolongado provoca a súa diminución e posterior desaparición.

    -  As modificacións «creadas» polos distintos graos de utilización dos órganos transmítense de xeración en xeración. É dicir, os caracteres adquiridos hérdanse.

    Máis… como aplica Lamarck esta teoría ao mundo real?

    Collamos o exemplo do topo: ao pasar a maior parte da súa vida baixo terra non precisan ver, de xeito que os seus ollos ao entrar en desuso atrófianse e posteriormente desaparecen. Estas modificacións adquiridas hérdanse, de xeito que tras varias xeracións os topos nacerán sen ollos, ou con uns moi pequenos que non terán ningunha utilidade.

    O seguinte vídeo explica dun xeito claro e divertido esta teoría:


    Bibliografía:

    Youtube (páxina de onde obtiven o vídeo)

    Libro de texto: Ciencias para o mundo contemporaneo 1ºBACH. (Ed. Anaya)

    http://symploke.trujaman.org/(Enciclopedia online, xestionada polo Proxecto Symploké, enciclopedia colaborativa en liña)

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva Villar García

     

    Adeus mundo terrestre.

    As baleas son animais mariños pertencentes ó grupo dos cetáceos. Crese que existen dende fai máis de 5o millóns de anos, e que no principio deste período camiñaban sobre a terra.  Levouse a cabo esta conclusión partindo do feito de ser animais mamíferos, e de restos dos seus antepasados atopados que mostran as semellanzas que posúen ambas nas características anatómicas, tanto as baleas actuais como as prehistóricas, capaces de camiñar e de moverse pola auga. Pénsase que este proceso de adaptación levouse a cabo por diferentes razóns, como por exemplo, que tiveran dificultades para encontrar alimento na terra ou o calor que existía nesta. Así, o medio acuático era un lugar idóneo para refrescarse e buscar comida para sobrevivir. Có tempo e a evolución,  os seus apéndices cambiaron ofrecéndolles un maior control sobre os seus movementos no auga.

    Durante certas épocas do ano, o auga estaba demasiado fría para que as baleas puideran sobrevivir debido a que son animais de sangre quente, polo tanto evolucionaron patróns de migración. A pesar dos cambios significativos no seu entorno actual, como poden ser, a contaminación, os barcos navegando, os cambios de temperatura e a destrución provocada polos humanos a algunhas especies de baleas, foron capaces de adaptarse e prosperar, como se pode ver neste vídeo:


       Como podemos observar neste entretido vídeo, as baleas adaptáronse a evolucionaron con respecto ó medio, para facer máis sinxela a súa supervivencia neste. O primeiro  que se observa é o cambio dos dedos e  das pezoñas, ó non necesitalos, por unhas extremidades que lles permitían desprazarse tanto en terra como no auga, e que na actualidade, constitúen as  aletas. Ademais, son mamíferos de sangre quente, polo que teñen que manter unha temperatura corporal elevada, que conseguen grazas  á capas de graxa. O pelo foi desaparecendo e transformándose nesta. Como podemos comprobar, a evolución non acabou nese momento, na actualidade, desapareceron as extremidades posteriores na anatomía exterior, pero hai vestixios nos ósos da cintura pélvica embebidos na musculatura corporal e sen conexión coa columna vertebral. Este proceso de evolución levouse a cabo durante o  Eoceno e esta especie tivo catro antepasados antes de chegar ó que coñecemos agora.

     imagen

     

     Mesonychid. Existiu fai cerca de 60-32 millóns de anos. O aspecto era semellante ó das hienas actuais con catro patas cortas. Tiña dentes triangulares.

     Ambulocetus. Viviu fai cerca de 50-49 millóns de anos. Posuía unhas extremidades que lle permitían transportarse tanto por auga como por terra e a súa pelves estaba unida a columna vertebral. Tiña unha mandíbula larga e poderosa con dentes parecidos ós das quenllas.

    Rodhocetus. Existiu fai cerca de 47-46 millóns de anos.  O seu corpo xa era de balea pero aínda contaba con catro extremidades. Súa pelves non estaba fusionada á columna vertebral. O fuciño era con forma de punta e con moitos dentes triangulares afiados.

    Basilosaurus. Viviu fai cerca de 40-3 6 millóns de anos. É unha das primeiras baleas que aínda posuía as patas traseiras e unha pelves moi reducida. Súa larga mandíbula presentaba corenta e catro dentes.

    Aínda que esta evolución non foi igual para toda especie,  podemos enoncotrar os diferentes tipos nesta enciclopeda chamada BALLENAPEDIA.

       - As miñas fontes de información para elaborar este post:

    Una enciclopedia chamada BALLENAPEDIA 

    Unha páxina informativa creada polos estudantes da Universidade Nacional  Autónoma de México (UNAM)

    Un espazo web creado por dous estudantes universitarios chamado  buenastareas

     O vídeo foi publicado por un canal de televisión chamado solisgoku

    Un blog elaborado por uns alumnos con axuda dos seus mestres chamado divulgación e ciencia.

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

     

    Só con coco.

    Aínda que un embarazo na adolescencia cambia totalmente o proxecto de vida e pon en perigo a saúde da nai e do fillo, na actualidade, a pesar da información e dos medios existentes para evitalo, a cifra de mozas menores de dezanove anos que se embarazan ou que teñen fillos, aumenta día con día, de tal forma que soamente en México se reportan máis dun millón delas, das cales 4000 acaban en enfermidades crónicas-dexenerativas ou metabólicas ou morte das nais, principalmente menores de 16 anos, durante o embarazo ou ben ata os 42 días despois do parto. Estes pasamentos ocorren por determinadas razóns; unha hemorraxia materna, infeccións, complicacións do aborto, hipertensión, pero a primordial é que o corpo das mulleres tan novas non está preparado para concibir un fillo. Nos países desenvolvidos morrer preséntase de maneira máis reducida, un caso de cada mil. Pero o peor é que este acontecemento, que normalmente se define como marabilloso, non o é tanto, xa que falece máis dun millón de bebés ó ano, ou se non, adoitan nacer con problemas conxénitos.

    Ter un fillo non desexado na adolescencia afecta á xoves de todos os niveis económicos e educativos, aínda que é máis abundante nas familias máis pobres e, a súa vez, con menos recursos para obter dunha boa educación.

    imagen

    O nacemento  dun bebé supón compromiso, sacrificio e abandono dunha serie de accións que antes formaban parte da vida diaria dos adolescentes, cambiándoas por outras relacionadas con maternidade. Isto provoca frustración, que termina por prexudicar ós fillos e ás fillas, que non tiveron nada que ver coa decisión equivocada. O impacto dun embarazo na adolescencia, ademais de ter riscos físicos, supón a deserción escolar, isto é, cando as mozas adolescentes quedan embarazadas deben asumir responsabilidades  de nais que, polo xeral, non poden compartir co estudo, ou dificúltaselles notablemente, entón optan por ter ós seus bebés e abandonar a escola. Tamén inclúe ter un maior número de fillos ó largo da xuventude, desemprego, ou ingresos inferiores de por vida, xeralmente fracaso nas relacións de parella e abandono da vida social. Pero isto non é todo, outro dos problemas é a oposición social ou relixiosa cando se concibiu o neno fora do matrimonio, dado que, para moitas familias, movidas por unas ideas fixas morais ou relixiosas, consideran indesexables as relacións sexuais fora do matrimonio.

    Por si fora pouco, ter un descendente non desexado non só afecta ás mulleres, senón tamén ó pai, aínda que normalmente non asume a responsabilidade paterna, e os bebés, ó final, quédanse coa nai e a familia desta, que debe axudar economicamente e apoiar emocionalmente.

    Moitos dos embarazos no planificados xorden porque os adolescentes seguen os consellos inadecuados de amigos, pola falta de confianza ou a pouca apertura que existe para falar do tema da sexualidade coa súa familia. Expertos aseguran que con educación sexual podería reducirse o índice de embarazos non desexados e lograr unha cultura de educación sexual baseado no uso de anticonceptivos temporais, os cales se poden encontrar  en affection.org, un foro gratuíto que nos aporta grandes respostas con respecto á sexualidade.

    Como última parte do post, deíxovos un vídeo onde explica de maneira máis entretida, amena e completa, nalgúns campos, o dito anteriormente:


    Biografía:

    Páxina imformativa sobre os embarazos nas adolescentes.(.docstoc)

    Blog dixital xuvenil chamada quiainfantil.com

    Foro sobre a educación sexual creada por diferentes doctores que ten como nome salud180.com

    Vídeo publicado por un canal de televisión chamado zona xoven

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

     

    O verdadeiro colonizador de América

    Pese a teima popular de dicir que o descubrimento de América ocorreu no ano 1492 por Cristóbal Colón, isto non é certo. Moitos centos e incluso miles de anos antes de que os españois chegáramos ao continente americano xa había nativos alí. Os pobos maias ou incas son un bo exemplo. O que se vai a tratar neste post é quenes son os verdadeiros descubridores desta terra descoñecida ata entón.

    O Homo sapiensapareceu en África hai 180 000 anos,concretamente en Etiopía. Dende alí expandiouse aos demais continentes, primeiro Asia fai 100 000 anos e despois Australasia  fai uns 60 000, posteriormente a Europa hai 45 ooo anos, e finalmente a América hai uns 35 000 anos.

    Estes intrépidos exploradores chegaron ao continente americano a través do estreito de Bering, que une o extremo máis oriental de Asia coa península de Alasca. Durante a Idade de Xeo o nivel do mar estaba moito máis baixo que na actualidade, ata 120 metros, e este paso era perfectamente transitable para os homes prehistóricos, acostumados ás rigurosidades do clima de Siberia.Mapa del estrecho de Bering

    Pero non foi ata hai 13000 anos cando o Homo sapiens conseguiu avanzar cara o sur de Canadá, ao producirse un  período de desxeo do planeta que derretiu os glaciares que impedían o paso. Acadaron entón as praderías vírxenes dos actuais Estados Unidos, que contaban cun alto número de presas e animais aptos para o consumo humano, como mamuts ou bisontes xigantescos. Eran os homes de Clovis (Novo México, EE.UU.), cuxos retos antropolóxicos datan de hai 11 000 anos e estaban considerados ata ben pouco os máis antigos do continente americano. Esta é a teoría máis extendida e aceptada pola comunidade científica.

    Recentemente o achado nunha cova natural coñecida como The Pit (Península de Yucatán, México) de ósos de homes prehistóricos, aproximadamente 2000 mil anos anteriores á cultura de Clovis, fai aos palentólogos replantearse a teoría do asentamento humano en América. O pozo mide 32 metros de profundidade e é unha entrada a unha red de pasadizos subterráneos naturais que se extende por toda a península. Os arqueólogos deben penetrar na oscuridade e desenterrar os ósos nun limitado período de tempo, pois o osíxeno gardado nas botellas convértese nun ben preciado e escaso a esas profundidades.  Despois, unha vez que os restos xa se atopan na superficie, son trasladados aos laboratorios onde son investigados polos máis prestixiosos científicos mexicanos, liderados polo doctor Terrazas.

    Ao seren estes restos anteriores a todos os antes coñecido na zona, crea a posibilidade que a ocupación de Sudamérica ocorrera de outra maneira. O doctor Terrazas defende a seguinte hipótese:

     -Obertura: Os seres humanos xa estaban asentados no itsmo de Bering, mais non podían avanzar cara o sur debido a presenza de enormes glaciares. Algunha tribú pioneira podería rodear a costa Oeste de Canadá ata chegar as zonas máis tropicais en piraguas, seguindo o recorrido das focas.

    -Segundo acto: Os pescadores chegaron ás costas vírxenes de California e México, onde se estableceron. Existían por aquela época grandes animais idóneos para a caza(mamuts, camellos, etc.), que constituían o seu principal aporte alimenticio.

    - Último acto: Estes “paleoamericanos” extinguíronse cando ocurriu o período de desxeo fai 11ooo anos, ao subir o nivel do mar e desapareceren as presas fáciles de cazar. Virían posteriormente novos homes de Siberia (home de Clovis) mellor adaptados que poblarían definitivamente o continente e darían lugar ás étnicas propias da zona: maias, aztecas…

    Fontes:

    -A imaxe está alonxada nun blog persoal dedicado á antropoloxía: Origen del hombre.

    -A información para o post é da revista GEO, nº310.

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Antía Pereira Fernández

     

    Alzheimer.

    A enfermidade do alzheimer é unha enfermidade progresiva que ataca ó cerebro e as consecuencias que xenera poden ser limitacións da memoria, o razoamento e o comportamento. Esta enfermidade afecta aproximadamente a 22 millóns de persoas en todo o mundo, sendo a enfermidade máis común que causa demencia. Máis de 100.000 persoas morren cada ano a causa do alzheimer. O Alzheimer foi descrita por primeira vez por Alois Alzheimer en 1907, o Alzheimer pode afectar a homes e mulleres por igual, pero soe darse máis en persoas maiores de 65 anos.

    Síntomas: Perdida gradual da memoria, diminuición da capacidade para desempeñar tarefas da rotineiras, desorientación, cambios na personalidade, dificultades na aprendizaxe e perda das destrezas verbais. Estes síntomas desenvólvense dependendo de cada persoa, a enfermidade eventualmente converte os seus seres totalmente incapaces de coidar de si mesmos.

    Actualmente descoñécese a causa da enfermidade do Alzheimer e está en intensa investigación científica. Entre as causas das que se sospeita figuran unha predisposición xenética, un virus de acción lenta e outros axentes infecciosos, toxinas ambientais e cambios inmunolóxicos.

    A pesar de que no presente aínda non haxa unha cura para o alzheimer, unha adecuada planificación médica e social poden aliviar a carga para o paciente e a súa familia. A enfermidade do Alzheimer é devastadora tanto para as vítimas como para os seus familiares, o Alzheimer é denominado “o mal do século”.

    imagen

    http://www.alz.org/espanol/about/que_es_la_enfermedad_de_alzheimer.asp

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Sara María Fernández Pereira

     

    Desde a terra ata o mar

    A homoloxía é a relación existente entre dúas partes orgánicas diferentes cando teñen a mesma orixe evolutiva. Son exemplo disto as catro extremidades dos vertebrados con mandíbula, desde os tabeiróns ata as aves e os mamíferos. Da mesma maneira, o dedo mediano da man e do pé humano son homólogos do extremo da pata do cabalo.

     

    As estruturas homólogas créanse mediante paralelismo. O paralelismo é o resultado dun proceso de desenvolvemento equivalente, é dicir, un mesmo órgano evoluciona ao mesmo tempo en distintos espécimes de maneiras distintas.

    Un exemplo disto son os pequenos ósos na pelve que presentan os golfiños modernos, e que nos indican que algunha vez tiveron extremidades posteriores. De feito, os golfiños, así como as marsopas e as baleas descenden de mamíferos terrestres, máis precisamente dos Artiodáctilos.

     

    imagen

    Resulta curioso pensar que os golfiños, eses simpáticos animaliños mariños, que sempre se nos presentaron como doces e amigables, e capaces de facer incribles virguerías, nun tempo non foron moi diferente dos cans de hoxe en día .

    Un longo proceso evolutivo levou a un pequeno animal terrestre a adaptarse á vida mariña ata transformarse no actual golfiño.

    Primeiro tivo unha forma completamente terrestre fai uns 50 millóns de anos, é dicir, que se desenvolveu ao longo da Era Terciaria. A forma anfibia alcanzouse despois de cinco millóns de anos, e outros tantos foron necesarios para que se formase a característica cola con aleta horizontal. Ao longo da súa evolución, foi desenvolvendo un morro con forma alongada e aumentando a súa masa cerebral.


    Estes son os antepasados do golfiño actual :

    *Mesonychidae: antepasado terrestre que viviu fai uns 50 millóns de anos.

    *Protocetidae: a primeira forma acuática coñecida, probablemente anfibia, que viviu fai uns 45 millóns de anos.

    *Dorudontidae: forma completamente acuática de fai uns 40 millóns de anos.

    *Squalodontidae: o aspecto faise similar ao do golfiño do Oligoceno ( terceira etapa do período Terciario), fai uns 25 millóns de anos.

    *Delphinidae: os golfiños modernos, co morro en forma de botella, fan a aparición fai uns 15 millóns de anos.

    Pero, como era de esperar, non todas as poboacións destas especies ao redor do mundo evolucionaron de maneira idéntica, e, como resultado, temos na actualidade sobre 35 tipos distintos de golfiños, diferenciándose na cor da pel, a forma da cabeza, e o tamaño.Esta longa evolución levou aos “delphinidae” a convertirse nunha das especies máis intelixentes do planeta, e cun complicado sistema de relacións sociais e comunicación.

     Vale a pena saber un pouco máis sobre esta marabillosa especie, que evolucionou desde a terra ata o mar .

     A información para a realización deste post foi extraída de:

    http://marcos-marcosnavarro-marcos.blogspot.com.es/2011/09/todos-los-tipos-de-delfines.html Aquí podedes atopar fotos de todas as especies de golfiños.

    A páxina de wikipedia sobre homoloxía

    Este blog sobre bioloxía .

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Irma Silva Hervella

     

    Cambio Climático.

    O cambio climático é a variación global do clima da terra, ben, isto é debido á constante emisión de gases das fábricas, industrias, das calefaccións,

    A terra está rodeada dunha capa de gases chamada “atmosfera”, esta capa fai unha función “invernadoiro”, a atmosfera permite a entrada dalgúns raios solares que quecen a Terra, o quecer a atmosfera, esta emite calor pero impide que se escape cara o espazo e devolve o calor á superficie terrestre. A emisión  de gases tóxicos de industrias e o abuso de recursos naturais están afectando ó clima a nivel global, a tódolos países.

    Existen variacións climáticas dende fai moito tempo, pero hoxe en día se están a desenrolar unhas variacións moi importantes debidas ó abuso de tala de árbores, a emisión de gases tóxicos, a  sobreexplotación das terras…

    Moitas persoas pensan que estas costumes non darán ningún problema, xa que a natureza corrixirá estes errores humanos, pero en realidade non é así, a maioría dos científicos afirman que tarde ou temprano os seres humanos pagarán as consecuencias. Algunhas das consecuencias serían:

    · A elevación da temperatura mundial, os encoros de auga doce en estado sólido comezaranse a derreter (perderiamos ecosistemas, reservas de auga, a elevación do nivel do mar…)

    imagen

    · Aumento masivo e desproporcionado de fenómenos naturais (furracáns, desbordamentos de ríos, etc.)

    · Extinción de moitas especies e ecosistemas, as especias encóntranse intimamente relacionadas co seu entorno e un cambio no clima local fará que algúns animais se transladen a novos ecosistemas para intentar sobrevivir, algúns o conseguirán e outros non…

    · Climatoloxía extrema.

    Estas consecuencias pódense evitar, pero para iso necesítase seguir unhas recomendacións: Usar menos os coches, controlar a tala de árbores, reducir o exceso de enerxía…

    http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Frenar-el-cambio-climatico/

    http://cambioclimaticoglobal.com/

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Sara María Fernández Pereira