É mellor previr que curar

Unha forma de adquirir unha resistencia activa a certas enfermidades é a través da inmunización artificial: unha vacina. Ó organismo  inlléctanselle xermes de esa enfermidade que foron tratados no laboratorio para facelos inofensivos, ou case inofensivos, pero que bastan para estimular a producción de anticorpos específicos que lle farán adquirir a inmunidade.

vacina

Hai catro tipos tradicionais de vacunas:

  • Inactivadas: microorganismos dañinos que foron tratados con productos químicos ou calor e perderon o  seu perigo. Este tipo de vacuna activa o sistema inmune pero é incapaz de reproducirse no hóspede. A inmunidade xenerada de esta forma é de menor intensidade e suele durar menos tempo, polo que este tipo de vacuna suele requerir máis dosis. Exemplos de este tipo son: a gripe, cólera, peste bubónica e a hepatitis A.
  • Vivas atenuadas: microorganismos que foron cultivados expresamente baixo condicións nas cales perden as súas propiedades nocivas. Suelen provocar unha resposta inmunolóxica máis duradeira, e son as máis usuais nos adultos. Isto débese a que o microorganismo non se encontra inactivado e conserva a súa estructura. Por exemplo: a febre amarela,o sarampión, a rubéola  e paperas.
  • Toxoides: son compoñentes tóxicos inactivados procedentes de microorganismos, en casos donde eses compoñentes son os que de verdad provocan a enfermidade, en lugar do propio microorganismo. Neste grupo pódese encontrar o tétanos, por exemplo.
  • Subunitarias: introduce un compoñente subcelular purificado dun microorganismo (por exemplo, unha proteína) dentro do sistema inmunitario, para crear unha resposta inmunitaria. Un exemplo característico é a vacuna subunitaria contra a hepatitis B, que está composta soamente pola superficie do virus (superficie formada por proteínas).

As vacinas son o mellor dos métodos de curación das enfermedades infecciosas, xa que preveñen das enfermidades e a inmunidade que ofrecen é duradeira.

 A imaxe saqueina de:

http://demedicina.com

As miñas fontes de información foron:

http://es.wikipedia.org/wiki/Vacuna

http://demedicina.com

Este post foi elaborado por  Margarita Bernardez no curso 2011-12        

 

Australopithecus garhi

- Os primeiros homos: Non se sabe con certeza que especie orixinou os primeiros membros do xénero Homo; propuxéronse a A. africanus, A. afarensis e A. garhi, pero non hai un acordo xeral. Tamén se suxeriu que Kenyanthropus platyops puido ser o antepasado dos primeiros Homo.

 Clasicamente considéranse como pertencente ao xénero Homo os homínidos capaces de elaborar ferramentas de pedra. No entanto, esta visión foi posta en dúbida nos últimos anos; por exemplo, suxeriuse que Australopithecus ghari, fai 2,5 millóns de anos foi capaz de fabricar ferramentas. As primeiras ferramentas eran moi simples e encádranse na industria lítica coñecida como Olduvayense . As máis antigas proceden da rexión de Afar (Etiopía) e a súa antigüidade estímase nuns 2,6 millóns de anos, pero non existen fósiles de homínidos asociados a eles;Desta fase describiuse dúas especies, Homo rudolfensis e Homo habilis, que habitaron África Oriental entre 2,5 e 1,8 millóns de anos atrás, que ás veces se reúnen nunha soa.

 -O Australopithecus garhi é unha especie de homínido extinguido que habitou na zona da actual Etiopía fai uns 2,5 millóns de anos. Os seus restos fósiles descubríronse en 1996 por un grupo de investigación dirixido polo paleontólogo etíope Berhane Asfaw e o antropólogo norteamericano Tim White.

 Inicialmente creuse que era o elo perdido entre os xéneros Australopithecus e Homo, e por tanto un devanceiro a nosa especie. Con todo A. garhi é máis avanzado que calquera outro australopiteco, e unha especie contemporánea, ou case  das especies ancestrais de Homo, por tanto non é probable que sexa un devanceiro humano. Tim White foi o científico que achou o primeiro dos fósiles de A. garhi en 1996 preto da cidade de Bouri, no río Awash medio da Depresión de Afar en Etiopía e dise que o  nome da especie “garhi” significa “sorpresa” na lingua local Afar.

- As principais características desta especie son: brazos curtos,a cara na súa porción inferior proxéctase cara adiante, a caixa cranial é pequena e presenta un esbozo de crista. A capacidade cranial de A. garhi é de 450 cc, parecida á doutros australopitecos  , os trazos da súa mandíbula achéganse máis aos do ser humano que aos do mono e crese que foron os primeiros seres vivos en utilizar utensilios de pedra que lles servían para cazar.Atopáronse restos de animais á beira dos fósiles desta especie, que ao parecer foron descarnados por ferramentas de pedra, polo que se cre que foron cazados polo Australopithecus garhi para alimentarse dos nutrientes destes animais.

imagen

   -Os seus restos, tamén supuxeron que o A. garhi era capaz de camiñar ergueito e que garda semellanza con outra especie, a do Australopithecus afarensis, da cal o esqueleto máis famoso é o chamado Lucy. Este fósil foi atopado en Etiopía polo estadounidense Donald Johanson no ano 1974 e trátase do esqueleto dun homínido dun metro de estatura máis ou menos, de aproximadamente 27kg.e duns 20 anos de idade. Sábese que era femia e que ao parecer tivo fillos.

Opinion persoal:-O descubrimento deste grupo de científicos, paleontólogos e antropólogos deu lugar a un paso máis para coñecer unha especie descoñecida para os seres humanos, a cal parece ser a primeira en utilizar utensilios de pedra que utilizaban para cazar e poder alimentarse.

  fontes empregadas: wikipedia, ciencia en África,archeologyinfo.com.

Este post foi elaborado por  Marcelino Rodríguez no curso 2011-12

 

A especie do Paranthropus Boisei.

O Paranthropus é un xénero extinto de homínidos bípedes que probablemente descendía dos Australopithecus. Todas as especies de Paranthropus foron bípedas.

Os Paranthropus apareceron hai 2.6 millóns de anos, xusto antes do comezo do Pleistoceno, e desapareceron hai 1,3 millóns de anos. O cerebro da maioría das especies de Paranthropus tiña o tamaño do 40% do cerebro do home actual, e tiña unha altura de entre 1,3 e 1,4 metros e vivían en zonas boscosas. Alimentábanse de plantas e raíces, en contraposición co homo,que se alimentaba de todo. Estas especies eran menos intelixentes con respecto ao Homo Sapiens.

Algo característico das especies Paranthropus foi que utilizaban ferramentas semellantes as que usaban no Paleolítico. Preferían alimentos suaves. Tiñan dentes duros e cráneo e mandíbula robustos. Un estudo recente, demostrou que esta especie non comía alimentos duros; se non que eran blandos.

imagen

Unha carencia moi importante é que descoñecían o uso da linguaxe a o control do lume. A primeira especie descuberta foi Parathropus boisei en 1959 por Mary Leakey na Garganta de Olduvai, en Tanzania.

-Fontes de información:

Wikipedia

portalciencia.

Neanderthalis

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

Os xenéricos.

Un medicamento xenérico é fabricado cos mesmos ingredientes activos, e está dispoñible coa mesma potencia e dosificación, que o seu equivalente de marca. Os medicamentos xenéricos producen os mesmos efectos no corpo que medicamentos de marca; xa que ambos os dous conteñen o mesmo principio activo.

imagen

 Un medicamento xenérico pode ser elaborado unha vez vencida a patente do medicamento de marca, sempre que reúna todas as condicións de calidade e bioequivalencia. A principal vantaxe dun medicamento xenérico, fronte a un medicamento de marca, é o menor custo; xa que o xenérico non require investimento en investigación, desenvolvemento e promoción. A continuación podemos observar algunhas preguntas que se nos poden vir a cabeza á hora de mercar un medicamento.

-¿Como poden recoñecerse os medicamentos xenéricos? Os medicamentos xenéricos recoñécense por ter no seu envase a Denominación Oficial Española (DOE) ou, no seu defecto, pola Denominación Común Internacional (DCI), seguida do nome ou marca do titular ou fabricante e as siglas EFG (Especialidade Farmacéutica Xenérica).

-¿Que ventaxes aportan os xenéricos? Os xenéricos supoñen un aforro importante sobre os medicamentos orixinais de marca. É un beneficio directo para o cidadán ao pagar menos polo fármaco e contribúen a racionalizar o gasto público en medicamentos, sen que por iso baixe a calidade e a eficacia do xenérico.

Fontes de Información:

AESEG.

Saludalia.

Wikipedia.

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

Os cerebros dos suicidas son diferentes

Un equipo de forenses canadienses descubriron tras intensas investigacións que os cerebros dos suicidas posúen unha composición qúimica diferente á xente que morre por outras causas. A razón é debida a cuestiós do entorno, depresión, pero tamén  a unha cuestión de cambios xenética que afectan aos xenes, e ao funcionamento das neuronas.

Cerebro suicida

Como resultado da súa depresión, o xenoma dos que se suicidaron modificouse por un proceso químico ligado ao desenrolo celular. Básicamente trátase dun proceso chamado metilación que en circustancias normais regula os xenes manténdoos desactivados cando non se precisan.

O cerebro dos que se suicidaban presentaba que a tasa de metilación era dez veces maior que a das persoas que morreron por causas naturais. O xen que estaba sendo silenciado era un receptor de sinais cerebrais que xogan un importante papel na regulación da conducta.

As formas de tratalo son os medicamentos e a psicoloxía. Por fortuna en moitos casos podemos axudar a esta xente facéndoos entrar en razón e demostrarlles que a vida pode ser mellor do que pensan.

Fontes:

curiosidad.org

econciencia.org

Imaxes:

Google.com

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Insomnio familiar fatal (IFF)

O insomnio familiar fatal é unha enfermidade hereditaria extremadamente rara que pertence ao grupo de patoloxías coñecidas como encefalopatías esponxiformes transmisibles. Produce unha dexeneración do sistema nervioso que se manifesta por unha alteración severa do ritmo circadiano , acompañada de ataxia (carencia da coordinación de movementos musculares) de severidade progresiva, hipertermia, sudoración e trastornos endocrinolóxicos. O insomnio deteriora progresivamente a saúde daquel que a padece ata facerlle entrar en coma e provocarlle a morte.

Insomnio familiar fatal

O insomnio familiar fatal foi descrito por primeira vez no ano 1986 nunha familia italiana da rexión do Véneto. Afecta a ambos os sexos e normalmente aparece na idade adulta, aínda que se describiron casos de aparición infantil e xuvenil.

A manifestación principal é o insomnio progresivo e intratable: o paciente é incapaz de conciliar o soño, aínda que quere facelo, pecha os ollos e intenta adormentarse, as alucinacións e as crises respiratorias devólvenlle a un estado de vixilia. As funcións cognitivas vanse alterando irreversiblemente, con trastornos na atención e a memoria, depresión e alteracións da conduta. A enfermidade tamén orixina alteracións endocrinológicas que se deben á perda do ritmo circadiano na secreción de certas hormonas como melanina, prolactina e hormona do crecemento, ademais de aumento da secreción de cortisol (a hormona da tensión).

Como sucede con tantas outras enfermidades raras, non existe actualmente un tratamento que poida curar  o insomnio familiar fatal.

Fontes de información: wikipedia tnrelaciones

Imaxe: saludpasion

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Por que choramos?

 Derramar lágrimas é un comportamento exclusivo do ser humano. Pero porque choramos? Segundo as explicacións dos científicos chorar podría axudar a eliminar substancias químicas estresantes do corpo, o que explicaría o seu “efecto relaxante”. Pero Oren Hasson biólogo evolutivo da Universidade de Tel Aviv ten unha teoría diferente, segundo propone no último número da revista Evolutionary Psychology, ao nublarse a vista “as bágoas déixannos indefensos e funcionan como un sinal de submisión”. Isto inhibe os comportamentos agresivos e, posto que o pranto transmite vulnerabilidade , convértese en “unha estratexia que pode achegarnos emocionalmente aos outros “. Noutras palabras, Hasson sostén que as bágoas poden axudar a construir e fortalecer relacións persoais. E se varias persoas choran simultaneamente, os vínculos refózanse aínda máis.

“A eficacia deste comportamento evolutivo depende de quen está xunto a nós cando choramos, e probablemente non é efectiva en sitios como o traballo, onde se nos esixe esconder as emocións”

Penso que chorar é algo humano, e moitas veces axúdanos a sentirnos mellor con nós mesmos.

Fontes:  losarchivosdelatierra

Imaxes google: chorar

imagen

Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12 

 

O hipo

Os ataques de hipo son contraccións repetidas, espasmódicas e involuntarias do diafragma que provocan una inspiración súbita seguida da contracción das cordas vocais, o que pecha o paso do aire que entrou e orixina un son característico. Os ataques curtos soen deberse a causas moi triviais (ataques de tos ou de risa, comer ou beber demasiado rápido, etc ).

Hipo-1Hipo_2

Normalmente os ataques de hipo pasan sós. Nos casos moi frecuentes e de larga duración, o médico pode receitar sedantes para amortiguar os ataques ó realizar probas que determinen a verdadeira causa do hipo. En casos realmente extremos pódese recorrer á cirurxía para corta-lo nervio frénico. Sen embargo, o normal é recorrer a remedios caseiros para elimina-lo ataque:

Hipo_3

- Conter a respiración e contar ata 10

- Respirar o aire dentro dunha bolsa de papel

- Beber un vaso de auga a pequenos sorbos, contendo a respiración

- Tirar suavemente da lingua

Aqui remato o meu post. Espero que o atopásedes interesante. A información sobre este tema é un pouco limitada e complexa, así que perdoade se o vedes así. Grazas por leelo.

Fontes:

20 minutos.es 

Diccionario médico

hola.com

Imaxes: Sacadas da páxina anterior (20 minutos) e traducidas

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

As Illas Galápagos

As illas galápagos situanse no océano pacífico a uns 970 km da costa de Ecuador, este arquipelago está constituido por 13 illas de orixe volcánica.

Estas illas son famosas debido as numerosas especies endémicas que viven nelas. Neste arquipélago pódense encontrar numerosas especies  de flora e fauna únicas no mundo. Pero sobre todo estas illas son conocidas polos estudios que fixo alí Charles Darwin sobre a Teoría evolucionista de seleción natural

Galapagos

Unha das especies máis representativas deste arquipélago é a das tortugas. Estas tortugas terrestres son as máis grandes que existen hoxe en día chegando a pesar máis de 4ookg e sobre uns 2 m de lonxitude. Esta especie ten unha vida media de 100 anos. Ainda que unha tortuga chegou a alcanzar os 160 anos.

Ademais desta especie existe outra moi coñecida chamada Pinzón de Darwin, con este nome coñecense a 14 especies de aves con cracterístcas similares.

Outra especie importante deste emblemático lugar son as iguanas marinas, as únicas do mundo que entran e se alimenta do mar podendo estar na gran mas de auga hasta 45 minutos.

 Tortuga terrestre                 Ave Pinzón

Iguanas

 Bibliografía:

es.wikipedia.org

galapagos.com

Fotos: Google imaxes

Este post foi elaborado por Jorge Nuñez no curso 2011-12   

 

Progeria

A progeria é unha enfermidade xenética causada pola mutación dun xen, o que provoca a rotura da hélice dobre do ADN e alteracións estructurais no núcleo das células. Estas alteracións o que causan e un rápido envellecemento das células, ademáis de outras variacións físicas nos enfermos que a padecen, facendo que a súa apariencia sexa a dunha persoa de idade avanzada.

imagen

Afecta a un de cada 8 millóns de recen nacidos, facendo que a súa esperanza de vida ronde os 14 anos.

As características físicas máis destacables entre os que padecen esta enfermidade son:

  • A macroencefalia
  • Estatura baixa
  • Inexistencia de pelo, tanto na cabeza coma en pestañas e cellas.
  • Pel arrugada
  • Ollos prominentes en nariz de gran tamaño

Estas persoas tamén teñen propensión a padecer  enfermidades cardíacas e esqueléticas.

O diagnóstico da enfermidade dáse no primeiro ano de vida do bebé, que sufre de alopecia, retardo do crecemento e anomalías na pel. Non se coñece ningñun tratamento para curar esta enfermidade, pero para paliar os síntomas os pacientes normalmente son tratados con hormónas do crecemento e con dietas hipercalóricas.

imagen

As principais causas da morte dos enfermos de progeria son a alteroesclerosis e fallos cardíacos como infarto de miocardio ou trombosis coronaria.

imagen

Un dos casos máis afamados desta enfermidade é a do pintor sudafricano Leon Botha, quen conseguiu vivir ata os 26 anos logrando ser un afamado pintor en Sudáfrica e vencendo sorprendentemente a enfirmadade durante moitos más anos do habitual.

Wikipedia

Wikipedia (Leon Botha)

Medlineplus (Biblioteca Nacional de Medicina de EE.UU.)

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12