Europa, unha lúa de auga

Superficie Europa

Europa é un satélite de Xúpiter,  ten un tamaño similar ao da nosa Lúa, un pouco máis pequeno, de 1569 km de radio. Xira arredor de Xúìter en 3,5 días terrestres, mostrando sempre a mesma cara hacia o planeta, como fai a nosa Lúa. Pero faina particular a posibilidade de albergar vida.

A sua superficie está xeada, pero creese que ata o núcleo rochoso hay uns 100km de auga, da cal a superficie se atopa xeada irregularmente, en zonas 10km e noutras ata 30km de xeo. De ser así, contería máis auga có noso planeta, e como se atopa en estado líquido é moito mais probable a existencia de algun tipo de vida.

imagen

A sonda Galileo, a que proporcionou todos estes datos, detectou un lixeiro campo magnético nesta lúa, producido pola interacción da gravidade de Xúpiter, o que nos fai pensar que o océano que cubre a  lúa sexa salgado, porque é lixeiramente conductor.

Este océano móvese grazas a interacción con Xúpiter, o que permite mantelo líquido, e ademais “deforma” a superficie da lúa, porque ten lugar un fenómeno similar ao que provoca as mareas na Terra. Isto fai que a presión baixo a capa de xeo aumente o que provoca rupturas na capa de xeo, que se enchen de auga e que volve solidificarse de novo, pois a superficie de Europa esta a -163ºC no ecuador e a 223ºC nos polos. Isto explica o característico aspecto que ten, aínda que se cree que a cor avermellada é pola existencia de algun sulfato ou compostos do ferro.

Aínda que nas imaxes de Galileo non se mostran volcáns de xeo ou géisers activos, si que se atoparon linguas e ríos de xeo, que poden ser, ademais do escaso relevo dunhas cordelleiras de apenas uns centos de metros, restos de volcans ou géisers.

En Encélado, unha lúa de saturno, moi similar, ocorre algo semellante, e descubriuse un géiser  que emite vapor de auga a mais de 30km de altura (hay que ter en conta que a gravidade de Encélado e de 0,11 m/s2  o que permite que esta auga case non sexa retida).

O telescopio Hubble detectou en Europa unha ténue atmosfera de osíxeno, pero a diferencia do osíxeno terrestre, non é de orixe biolóxico, senon que probablemente se formou polo vapor de auga emitido a superficie por antigos géisers, que chocan coas articulas cargadas e a luz solar, o que rompe a molécula de auga, deixando escapar o hidróxeno, mais lixeiro, e retendo o osíxeno, de peso atómico 16 veces maior.

Estas singularidades danlle moito que pensar, e preguntámonos se poderían aparecer moléculas orgánicas e con elas, vida.

Fontes: solarviews.es  wikipedia.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12  

 

Os tremores da illa de El Hierro

Un suceso que tivo lugar recentemente foron os terremotos que se viviron na illa de El Hierro,un suceso que ven moi ben para enlazar neste tema, no que se tratan temas sobre o interior da terra, as súas partes, os procesos de formacións de volcáns e outros.

Aquí a miña explicación. Nestes momentos tras os case 10.000 terremotos que se rexistraron durante os últimos tres meses na illa de El Hierro  indican que xa hai un proceso eruptivo en marcha nun volcán submarino, a 1.000 metros baixo o mar, segundo explica a investigadora do Consello Superior de Investigacións Científica (CSIC). Sobre o mar na zona sur da illa, puidéronse ver múltiples peixes mortos flotando na superficie a uns poucos quilómetros da costa na zona onde se rexistraron os eventos sísmicos de baixa magnitude.

Estímase que o centro de emisión da erupción está situado entre 4 e 7 km do extremo Sur da illa de El Hierro. Dado que o tremor volcánico se rexistra máis intensamente na estación de La Restinga. O director da Rede Sísmica Nacional dixo que pode ser posible “o nacemento dun novo volcán” na zona onde se rexistran os tremores.

Non obstante, os volcáns adoitan ofrecen algunhas pistas que axudan aos vulcanólogos a prever unha posible erupción. Son só indicios que avisan da posibilidade de que o volcán “esperte”, pois as erupcións son fenómenos imprevisibles.

Dos case 8.000 terremotos rexistrados dende xullo, case cen concentráronse nos últimos días, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional.

O maior dos sismos alcanzou unha intensidade de 3,2 graos na escala Richter, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) dos que dá conta no Cabido De El Hierro.

imagen

Enlaces:

Artigo do xornal EL MUNDO

Artigo da revista Muy Interesante

Páxina web Diario Siglo XXI

Este post foi elaborado por  Martín Andrés no curso 2011-12

 

O automóbil eléctrico

imagen

O primeiro coche eléctrico puro inventouse entre os anos 1832 e o 1839 , por un escocés chamado Robert Anderson.

O vehículo eléctrico é un vehículo de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. A tracción pode ser proporcionada por rodas ou hélices impulsadas por motores rotativos, ou noutros casos utilizar outro tipo de motores non rotativos, como os motores lineais, os motores inerciais, ou aplicacións do magnetismo como fonte de propulsión.

A diferencia dun motor eléctrico e un motor de combustión é de que o motor a combustión esta deseñado especificamente para o queimado do combustible e os eléctricos obteñen a tracción dos motores eléctricos, nos cales se lle subministra a enerxía de diferentes maneiras ( como por exemplo utilizando a enerxía solar )

Opinión: Creo que si desde que se inventou o primeiro automovil eléctrico se seguira desaroyando, non haberia os problemas que hai agora mesmo na actualidade, como a contaminación, o esgotamento dos recursos non renovables, etc.

Fontes de información :

-En Wikipedia :

-Paxinas relacionadas co automovi eléctrico 

-Fonte da fotografía : A fotografía foi sacada da paxina Automovilhibrido.com

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

A NASA

A Nasa é  a  axencia espacial do goberno norteamericano utilizada para a investigación do universo. Dende 1958 leva mandando numerosas sondas e satélites o espazo para a recollida de información, como o Apolo XI a primeira nave tripulada en chegar a Lúa.

Símbolo da Nasa

 Durante moitos anos a Nasa leva recollendo informacion sobre o planeta Marte para a investigacion de posible vida.  Numeros satélites orbitan hoxe en día ao redor do planeta vermello tomando fotografias e investigando a superficie marcianam, como a nave Phoenix encargada de recoller fotos ou a nave Mars Pathfinder a primeira en pisar a superficie marciana.

Un dos principais plans de futuro para a Nasa é o envio dunha nave tripulada a Marte hoxe en dia é un proxecto pero esperase que para o ano 2021 esten xa voando cara o planeta vermello.

Na miña opinón hoxe en día os viaxes espaciais  estan paralizados debido a falta de fondos e non creo que nos proximos anos vexamos moitas naves orbitando polo espacio.

 Nave espacial en marte

Bibliografía

Wykipedia.com

www.nasa.gov

Este post foi elaborado por Jorge Nuñez no curso 2011-12   

 

O motor Híbrido

Un vehículo híbrido é un vehículo de propulsión alternativa combinando un motor movido por enerxía eléctrica proveniente de baterías e un motor de combustión interna.

imagen

A nivel mundial en 2009 xa circulaban máis de 2,5 millóns de vehículos híbridos eléctricos liviáns, liderados por Estados Unidos con 1,6 millóns, seguido por Xapón (máis de 640 mil)e Europa (máis de 235 mil).

A nivel mundial os modelos híbridos fabricados por Toyota Motor Corporation excederon a marca histórica de 2 millóns de vehículos vendidos en agosto de 2009, que é seguida por Fonda Motor Co., Ltd. con máis de 300 mil híbridos vendidos ata xaneiro de 2009, e Ford Motor Corporation, con máis de 122 mil híbridos vendidos ata finais de 2009.

Os medios de transporte que utilizan petróleo (automóbiles, camións, avións, buques de carga) son unha fonte importante de emisións de CO2. Os incendios forestais son a principal fonte natural. De feito, o efecto dás actividades humanas sobre o quecemento global do clima do noso planeta está a converterse en ben coñecida a través de numerosos estudos, pero o seu impacto na acidificación do medio mariño é moito menos coñecido xa que só fai uns poucos anos que os investigadores interesáronse nel. Xa que ao queimar 1 litro de combustible supón a emisión de 2,4 Kg. de CO2 e isto equivale a case 1500 millóns de toneladas ao ano así, mediante isto pódese calcular que nunha familia que gasta 900 euros ao ano en carburante poderíase aforrar unha media de 370 euros anuais tendo un vehículo híbrido. Nunha cidade que ten uns 750.000 vehículos, se o 10% foran híbrido aforraríanse 30,4 millóns de litros de carburante e deixaríanse de emitir á atmosfera 74.000 toneladas de CO2.

Fontes de Información:facua y wikipedia.

Este post foi elaborado por Javier Martinez no curso 2011-12  

 

As probas palentolóxicas

A existencia de fósiles en masa de terra actualmente separadas e que, no pasado, pertenceron á mesma masa continental. Este é o caso do réptil fluvial Mesosaurus, dunha idade de 270 millóns de anos, cuxos fósiles se ataparon tanto en America coma en África; ou de Lystrosaurus, pequeno réptil, que viviu en África, a Índia e a Antartida hai uns 200 millóns de anos, cando estas terras estaban unidas.

imagen

 Opinión : Que grazas as investigacións paleontolóxicas dos fósiles de Mesosaurus, Glossopteris, Lystrosaurus, Cynognathus sabemos que hai maís de 270 millóns de anos os continentes da terra estiberon xuntos.

Fontes de Imformación :

-Imaxen : Recursos educativos

-Wikipedia 

- E do libro de CC.MC de primeiro de bacheralato

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

A vida no espazo

Meses de entrenamento, preparación psicolóxica, illamento do mundo, medo… Así é a vida dun astronauta antes de deixar a Terra e despois de volver a ela.

Dentro da nave non hai arriba nin abaixo. Todo flota, ata os seres humanos, así que hai que ter moito coidado de non chocar con partes vitais do aparello ou cos propios experimentos científicos. Por isto, é necesario estar preparado para o viaxe ao espazo. Meses de entrenamento e algúns días de incomunicación co exterior para evitar enfermidades son clave para lanzarse ao baleiro a un viaxe, para moitos, sen retorno.

Para que os astronautas poidan durmir, as cabinas teñen sacos  de durmir verticais, debido a que como no espazo non existe gravidade non importa a posición en que os astronautas durman. Dada a falta de gravidade os astronautas non poden ducharse con auga, así que usan toallas molladas e xabón para facelo. E para lavar os dentes usan un cepillo e unha pasta de dentes corrente. Para ouriñar posúen un dispositivo en forma de mangueira que sae da parte dianteira do servizo  que aspira a urina. Esta é levada a un compartimento que é vaciado cada tres ou catro días no espazo.

A comida no espazo resulta un reto para os astronautas. Os primeiros dous dias de voo hai froita fresca pero despois as cousas son preparadas, alimentos deshidratados. Para quentala comida quéntase no forno, e un dispositivo inxecta auga nos paquetes de comida deshidratada. Os sándwichs son de tortilla de fariña xa que o pan corrente se desmigalla con demasiada facilidade.

Comida espacial

Baños espaciais       Dormir no espazo

Opinión persoal:

Gustoume facer este post, xa que aprendín muito traballando nel. Chamoume a atención por exemplo, que os astronautas teñen que facer o seu testamento antes de viaxar por se algo saíse mal. Este é un detalle curioso á vez que escalofriante. Espero que vos gustase. Grazas.

Fontes:

http://www.portalplanetasedna.com.ar/espacio.htm

http://www.slideshare.net/arosdicom/cmo-se-vive-en-una-estacin-espacial


Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Pulsar

Un púlsar é un remuiño estelar pequeno e moi denso que emite un estreito feixe de ondas de radio, tamén poden emitir rayos x e gamma.Captamos as ondas cada vez que se orienta na nosa dirección, por iso é polo que desde a Terra dea a sensación de que a estrela emite impulsos intermitentes de enerxía.

Un púlsar é un tipo de estrela de neutrons. Estas son aquilo que en ocasións queda tras a extinción dun estrela xigantesca nunha explosión cataclísmica. As estrelas de tamaño mediano, tales como o Sol, son o suficientemente grandes como para aloxar un millón de Terras, e as estrelas xigantes e superxigantes poden ser entre dez e mil veces maiores que o Sol; mentres que unha estrela de neutrones é unha destas estrelas colosais reducida ao tamaño dunha cidade. Isto é o que causa que as estrelas de neutrones sexan tan estranas, xa que conteñen toda a masa dunha estrela normal comprimida nun espazo moi reducido.

 

Un púlsar fórmase cando, tras a explosión dunha estrela, a materia residual comprímese. Neste proceso, a súa gravidade aumenta progresivamente, polo que diminúen as distancias que separan os átomos entre si.

O núcleo dun átomo consta de protóns e neutróns. Os electróns atraídos ata o núcleo reaccionan cos protones existentes nel provocando a formación de máis neutrons ata que, finalmente, a estrutura atómica desaparece e a estrela transfórmase nun “cúmulo de neutrons” moi apertados. Así nace unha estrela de neutrons.

Jocelyn Bell e Antony Hewish  en 1967 foron quen descubriron o primeiro pulsar con un radiotelescopio, o principio pensaron que habían establecido contacto cunha civilizacion extraterrestre. Tras unha rápida busqueda encontraron tres novos pulsares que emitian en radio a diferentes frecuencias, polo que se concluíu que estes fenómenos eran fructo da natureza.

Os pulsares son moi  útiles. Os astrónomos úsanos de reloxes xa que estes xiran coa mesma intensidade e precisión durante moito tempo

Video sacado de youtube

Información sacada de wikipedia 

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

O sismógrafo

Un sismógrafó é un instrumento capaz de detectar un  Sismo provocado por un terremoto ou explosión na Terra.

O pimer sismógrafo foi construído en China, en torno ó ano 130 d.C. Era un recipiente de bronce rodeado por seis dragóns cunha bóla na boca cada un e se algunha caía sabíase que houbera unha onda sísmica.

Sismógrafo

Hoxe en día existen diferentes tipos de sismógrafos, pero todos baséanse no principio do péndulo.  Para gravar movementos horizontais , dunha estrutura suxeita ó chan, cólgase,cun arame, un obxeto pesado con un lápis na parte inferior. O lápis está en contacto con un tambor xiratorio unido á estructura. Deste xeito, cando unha onda sísmica alcanza o aparello,o chan,a estructura e o tambor vibran de un lado para o outro, pero, debido á inercia, o obxeto suspendido non o fai. Entón, o lápis debuxa una liña ondulada.

Para os movementos verticais, o arame cámbiase por un muelle.

Poden ser usados para localizar, en tres dimensións, a fonte do terremoto, para detectar explosións de probas nucleares e permítelle  ós xeólogos facer mapas do interior da Terra, polo que nos permite coñecer mellor o noso planeta e así previr catástrofes.

As miñas fontes foron:

http://www.astromia.com/glosario/sismografo.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Sism%C3%B3metro

A imaxe:

http://www.yalosabes.com/como-funciona-un-sismografo.html

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12        

 

Novo tratamento contra o cancro de mama

 Cada vez son máis as opcións de tratamentos contra o cancro. Como novidade nos de mama, descúbrese a eribulina, unha sustancia que se obten dunha esponxa procedente dos mares xaponeses.

Cancro de mama

Como avance máis relevante presenta o aumento da supervivencia de maneira considerable, ata un 20%.Como media, supón dous meses e medio adicionales de vida.

A eribulina por un lado impide a división das células tumorales, algo que xa fan outros tratamentos de quimioterapia; pero ademais únese á tubulina (unhas proteínas esenciais para o esqueleto interno da célula) e produce uns agregados que matan a célula tumoral.

É necesario seguir avanzando na dura loita contra o cancro, xa que aínda hoxe morre moitísima xente pola súa causa e toda aportación é pouca.

As miñas fontes foron:

Un artigo do mundosalud do ano 2011, e outro do 2010  

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12