Como naceu a primeira célula eucariota?

A teoría da endosimbiose proposta por Lynn Margulis explícao:

Unha célula procariota (sen núcleo) enguliu a outras procariotas e estas conseguiron sobrevivir no seu interior ata chegar a depender dela. Estas células formal os orgánulos dunha célula eucariota.

imagen

Esta teoría basease en tres trazos das mitocondrias e dos cloroplastos:

  • Tamaño e forma similares ás das bacterias.
  • Ribosomas do tamaño dos bacterianos.
  • ADN propio, circular, como as bacterias actuais, e os encimas necesarios para transcrbilo a ARN e traducilo a un número reducido de proteínas.

No seguinte vídeo pódese ver como é a teoría da endosimbiose. Aínda que o vídeo está en catalán, enténdese ben.


Pareceuvos moi difícil de entender o vídeo?

Este post foi elaborado por Estefania Martínez Pintos no curso 09-10

 

A primeira teoría da evolución

Lamarck formulou a primeira teoría da evolución. Propuxo que a gran variedade de organismos, que naquel tempo se aceptában, eran formas estáticas creadas por Deus, que evolucionaran desde formas simples; Apoiouse para a formulación da súa teoría na existencia de restos de formas intermedias extintas.

A teoría de Lamarck é unha teoría sobre a evolución da vida non sobre a súa orixe.

Sería 50 anos despois cando Pasteur demostrou que todo proceso de fermentación e descomposición orgánica débese á acción de organismos vivos e que o crecemento dos microorganismos en caldos nutritivos non era debido á xeración espontánea.

imagen

Formulando dúas leis:

Primeira lei: En todo animal, o uso frecuente e sostido dun órgano calquera o fortifica, dándolle unha potencia proporcionada á duración deste uso; mentres que o desuso constante de tal órgano debilítao e ata o fai desaparecer.

Segunda lei: Todo o que a Natureza fixo adquirir ou perder aos individuos pola influencia das circunstancias nas que se atoparon durante moito tempo, e consecuentemente pola influencia do emprego de tal órgano, ou polo seu desuso. A Natureza consérvao nos novos individuos, con tal de que os cambios adquiridos sexan comúns aos dous sexos, ou aos que produciron estes novos individuos.

Lamarck, con estas leis, sostivo que se unha raza estaba sometida ás mesmas condicións ambientais e estas condicións prolongásense durante moito tempo, transformaríanse adaptándose a ese ambiente.

As ideas de Lamarck non foron tidas en conta na súa época, aínda que o seu libro “filosofía zoológica”, onde plasmou a súa teoría, circulou por Francia e tamén por Inglaterra, obra á que tivo acceso o propio Darwin.

Eu penso que a teoría da evolución pode darnos moitas pistas para descubrir o noso orixe, a vós que vos parece?

Este post foi elaborado por Yolanda Bernárdez Carballo no curso 09-10

 

A evolución humana

 Os primates, o grupo de mamíferos ao que pertence o xénero humano, orixinouse no Cretáceo, e sobreviviu ó violento final do Mesozoico. Durante o Cenozoico, o grupo orixinou diferentes especies que ocuparon as extensas selvas que cubrían o continente africano, e especialiozáronse nun modo de vida arborícola.

evolución

Hai un tres millóns e medio de anos, o clima do norte de África fíxose máis seco e as selvas empezaron a reroceder, dando paso a amplas extensións da sabana. Naquelas sabanas vivían os Australopithecus, un xénero de primates que camiñaban ergueitos, aínda que probablemente rubían ás árbores con facilidade. Este xénero deu lugar ó xénero Homo.

O homínido Homo habilis era capaz de fabricar ferramentas. O seu descendente, Homo ergaster, perfeccionou a fabricación de utensilios e probablemente foi o primeiro en aproveitar o lume natural, aínda que non era capaz de controlalo.

Hai dúas especies descendentes de Homo ergaster: o Homo erectus que foi capaz de usar o lume e que saíu de África para colonizar Asia onde se extinguiu hai 200.000 anos, e o Homo antecessor, que colonizou Europa.

Este último deu lugar a dúas novas especies: Homo heildelbergensis e o Homo neanderthalensis , chamado Neandertal. Tanto o Homo antecessor coma o heildelbergensis e o neanderthalensis, deixaron pegadas da súa actividade en Europa e na Península Ibérica, en concreto na Sima de los Huesos en Burgos, onde se atopou o enterramento máis antigo que se coñece. Pero aqueles primeiros europeos non son os nosos antepasados.

En África quedaran poboacións de Homo antecessor, e delas xurdiu o Homo rodhesiensis, quen, á súa vez, deu lugar no mesmo continente africano á especie Homo sapiens, o ser humano actual. Este, abandonou África hai menos de 200.000 anos e colonizou así Asia e Europa; conviviu cos Neandertais, que se extinguiron hai apenas 25.000 anos, e quedou como única especie. Tamén se coñece que estendeu o uso de ferramentas e técnicas de caza e recolección.

Na Sima dos Osos, atopáronse fósiles perfectamente conservados de máis de 32 individuos pertencentes a Homo Heilderbergensis, e pénsase que esta acumulación podería representar a primeira práctica funeraria ritual coñecida. Esta é unha das formas de interpretar este hachado, pero vós, qué pensades?

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

Paso do primate ao hominido

É un proceso evolutivo que conduciu desde unha determinada especie animal ao primeiro home, definido este por a súa capacidade de guiar a súa actividade pola palabra.


Na hominización poden diferenciarse dúas etapas sucesivas:

  1. Evolución puramente animal: os individuos descendentes dunha especie de mono arborícola, adaptáronse a vivir en campo aberto e experimentaron un cambio corporal que, ao longo dun millón de anos foise asemellando ao home. Os primates suxeitos a esta evolución, os homínidos ,pola súa dispersión xeográfica e pola súa adaptación a unha forma de hábitat, foronse diferenciando en especies.
  2. Un grupo de individuos dunha determinada especie de homínidos, cuxos caracteres empezan a ser practicamente similares aos do home actual, puido realizar unha conduta cooperante prehumana que estableceu as condicións para que neles se producisen os primeiros individuos(os primeiros homes).
    A locomoción bípeda proporcionou vantaxes auditivas e visuais así como unha mellor colocación do cranio sobre a columna vertebral, e colocación da pelvis á vez que mellorou a súa capacidade fonética. A postura erecta, liberou as mans, permitindo desprazarse levando utensilios.
    Así, a evolución do cranio dos homínidos é o sinal da evolución do cerebro para a supervivencia individual. A conduta animal emprendida polo homínido deu lugar á evolución de certos órganos dos sentidos e a coordinación muscular, que, paso a paso, foron levando o cerebro do mono ancestral á configuración do cerebro humano.

imagen

www.descubriendolapolvora.com

Que diferencias atopades nesta foto?

Este post foi elaborado por Andrea Araujo Álvarez no curso 09-10

 

Que significa SIDA ?

Significa Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida.

O SIDA é unha enfermidade infecciosa causada por un virus chamado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH ou HIV) ou virus do SIDA. Unha enfermidade infecciosa é aquela que é causada por un xermen, e que pode transmitirse dunhas persoas a outras.

Un virus é unha pequena partícula infecciosa que pode vivir como parasito das células do organismo, onde se multiplica, fora das células sobrevive con dificultadade e durante pouco tempo.

Na seguinte imaxe está reflezada como actúa o virus da sida:

imagen

O HIV ataca ós linfocitos que son os glóbulos brancos encargados do noso sistema de defensa, o HIV permanece nun estado de dominio dentro dos linfocitos. Nalgúns casos, o virus empeza a destruilos, desta forma debilita o sistema inmune, logrando que o noso organismo non poida loitar contra diversos xermes.

Non é o mesmo estra infectados polo HIV que padecer a enfermidade do SIDA, posto que si unha persoa esta infectado polo HIV non é o mesmo que sea portadora do virus e pode transmitir a infección a outras persoas.

O HIV pódese transmitir por tres vías que son as seguintes:

  • Sanguínea; a través do intercambio de agullas ou xiringa, durante o embarazo e o parto e por transfusións do sangue non controladas.
  • Transmisión sexual. As relacións sexuais poden transmitir o HIV, tanto en homosexuais como en heterosexuais.
  • Transmisión perinatal. Unha muller portadora do HIV pode transmitir a infección ó seu bebe durante o embarazo, no parto ou a lactación, este perigo pódese evitar se a muller non amamanta ó seu fillo e durante o embarazo é tratada precozmente.

O único avance de medeciña que coñecemos é facer unha analítica. Existe outro proceso para saber se unha persoa esta infectada polo HIV que consiste na proba de ELISA, pero esta proba debe ser confirmada con outras probas. Despois de facer as probas necesarias o resultado pode ser positivo ou negativo.

Se da negativo quere dicir que hai moitas posibilidades de que non padeza o infección do VIH, esta analítica debese repetir ós catro meses que é o tempo que transcorre dende unha persoa infectase ata que o organismo crea os anticorpos necesarios para poder defenderse do HIV. Pero si o resultado é positivo significa que se desenrola  o virus HIV, pero non quere dicir que se desenrrola o SIDA e se enfermará. Unha persoa pode ter o HIV e vivir durante moito tempo sempre e cando respecte o tratamento que se lle foi indicado.

No seguinte video aparece todo sobre o sida:


Se sabedes algo máis do sida, e quedoume atrás, pois non dudedes en comentalo. 

Este post foi elaborado por Cecilia Míguez Da Costa no curso 09-10

 

O Homo ergaster

O Homo ergaster é un homínido extinguido, propio de África. Estímase que apareceu fai uns 2 millóns de anos e que desapareceu fai 1 millón de anos.
Os seus primeiros restos foron atopados en 1975 en Koobi Fora (Kenya); trátase de, polo menos, dous cranios de fai 1,75 millóns de anos cuxo cerebro tiña un tamaño estimado nuns 850 cm³. Logo, en 1984, foi descuberto en Nariokotome, preto ao lago Turkana (Kenya), o esqueleto completo dun neno duns 11 anos, 1,60 m de estatura e cerebro de 880 cm³, cunha antigüidade de 1,6 millóns de anos; coñécese como o neno de Nariokotome.

imagen

Homo ergaster, procede probablemente de Homo habilis e é basicamente a versión africana de Homo erectus, de quen é antecesor. Algúns especialistas consideran que poden ser unha única especie, debido ao seu gran parecido anatómico, en cuxo caso tería prioridade a súa denominación como Homo erectus, pero parece asentarse a aceptación de dúas especies diferentes.

Características:

Homo ergaster ten un cranio máis grande e ancho que os dos H. habilis, presentaba un arco supraorbitano moi desenvolvidoe dentes pequenos adaptados a unha alimentación baseada en carne, graxas animais e outros alimentos brandos. Os Homo ergaster teñen unha constitución física bastante parecida á do home actual, sendo similar en estatura, aínda que en xeral son de complexión máis robusta e forte, e tenden a ser algo máis anchos de cadeiras. As proporcións de pernas e brazos, xa son tamén totalmente modernas.

Comportamento:

Especúlase que H. ergaster poida ser o primeiro homínido con capacidade para a linguaxe articulada. Dentro das hipóteses moi probables, considérase tamén que poden ser os primeiros homínidos en establecer relacións sociais complexas precisamente facilitadas por esa linguaxe oral articulada, acompañado dun gran cerebro capacitado xa para elaborar rudimentarias abstraccións (como metáforas: se observaban a pegada dun animal é moi probable que rapidamente puidesen imaxinar a que animal correspondía tal pegada). Tamén se supón que cada individuo Homo ergaster puidese establecer unha primitiva teoría da mente pola que podería “intuír” os estados afectivos ou “anímicos” dos seus conxéneres observando as olladas dos mesmos.

Facendo este post encontrei unha paxina que pode ser de gran interés: http://www.portalciencia.net/antroevohabi.html

Non vos parece interesante que os H. ergaster con mirar aos ollos dos outros individuos puideran intuír os estados anímicos?

Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 09-10

 

Evolución: a proba da distribución xeográfica

Unha das probas máis importantes que apoia a teoría da evolución debido a selección natural proposta por Darwin no século XIX é a proba da distribución xeográfica.

Esta proba baséase en que non todas as especies se distribúen en todos os continentes a pesar de existiren hábitats nos que poderían vivir. Isto débese as dificultades que ocasionan as barreiras xeográficas tales como mares, ríos ou montañas.

Estes accidentes provocan que poboacións da mesma especie queden aisladas e tomen camiños evolutivos diferentes ó estaren expostas a distintas condición ambientais, por exemplo, a alimentación ou as condicións meteorolóxicas da zona. Como consecuencia, co paso das xeración e ó longo do tempo, esas poboacións iranse afastando evolutivamente ata dar especies totalmente diferentes que, aínda que se volvan xuntar, non se poderán reproducir entre si. Tamén hai que ter en conta que cando dúas poboacións quedas aisladas non hai nesas poboacións a mesma variedade de xenotipos provocados polas mutación xenéticas e isto tamén influirá na especiación delas.

Un exemplo disto son os pinzóns que Darwin estudou na súa viaxe no Beagle.

imagen

 Nesta foto pódese apreciar as diferenzas en canto o bico dos pinzóns pola diferente alimentación.

As diferentes especies de pinzóns en illas tan próximas explícase do seguinte xeito: o antecesor común das especies actuais chegou as Galápagos e cada grupo de aves asentouse nunha illa; en cada illa había un tipo de condicións ambientais e de alimento e a selección natural escolleu entre os individuos cunhas características xenéticas máis adaptadas; debido a isto, as poboacións de cada illa tomaron un camiño evolutivo diferente e despois de moitas xeracións serán tan grandes as diferenzas  entre eles que, aínda que se xunten, non se poderán reproducir entre si e consideraranse especies diferentes.Tamén hai que ter en conta a xa mencionada diferenza entre os individuos da mesma especie, polo que non chegarán individuos idénticos a todas as illas.

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Lamark vs Darwin

As ideas centrais de Lamark

Moitos autores teñen descrito ideas evolucionista antes, pero a teoría de Lamarck, é a primeira teoría da evolución completa e coherente. Lamarck é sen dúbida o gran antecesor intelectual de Darwin e da evolución moderna.

As ideas centrais de Lamarck pódese resumir do seguinte xeito:

Lamark1 - A vida orixínase por xeración expontánea. Foi unha idea aceptada na época, e máis tarde destituída polo traballo de Pasteur.

2 - A vida ten unha tendencia innata para a perfección. É o verdadeiro motor da evolución.

3 - O camiño da evolución é esencialmente lineal. As formas de vida están impulsadas pola súa tendencia innata de evolucionar, no sentido de aumentar a perfección, ao longo dun único camiño crítico. A escala Zoolóxica representa só unha serie de etapas ao longo deste camiño.

4 - A gran tendencia cara á perfeción pode ser detida en varias fases, incluso desviada cara á estradas laterais. Esta idea anticipa a noción de Charles Darwin da evolución como unha serie de ramas sucesivas, aínda que sen dúbida que foi unha noción secundaria para Lamarck.

5 - A adaptación dos organismos ao medio ambiente non só é vital, empurra cara a unha madureza crecente, e faino mediante un mecanismo específico de  adaptación: a herdanza dos caracteres adquiridos.

As ideas centrais de Darwin.

As ideas centrais de Darwin sobre a evolución pódese resumir do seguinte xeito:

Darwin1 - Toda a diversidade biolóxica derivada dunha única forma de vida ancestral, a partir do cal a vida evolucionou ao longo de camiños, múltiples e posterior diverxentes.

2 - A evolución pode ser concibida como un proceso de descenso con modificacións.

3 - A evolución está basada en factores e procesos mecánicos ou materiais. Entre os mecanismos que se producen na evolución, Darwin aceptou varios dos propostos polos seus predecesores sempre que fosen materiais. Entre eles, aceptou a herdanza dos carácteres adquiridos de Lamarck. Rechazou en cambio pola vía da omisión, o impulso vital e toda outra forma do vitalismo Lamarckiano.

4 - O mecanismo primario, aínda que non único, e certamente o favorito de Darwin explicar a adaptación e diversidade biolóxica é a selección natural. Darwin concibiu tamén os mecanismos de selección sexual, que é un proceso de selección natural.

5 - Evolución é un proceso lento e gradual. Acostúmase a dicir que o selecciónismo y gradualismo constituín a dupla fundamental dos rangos da teoría darwinista.

Con estas ideas centrais,  saberedes facer unha pequena comparación das ideas de Lamarck e as de Darwin ?

Este post foi elaborado por Cecilia Míguez Da Costa no curso 09-10

 

Deriva continental


A comezos do século XX os científicos sabían que os continentes estaban sometidos aos movementos verticais propostos pola teoría da isostase, pero estaban convencidos de que os continentes pola súa banda non experimentaban movementos horizontais.

Antecedentes das ideas mobilistas e o mobilismo

A principios do século XIX, Alexander von Humboldt observou que as costas atlánticas de Suramérica e África ían máis alá do seu aparente axuste e sinalou certa continuidade nalgunhas formacións xeolóxicas a un e ó outro lado do Atlántico. Con todo, Frank Taylor constitúe o precedente máis evidente das ideas de Wegener, xa que no 1910 publicou un traballo no que expoñía a hipótese da mobilidade continental. Como Wegener coñecía as ideas de Taylor, pénsase que estas influíron nel.

.O Mobilismo

En 1905, Alfred Wegener publicou o libro A Orixe dos continentes e dos océanos, no que sostiña que os continentes se desprazaban. Nacía deste xeito a primeira teoría Mobilista ben estruturada e ben fundamentada. Chamámoslles mobilistas a aquelas teorías segundo as cales os continentes se desprazaron ao longo da historia da Terra. Os seus antagonistas negan a posibilidade de que os continentes se movan horizontalmente, son as teoría fixistas.

Alfred Wegener e os seus argumentos

Alfred Lothar Wegener desenrrolou A Teoría da deriva continental. Para crear a súa teoría, indagou os datos coñecidos daquela, e relacionounos de maneira que avalasen a súa teoría. Entre eles destacan:

  • Argumentos xeográficos
  • Argumentos xeolóxicos
  • Argumentos paleoclimáticos
  • Argumentos paleontolóxicos

Teoría da Deriva Continental

Cos datos anteriores e outros que foi recompilando, Wegener costruíu unha teoría que sería coñecida como A Teoría da deriva continental, cuxas ideas básicas son:

.No pasado todas as terras emerxidas estiveron unidas formando un gran continente, denominado Panxea (en grego significa, todas as terras)

.Panxea dividiuse. Os fragmentos resultantes desprazáronse e deron lugar aos continentes actuais.

.Na fronte de avence dos continentes formaríanse unhas engurras, denominadas cordilleiras.

Podedes atopar máis información deste tema pulsando sobre este enlace

 


imagen

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

A Teoría das Supercordas

Teoría das supercordas é un referencial teórico para explicar que todas as partículas fundamentais e forzas da natureza xorden dunhas entidades microscópicas que vibran, as que se lle chaman cordas.Estas supercordas son “vínculos”  de enerxía que se atopan na esencia da materia e en espazos que se encontran en dimensións superiores ás catro do espazo e do tempo.

imagen

A teoría das supercordas nace como unha das candidatas máis prometedoras para ser unha teoría microscópica da gravidade. E é infinitamente máis ambiciosa: pretende ser ampla, unificada e coherente coa estrutura básica do noso universo. (Por ese motivo, en ocasións, daselle o título da “teoría de todo”.)A idea esencial da teoría das supercordas é a seguinte: todas as diversas partículas “fundamentais” do modelo estándar son en realidade solo manifestacións diferentes dun obxecto básico: unha corda. ¿Cómo pode ser isto? Ben, pois normalmente imaxinaríamosnos que un electrón, por exemplo, é un “puntiño”, sin estructura interna algunha. Un punto non pode facer nada máis que moverse. Pero, se a teoría das supercordas é correcta, utilizando un “microscopio” moi potente daríamosno de conta que o electrón non é en realidade un punto, se non un pequeno “lazo”, unha cordiña. Unha corda pode facer algo ademais de moverse— pode oscilar de diferentes maneiras. Se oscila de certa maneira, entón, dende lonxe, incapaces de distiguir que se trata realmente dunha corda, vemos un electrón. Pero se oscila doutra maneria, entón vemos un fotón, o un quark, ou calquera outra das partículas do modelo estándar. De maneira que, se a teoría das supercordas é correcta, ¡o mundo enteiro está feito só de cordas!

Teoría das supercordas ten cinco teorías ou fórmulas alternativas de teorías de cordas, combinadas onde se  introducidon requerimentos de supersimetría.

A idea básica é que en realidade son cordas que vibran en resonancia a unha frecuencia de lonxitude de Planck e onde o Gravitón sería unha corda de masa cero e spin 2.Recentemente, foi demostrado que varias desas formulacións son equivalentes. As cinco teorías existentes non son nada máis que especiais casos limitando desta teoría unificada, provisionalmente chamada Teoría M.

O principal problema na física hoxe é incorporar a forza da gravidade para o resto das forzas físicas. A teoría das supercordas sería un método para unificar esas teorías. Aínda que a teoría está lonxe de ser completa e perfilada, porque hai moitas variables para ser definida, de xeito que existen varias versións do mesmo.

Mentres facía este post, descubrín unha páxina moi interesante con moita información, que vos pode servir de axuda, a páxina é : http://www.astrocosmo.cl/

Non vos parece incrible que o mundo resulte de microscópicas cordas que vibran?

Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 09-10