Xúpiter, o planeta máis grande.

Xúpiter é o quinto planeta do sistema solar. Forma parte dos chamados planetas exteriores ou gasosos. Recibe o nome do deus romano Xúpiter (Zeus na mitoloxía grega).

imagen

Esta é unha imaxe a cor e resaltada de Xúpiter obtenida pola nave espacial Voyager 1.
Cortesía da NASA

É o planeta que ofrece máis brillo ao longo do ano, dependendo da súa fase. É tamén, despois do sol, o maior corpo celeste do Sistema Solar, con case dúas veces e media o dos outros planetas xuntos (con unha masa 318 veces a da Terra e 3 veces maior que o de Saturno ).

Mirade este video porque mostranos como é Xúpiter.


Xúpiter é unha masa gasosa, composta principalmente de hidróxeno e helio, na falta dunha superficie definida interior. Entre os detalles atmosféricos destaca a Gran Mancha Vermella, un enorme Anticiclón localizado nas latitudes tropicais do hemisferio sur, a estrutura de nubes en bandas e zonas, e a forte dinámica dos ventos zonales con velocidades de ata 140 m / s (504 km / h).

Pénsase que Xúpiter podería ser unha “estrela fallida” por mor das súas grandes cantidades de hidróxeno e helio.

A partir de 1979, os Estados Unidos enviaron catro aeronaves para visitar Xúpiter. Pioneer 10 e Pioneer 11 foron as primeiras naves espaciais que foron a Xúpiter. Entón, a Voyager I e II, exploraron polo planeta. Moitas das fotografías que vemos de Xúpiter derivado de calquera destas naves espaciais.

As lúas de Xúpiter son tamén moi interesante! En 1610, Galileo atopou: Io, Europa, Ganímedes e Calisto. Moitos outros foron atopados pola nave espacial Voyager. Os científicos din que aínda hai moitas lúas que non se atoparon!

As observacións realizadas polas sondas que se han acercaron a Xúpiter permitiron localizar outros moitos pequenos satélites de Xúpiter. Ata un total de 63 estaban descubertos en agosto de 2004.

Satélites de Júpiter Radio (km) Distancia (km)
Metis 20 127,969
Adrastea 12.5×10x7.5 128,971
Amaltea 135×84x75 181,300
Tebe 55×45 221,895
Io 1,815 421,600
Europa 1,569 670,900
Ganimedes 2,631 1,070,000
Calisto 2,400 1,883,000
Leda 8 11,094,000
Himalia 93 11,480,000
Lisitea 18 11,720,000
Elara 38 11,737,000
Ananke 15 21,200,000
Carm 20 22,600,000
Pasifae 25 23,500,000
Sinope 18 23,700,000

Non vos olvidedes de ver o vídeo, ten contidos interesantes sobre Xúpiter.

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

Canto pesa a Terra?

A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar (conta en orde de distancia dos oito planetas do Sol) eo cuarto deles de menor a maior. Está situado aproximadamente 150 millóns de quilómetros do Sol é o único planeta que sabemos ata agora a existencia de vida. A Terra formouse ao mesmo tempo que o Sol e o resto dos planetas do Sistema Solar, fai uns 4 570 millóns de anos.

A Terra é un planeta rochoso, situado entre Venus e Marte. A súa masa se estima en 5,974 × 1024 kilogramos, é dicir:

imagen

5.974.000.000.000.000.000.000.000 kilogramos

Equivalente a:
796 533 333 333 333 333 333 elefantes
59 740 000 000 000 000 000 ballenas
4 779 200 000 000 000 000 secuoyas
229 769 230 769 230 769 Titánics
995 666 666 666 666 Pirámides de Giza
19 913 333 333 333 veces a masa de toda a poboación mundial
6 315 veces a masa do asteroide Ceres (o maior de todo o cinturón de asteroides)
80 veces a masa da Luna
10 veces a masa de Marte
1,25 veces a masa de Venus

Deixovos elaces con páxina referentes o Sol e a Terra por si vos interesa.

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

A fin do Universo!

Hoxe en día existe moita polémica sobre como será a temida fin do Universo. Problema  ó cal todas as persoas tentan buscarlle unha resposta posible.

Pero centrándonos nas teorías científicas, podemos dicir que hai varias.

Unha das máis aceptadas é a teoría do Big Crunch. Esta teoría defende que cando se produciu o Big Bang, o universo comezou a expandirse, pero ha  chegar un  momento no que a densidade do universo sexa quen de frear esa expansion e de provocar o que sería unha contracción do cosmos. Isto ocasionaría a concentració da materia e do espazo-tempo nun espaciotemporal adimensional. O que supoñen os científicos que seguría a esta estapa sería un novo Big Bang e a creación doutro universo. Se se repite este proceso teriamos como resultado un Universo oscilante, xa que o Universo sería unha secuencia de Universos que comenzarían co Big Bang e rematarían co Big Crunch.

imagen

 

Outra das teorías é a do Big Freeze. Según esta, o Universo continuará expandíndose ata que case todas as estrelas se apaguen e reine a escuridade e o caos. Será entón cando as galaxías colapsen en buratos negros e o Universo estará tan expandido que será demasiado frío como para que poida haber vida.

Tamén hai teorías que defenden a existencia de Universos paralelos. Unha delas postula que podría existir un Universo alternativo de materia escura que non podemos alcanzar e  ambolos dous Universos estarían atraídos entre sí pola forza da gravidade e incluso poderían chegar a colisionar. A outra teoría dinos que non hai un, senón moitos Universos paralelos que poderían ter unha duración infinita xa que os outros Universos poderían ter unhas leis físicas diferentes as do noso.

Xa para rematar, a última teoría, o Big Rip. Segundo esta o Universo tenderá a unha existencia indefinida pero nun estado no que non poida existir vida. Neste estado, a enerxía escura provocará que o Universo se expanda aceleradamente. Se isto tende o infinito, acabará por desintegrarse en partículas elementais toda a materia do Universo, sen importar o tamaño que teña.

Persoalmente, penso que, sexa cal sexa a fin do Universo, non sería a fin da Humanidade, xa que, a este paso, vaise destruir antes a ela mesma, e coa ela arrastrará toda a vida do planeta.

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

A TERAPIA XENÉTICA

        

A terapia xenética pretende curar doenzas hereditarias a  través da introdución de xens saudables. Tamén é aplicable ao tratamento de enfermidades hoxe incurables, coma o cancro, algunhas enfermidades infecciosas, enfermidades cardiovasculares, enfermidades neurodexenerativas ou doenzas crónicas. Máis de 5.000 enfermidades humanas foron asignadas a factores xenéticos. A modificación do xenoma de células-destino para sintetizar unha proteína de interese terapéutico compensa un déficit debido á modificación dun xen móbil, para estimular unha mellor resposta inmunoloxica contra un tumor ou opoñer resistencia á infeccións causadas por un virus.
Para que  a terapia xenética sexa eficaz, debemos resolver problemas relacionados coa regulación da expresión xenética e fisioloxía das células.
Na terapia xenica son dúas  as principais estratexias empregadas actualmente:
- Ex-vivo. Consiste en extraer células dun paciente para cambiar in vitro por un vector retrovirico e reinplantalas no corpo. O risco de rexeitamento é mínimo, e polo tanto é a técnica máis frecuentemente empregada. É utilizado principalmente para o tratamento de cancros.
- In-vivo. É xestionar o xen corretor para o paciente, no canto de células en cultivo. As células empregadas son difíciles de eliminar e colocar de novo, como a fibrose cística.

E agora decídeme, ¿credes que se debería continuar empregando a terapia xenética para curar enfermidades ?

Na miña opinión si, xa que, grazas a isto pode seguir vivindo moita xente, e non se corre moito risco ao momento de someterse á intervención.

Post elaborado por Alberto Estevez, curso 2008-09

 

Mutacións xenéticas

Durante anos, as potenciais alteraciós xenéticas producidas pola contaminación foron o obxecto de numerosos comics, cuxos villanos ou superheroes eran afectados por algunha sustancia misteriosa. Aínda que o mecanismo non é tan simple como nas historietas, estudos recentes demostraron a incidencia deste factor. As especies que aniñan cerca de núcleos industriais modifican os seus patrimonios xenéticos. No caso dos ratos, os cambios observados son ata dúas veces máis frecuentes en ratos urbanos que nos rurais. Unha clara advertencia para os núcleos humanos en entornos industriais. 

imagen

Algúns estudos confirman que a contaminación pode provocar mutacións xenéticas (Tendencias Científicas). A polución industrial provoca mutacións xenéticas en algunhas especies, según comprobou un equipo de científicos que así o contan nos Proceedings da Academia Nacional da Ciencia de Estados Unidos PNAS. A investigación centrouse nas acerías que existen na rexión canadiense dos Grandes Lagos, que liberan a diario diferentes compoñentes químicos á natureza.Según os investigadores, as acerías utilizan cantidades enormes de carbón e emiten centenares de compostos químicos, moitos dos cales poderían afectar ó patrimonio xenético das especies. Para levar a cabo os seus traballos, os científicos utilizaron dous grupos de ratos. Un dos grupos estaba localizado a un kilómetro da fonte industrial da contaminación e o outro a trinta kilómetros, nun entorno rural limpo. O primero dos grupos, de vinte individuos, estivo exposto á contaminación industrial durante tres meses, entre setembro e novembro. A continuación foron apareados e os científicos descubriron que as mutacións xenéticas son entre 1,5 e dúas veces máis numerosas entre os ratos contaminados que entre os sanos. Os investigadores aclaran que non detectaron cambios xenéticos específicos porque iso requeriría un traballo moito máis extenso e caro, senon que apreciaron indicios de mutacións que no campo científico consideranse suficientes para chegar ás conclusións que manifiestan. Outro dato sorprendente é que as mutaciós xenéticas apreciadas foran heredadas dos pais, non das nais, o que lles leva a preguntarse se o predominio de homes nos entornos industriais pode ampliar as posibles mutacións xenéticas nos seus descendentes. Eu penso que este estudo é unha boa maneira de coñecer a consecuencia dos productos radiactivos e polo tanto tomar medidas para evitar, por exemplo, que cousas asi poidan pasarlle as persoas cercanas a esa zona ou outras zonas en situación similares.

Post elaborado por Ana García,curso 2008-09

 

transplante de corazón

Non é unha solución para todos os problemas de corazón, evidentemente. De feito, só pode levar a cabo nun moi pequeno número de pacientes que teñan menos de 55-60 anos.

Heart transplant.jpg

Trátase de atopar primeiro un corazón doante, que xeralmente procederá dunha persoa saudable morta en accidente, sen lesións que afecten o corazón.

O transplante, como toda cirurxía maior do corazón, faise baixo anestesia xeral, e a intervención adoita durar varias horas, durante parte das cales, a función do corazón e os pulmóns debe ser asumida por unha máquina de circulación extracorpórea.

Cando un transplante de corazón ten éxito, a maioría dos receptores recupéranse até levar unha vida relativamente normal. Un 80 % deles vive activamente ao cabo dun ano, e algúns receptores viviron máis dunha década despois do transplante.

En moitos transplantes de órganos, ocorre que o sistema inmune do receptor recoñece o tecido transplantado como estraño ou alleo a si mesmo, e produce anticorpos para atacar ao “invasor”. Por iso, despois dos transplantes de órganos hai que tomar medicamentos que suprimen a resposta inmune normal

Doar organos e doar vida, ¿ti que opinas?

Post elaborado por: Jennifer Domínguez Bouza, curso 2008-09

 

Temporais en Galicia

Un dos riscos que máis nos afecta son os grandes temporais nas nosas costas, este tipo de castastrofes a parte de ter asociado o destrozo material, en moitas ocasións tamén leva asociado a morte de persoas.

imagen

  • Novembro de 1965: As costas galegas sofre os destrozos dun temporal con ondas xigantescas. O porte de Malpica queda totalmente destrozado. Un home morre en A Coruña nunha vivenda próxima ao mar que foi arrasada.
  • Outubro de 1984: Galicia sofre os restos do ciclón tropical “Hortensia”, que deixa seis mortos e cinconta feridos e cuantiosos danos mateiais. En novembro, outro ciclón, el “klaus”, deixou ventos de 129km/h, pero non danos.
  • Xaneiro de 1998: O vento é o causante de que o “Discoverer Enterprise”, que permanecía nos astilleiros de Astano de Ferrol, desprendase do seus amarres e destroce o ponte de  As Pías, principal aceso a cidade.

imagen

  • Novembro do 2000: Inundacións e fortes ventos, de máis de 100km/h foron a causa de un temporal que dixou dúas víctimas mortales na localidade de Arousa, unha delas por mor da caída dunha grúa da construción.
  • Novembro do 2002: O forte vento derriba outra grúa sobre unha casa, nesta ocasión en A Coruña. Perderon a vida as dúas persoas que vivían nela.
  • Novembro do 2005: Os restos do furacán tropical “Wilma” causan dano materiais. Afectaron especialmente a provincia de Pontevedra. Este fenómeno meteorolóxico cruzou o Atlántico dende o Caribe, e despois de causar importantes destrozos en países como México e Cuba, chegou a Galicia tranformado nun forte temporal.
  • Septembro do 2006: O furacán “Gordón” causou múltiples. O ano 2006 foi un dos anos con fenómenos máis desvastadores, xa que durante febreiro, marzo e outubro Galicia padeceu tamén graves inundacións.

Como se observa todos os temporais prodúcense en outono.

Aínda que non se poden evitar estes temporais xa que son un fenómeno natural si que podemos predecilos e tomar medidas para apaliar os destrozos e que sexan máis leves, para esa predición está o centro de investigación e información ambiental de Galicia (CINAM)

A pesar da investigación de este centro e das prevencións que tomamos, moitas veces non facemos todo o posible e temos que lamentar perdidas non só materiais.

Post elaborado por: Andrea Pazos curso 2008-09

 

A enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía recuperada a partir do vento, ou a enerxía cinética xerada polo efecto correntes de aire, e é convertida en outras formas útiles para as actividades humanas.

A enerxia eólica presenta vantaxes frente a outras fontes enerxéticas convencionais: pois é unha das fontes máis baratas, pode competir en rentabilidade con outras fontes enerxéticas tradicionais como as centrais térmicas de carbón (considerado tradicionalmente como o combustible máis baratos). As centrais de combustible e mesmo coa enerxía nuclear, se se consideran os custos de reparar os danos ambientais. Ademais a enerxía eólica evita a contaminación resultante do transporte dos combustibles; gas; petróleo; gasoil; carbón. Reduce o intenso tráfico marítimo e terrestre preto das centrais. Suprime os riscos de accidente durante estes transportes: desastres con petroleiros (traslados de residuos nucleares, etc). Non fai necesaria a instalación de liñas de abastacemento: canalizacións as refinarías ou as centrais de gas.

imagen

<!–[if gte vml 1]> <![endif]–><!–[if !vml]–><!–[endif]–>
Aínda que non todo son vantaxes desde o punto de vista estético, a enerxía eólica produce un impacto visual inevitable, xa que polas súas características precisa uns emprazamentos que normalmente resultan ser os que máis evidencian a presenza das máquinas (cerros, outeiros, litoral). Neste sentido, a implantación da enerxía eólica a gran escala, pode producir unha alteración clara sobre a paisaxe, que deberá ser avaliada en función da situación previa existente en cada localización.

Se queredes saber máis sobre este tema aquí tedes un video que vos pode aportar información interesante.

Post elaborado por: Samuel Presa Domínguez curso 2008-09

 

Consumo responsable

Falar de consumo responsable é plantexar o problema do hiperconsumismo das sociedades “desenvolvidas” que seguen crecendo como se fosen infinitas. Datos estatísticos afirman que os 20 países máis ricos do mundo chegaron consumir neste siglo máis materia prima e recursos enerxéticos que toda a humanidade o longo da súa historia. Como sinalou a cumbre de Johannesburgo (2002) : “ O 15% da poboación mundial que vive nos países de altos ingresos é responsable do 50% do consumo total mundial; mentres que o 40% máis pobre o é tan solo do 11% do consumo.

imagen

Se analizamos todo o que consumimos diariamente nas nosas casas (electricidade, calefación, auga, electrdomésticos, roupa…) ademais do tranporte, ocio, saúde,etc.; o resultado mostraríanos cantidades inxentes. Sendo ¼ da poboación mundial, consumimos entre o 50 e o 90% dos recursos naturais da Terra e xeramos 2/3 das emisións de CO2 e desperdicios tóxicos. Este elevado consumo tradúcese en consecuensias gravísimas para o medio ambiente de todos, incluíndo ós máis pobres, que apenas consumen.

Outro grave problema é o do modelo alimenterio ó que se chegou a xeneralizar nos países ricos, caracterizado por:

  • Agriculturra intensiva, que emprega gran cantidade de abonos e pesticidas coa conseguinte contaminación ea degradación do solo cultibable.

  • Caída do consumo de cereais e leguminosas e o aumento das carnes e derivados de animais( unha opción de baixa eficiencia xa que, hai que producir 900Kg de comida para obter 1Kg de carne e o consumo de enerxía é maior)

  • Refinación de produtos coa correspondente pérdida de compoñentes esenciais.

 

Estamos, ademais, con estas prácticas, sobreexplotando e agotando recursos tan esenciais como a auga, que repercutirán na vida das xeracións futuras. A comisión Mundial do Medio Ambiente e Desarrollo afirma “estamos tomando prestado capital do medio ambiente das futuras xeracións sen intención de reembolso”. Por este motivo, é necesario introducir profundos cambios no estilo de vida da maior parte dos países, poñer fin á presión, guiada pola búsqueda de beneficios particulares a corto prazo, para estimular o consumo mediante unha publicidade agresiva que crea modas efímeras, reducindo a durabilidade do produto e promocionando os de gran impacto ecolóxico. Hai quen suxire que a sociedade de países dedsenvolvidos padecemos a pleonexia, o desexo por poseer máis do necesario.

 

En conclusión, é preciso evitar o consumo de produtos que danan ó medio ambiente , exercer un consumo máis responsable alleo a unha publicidade a gresiva, ademais de axustarse ás regras do comercioi xusto, que implica comprar e producir produtos con garantías de procedementos sostibles, respetuosos co medio ambiente e coas persoas.

 

imagen

Post elaborado por Inmaculada Giráldez, curso 2008-09

 

Estrelar unha nave na Lúa para comprobar se hai auga

A NASA pon a punto a súa misión para atopar auga conxelada na Lúa por un procedemento novedoso: estrelar unha nave e analizar despois a “fumareda” provocada no satélite. Trátase do Proxecto LCROSS (Satélite para a Observación e Detección dos Cráteres Lunares), que xa foi enviado polo seu fabricante, Northrop Gruman, ata o Centro Espacial Kennedy, en Florida para o seu lanzamento esta primavera, a primeiros de abril.

A misión primordial do satélite é a procura de auga conxelada na Lúa, concretamente nun cráter permanentemente oculto preto dun dos polos. LCROSS é un satélite de baixo custo e rápida construción, que realizará a súa misión xunto ao Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO). No centro de lanzamento, os dous aparellos serán integrados nun foguete Atlas V Centauro. Trátase das primeiras misións dentro do plan da NASA para o retorno do ser humano á Lúa e iniciar o establecemento definitivo no noso satélite cara a 2020.

Segundo o previsto, tralo seu lanzamento, o LCROSS e a fase superior do foguete voarán cara á Lúa e entrarán nunha órbita que prevé o impacto contra a superficie. Na aproximación final, o satélite e o foguete separaranse. Será entón cando o Centauro se estrele xusto contra o cráter elixido para a investigación, provocando un escintileo de escombros que se elevará sobre a superficie.

Catro minutos despois, o LCROSS pasará a través desa columna de fume, recollendo e enviando datos ata a Terra antes de estrelarse tamén contra a superficie lunar e crear un segundo penacho de escombros.

Os científicos aproveitarán toda esa actividade na normalmente imperturbable superficie da Lúa para determinar a presenza ou ausencia de auga conxelada, un elemento crave para que o ser humano poida establecerse en bases permanentes.

Isto fai reflexionar sobre o futuro do noso planeta, xa que o estamos a maltratar de tal xeito e a población está a medrar tanto que é posible que nun futuro sexa preciso outro lugar para poder establecer alí colonias humanas. Chegarase a tales extremos?

luna3.jpg

Post elaborado por Andrea Correa, curso 2008-09