Como naceu a primeira célula eucariota?
A teoría da endosimbiose proposta por Lynn Margulis explícao:
Unha célula procariota (sen núcleo) enguliu a outras procariotas e estas conseguiron sobrevivir no seu interior ata chegar a depender dela. Estas células formal os orgánulos dunha célula eucariota.
Esta teoría basease en tres trazos das mitocondrias e dos cloroplastos:
- Tamaño e forma similares ás das bacterias.
- Ribosomas do tamaño dos bacterianos.
- ADN propio, circular, como as bacterias actuais, e os encimas necesarios para transcrbilo a ARN e traducilo a un número reducido de proteínas.
No seguinte vídeo pódese ver como é a teoría da endosimbiose. Aínda que o vídeo está en catalán, enténdese ben.
Pareceuvos moi difícil de entender o vídeo?
Este post foi elaborado por Estefania Martínez Pintos no curso 09-10
Tags: endosimbiose, evolución