Daltonismo

     O daltonismo é un defecto xenético que consiste na imposibilidade de distinguir os cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde os mesmos cores que outros, incluso pertencentes á mesma familia, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; sen embargo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe o cor que mira o daltónico.

O defecto xenético é hereditario e transmítese por un alelo recesivo ligado o cromosoma X. Se un varón herda un cromosoma X con esta deficiencia será daltónico, en cambio no caso das mulleres só serán daltónicas se os seus dous cromosomas x teñen a deficiencia, no caso contrario serán só portadoras, podendo transmitilo a súa descendencia. Isto produce un notable predominio de varóns entre a poboación afectada.

imagen

     Tipos de daltonismo:

  • Acromático

Tipo de daltonismo no que o individuo só pode ver en branco e negro.

  • Monocromático

Como o seu nome indica, estes individuos só posen un tipo de cono e só poden ver un tipo de color. como por exemplo: o rosa có vermello, os cores que habitualmente combínanse có cor branco.

  • Dicromático

Estas persoas posen dous tipos de conos. Á afectación preséntase con variantes, poden haber individuos cegos o cor vermello, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; o individuos cegos o azul e que a súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.

  • Tricromático anómalo

A persoa que padece este tipo de daltonismo posue os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden un cor con outro. É o grupo máis abundante e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben os tons dos cores alterados. Solen ter defectos similares a os daltónicos dicromáticos, pero menos notables.

O método máis rápido para a diagnoses do daltonismo consiste nunhas láminas de manchas de Stilling e Ishihara. Estas láminas consisten en numerosos puntos de distintos cores primarios dispostos sobre fondos de cores similares, agrupados de modo que unha persoa normal pode distinguir neles números ou formas coñecidas.

As persoas que sufran algún tipo de daltonismo, sen embargo, non serán capaces de recoñecer esas figuras, ou ben verán outras diferentes en función do tipo e grado da anomalía que padezan.

imagen

        Clicar aquí para facer un test de daltonismo

Este post foi elaborado por Pilar Rodríguez no curso 09-10

 

Tags: ,