As vacinas

As vacinas son preparados de antíxenos que dentro dun organismo provocan a produción de anticorpos para a defensa ante o patóxeno, pero sen causar unha verdadeira enfermidade. Deste xeito créase unha memoria inmunolóxica e o organismo queda protexido contra o patóxeno.

imagen

 O descubridor da vacina foi Edward Jenner, e empregouna para combater a variola. A idea de inxectarse o propio organismo causante da enfermidade tomouna das súas observación en granxas. Observou que os recolledores de leite que adquirían a variola vacuna logo non contraían a variola humana.

Louis Pasteur retomou os traballos de Jenner e realizou un sublime experimento. Para demostrar os resultados das vacinas contra a Bacillus anthracis, inxectóullela a varios animais de granxa nunha pequena dose. Posteriormente, volveulles inxectar outra vez o xerme, pero esta vez nunha gran concentración e tomando como referencia outro grupo que non fora previamente vacinado. Os resultados foron concluintes: os animais sen vacinar acabaron morrendo ou mostraron os síntomas da enfermidade, mentras os outros se atopaban ben.

Hai varios tipos de vacinas. A primeira división faise entre vacinas de virus ou bacterias. Tradicionalmente existen catro tipos:

- Inactivadas: os patóxenos son tratados para debilitalos e que non sexan perigosos, como a vacina da gripe ou da cólera. Son vacinas que requiren varias doses e de curta duración.

-Vivas atenuadas: os mocroorganismos cultívanse especialmente para que non sexan nocivos. Teñen unha duración máis larga.

-Toxoides: compostas por compoñentes tóxicos inactivados dos microorganismos causantes da enfermidade.

Subunitarias: introdúcese un fragmento do patóxeno para causar unha resposta inmunitaria.

Penso que o descubrimento das vacinas significou un gran avance na medicina, pois conseguiuse que se puidese actuar contra as enfermidades mesmo antes de que actuasen, e así evitar grandes pandemias. Isto tamén conleva unha gran responsabilidade, pois non se pode abusar do seu uso sen un motivo xustificable, como ocorreu coa gripe A. Déixovos un vídeo de Teresa Forcades que explica con moita claridade un dos fraudes da gripe A. Vós que opinades?


 

 Déixovos uns enlaces sobre este tema, que tamén foron as miñas fontes.

-Asociación española de vacunoloxía.

-Wikipedia.

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Tags: ,